Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

22/12/14

Visitamos santa María de Cambre


O sábado, 13 de decembro, algunhas alumnas de Historia da Arte, visitamos a Igrexa de Santa María de Cambre. A pesar de que todas estivéramos alí antes, xa que vivimos moi preto, visitala escoitando as explicacións do profesor e do director do museo do xacemento romano, Ramón Boga, fai que a vexas con outros ollos, apreciando detalles que nunca terías en conta. O tempo, como é habitual aquí, non nos acompañou, pero aínda así, puidemos gozar dunha clase diferente e moi amena.


11/4/14

Visitamos Santiago de Compostela

O día mércores 2 de abril de 2014 fomos facer unha visita a Santiago, para estudar e coñecer varios dos monumentos e edificios máis relevantes. 

   Así, puidemos gozar da impactante escaleira helicoidal de Domingo de Andrade situada no Museo do Pobo Galego, do que non tivemos tempo de visitar moito máis, excepto algúns restos arqueolóxicos moi interesantes, coma rodas de muíño.

   Posteriormente, un paseo polo casco antigo de Santiago de camiño ao convento de San Francisco, hoxe reconvertido en parte nun Hotel Monumento. Alí, acompañados polo noso guía,o Provincial da Orde (que luxo) que viviu dende dentro a evolución do convento e do hotel, puidemos coñecer máis datos sobre a vida de frades e monxes no edificio (tanto agora coma antigamente), a función actual dos claustros (un deles xa pechado cun teito), e a estrutura de salas principais e comedores. Así, tamén visitamos o lado máis solidario do convento, cun espazo do que poden dispoñer persoas necesitadas de vivenda e comida. Tivemos o privilexio de subir até a biblioteca, onde un grande número de incunables está sendo clasificado. É salientable tamén a visita ao museo do que dispón o edificio, que conta con restos arqueolóxicos antigos e relacionados coa relixión cristiá, así coma varias maquetas explicativas de como puido ser a cidade de Xerusalén ou outros lugares en época de Cristo. Ademais disto puidemos ver a igrexa do convento, con estrutura de tres naves, tribuna, triforio e unha cúpula.

    Chegamos á catedral de Santiago, onde realizamos unha primeira visita nos seus exteriores, mentres explicamos aos nosos profes os detalles das distintas partes da catedral: a fachada do Obradoiro, Praterías, O Pórtico da Gloria, A Torre do Reloxo... e realizamos a entrada para contar a estrutura xeral da catedral por dentro. Así, tamén visitamos unha das capelas anexas. 

    Pola tarde retornamos á catedral, onde visitamos esta vez a tribuna, que serve na actualidade e temporalmente de almacén, e posteriormente os tellados, onde podemos ter unas magníficas vistas de Santiago e contemplar mellor algunhas partes da Catedral coma a Torre do Reloxo, onde xa puidemos distinguir claramente ao titán Cronos na parte baixa do reloxo, ou outros motivos ornamentais que non puideramos ver claramente antes. Aprendemos cousas coma as utilidades do tellado na época medieval, a existencia dunha casiña onde vivía o campaneiro, e puidemos ver de cerca a carraca, usada nos días de Semana Santa para expresar a aflición pola morte de Cristo. Dende alí enriba puidemos ver tamén o claustro da catedral, cunha antiga fonte no medio, e o convento de clausura que se atopa en fronte do edificio, ademais doutras construcións próximas interesantes. 


Ao final do día chegamos ao Convento de Santa Clara, onde tamén soubemos explicar o estudado en vivo, coma por exemplo o deseño de placas de Simón Rodríguez, con volumes xeométricos e ordenados. 

Texto de Paula Currás

23/12/13

Santa María de Cambre: visita guiada


Guiados excelentemente por Ramón Boga, o pasado xoves 19 de decembro, visitamos a Igrexa de Santa María de Cambre.

    A Igrexa é do século XII (reconstruída entre 1825 e 1833), e de notables similitudes coa Catedral de Santiago (aínda que nunha escala moito máis pequena) foi construída en diversas fases que se fan evidentes a medida que avanzamos do corpo (moito máis arcaico, arcos de medio punto, puramente románico) á cabeceira (arcos apuntados nunha marcada transición do románico ao gótico).

    Coma antes dixemos, ao igual que sucede en Santiago, na Igrexa de Santa María de Cambre podemos rodear o altar maior mediante unha carola ou deambulatorio, o cal se abre a cinco capelas absidiais, ou absidiñas. 

No referente ás naves, son tres, divididas en catro tramos cada unha. Aínda que a cuberta presenta arcos de medio punto, estes non suxeitan unha bóveda, coma sucede noutros casos (arcos de faixa), senón que é de madeira, a dúas augas. Varias hipóteses explican este fenómeno (falta de medios, inseguridade no referente á solidez da estrutura, analoxía con outras construcións relixiosas circundantes…) pero ningunha de elas é do todo segura.

   A fachada, puramente románica, organízase en tres corpos que reflicten a organización interior. 

Presenta dous contrafortes a cada lado da portada, un diferente do outro, e dúas arquivoltas que enmarcan o van, a primeira delas suxeita por columnas xemelgas (comparten capitel e basa, mais non fuste), e a segunda decorada con motivos animais, exceptuando a Daniel (paralelismo con Xesús). 
Na decoración do resto da fachada, destacamos dúas xaneliñas con motivos florais e arcos de ferradura e lobulados, e un grande rosetón no segundo corpo desta, sobre o cal asenta unha cornixa. 

No tímpano da portada represéntase o Agnus Dei (Cordeiro de Deus), inscrito nun clípeo, similar á mandorla do Pantocrátor. As columnas xemelgas presentan capiteis historiados (o diaño, anxos, o Xuízo Final).


    Non podemos esquecer a posterior visita ao Museo Romano de Cambre, onde contemplamos de cerca uns baños romanos e aprendemos o seu uso e a súa posible reconstrución, todo de maneira moi amena e didáctica.

Texto: Paula Currás.
Fotos: Iniciarte.

1/3/13

Visita a Santa María de Cambre



NOTA: O seguinte texto foi redactado pola alumna Lidia Mantiñán.

O pasado día 28  visitamos a igrexa de Santa María de Cambre para observar con detalle as súas características, guiados da man de Ramón Boga, director do Museo Arqueolóxico de Cambre

Esta xoia da arte románica galega aseméllase en moitos dos seus trazos á catedral da capital galega, Santiago de Compostela. Podemos encontrar eses rasgos composteláns nas  archivoltas que conforman a portada occidental, nos piares adosados a semicolumnas que se atopan  no interior, na carola ou deambulatorio que identifica ás igrexas de peregrinación como esta, e as tres naves coas que conta, característica pouco común nas igrexas de pequeno tamaño como é o caso. Na parte oriental, rodean á cabeceira cinco absidiñas con detalles protogóticos como arcos apuntados ou bóvedas nervadas, resultado dos múltiples fregreses e arquitectos que puideron pasar por alí no momento da súa construción. 

Respecto ao labor escultórico cabe destacar o frontón da portada principal onde se atopa Cristo representado como un año facendo referencia ao Antigo Testamento. Tamén a multiplicidade de animais como símbolo de pecado das archivoltas que nos transmiten a mensaxe de ter que deixar este mundo de guerra para entrar ao interior, a casa de Deus. Na archivolta exterior podemos ver a  Daniel, como protagonista de Antigo Testamento. Nos capiteis historiados das xambas da mesma portada atopamos esceas como a do xuízo final onde se encontrar o arcanxo San Miguel e o demo.

A única mágoa de esta didáctica visita a Santa María de Cambre foi non poder contemplar de cerca a Hidria de Xerusalén por se atopar na exposición "Gallaecia Petrea" da Cidade da Cultura de Santiago.


Rematamos a mañá cunha breve visita ao centro de interpretación  do xacemento romano de Cambre.

14/3/12

Visitamos Santiago de Compostela

En primeiro lugar hei de dar as “grazas” aos meus compañeiros por contribuír a un sorteo xusto e equilibrado, do cal eu saín o elixido para facer este comentario sobre o soleado e cultural día que pasamos percorrendo as rúas e monumentos de Santiago.

Comezando pola xenial idea de visitar Santiago de Compostela e seguindo coa realización desta, teño que aclarar que é a primeira vez de entre todas as miñas estancias pasadas na capital galega que gozo realmente da beleza e curiosidade das entrañables rúas e grandes monumentos que posúe.

Comezamos a nosa visita ás 11:00 dun día onde primaba por encima de todo o sol e claridade, o que nos permitiría unha gran apreciación do casco histórico. Descendendo desde a estación ata o centro, atopámonos cunha gran peza do coñecido “barroco de placas” realizada polo seu máximo expoñente Simón Rodríguez: a Fachada do Convento de Santa Clara. Materia de exame e a cal o noso profesor non dubidou en pór. É unha marabilla de fachada; podemos apreciar nela as máis retortas formas xeométricas características deste barroco, a abundante decoración que se ve incrementada a medida que ascendemos en altura. É unha gran obra mestra.

Continuamos no noso traxecto e topamos con outro magnífico monumento: as tres escaleiras de caracol barrocas do convento de Santo Domingo de Bonaval (hoxe Museo do Pobo Galego) de Domingos de Andrade. Nelas puidemos apreciar a verdadeira esencia do barroco: o efecto de sorpresa causado. Dividímonos e comezamos a ascender: as nosas mentes estaban enérxicas ao empezar a subir as escaleiras, pois partiamos coa intención de reencontrarnos na parte superior, pero descubrimos que só uns poucos conseguírono e xusto nese instante decatámonos de que non estaban conectadas, senón que era a pura ficción e ilusión barroca.
Sen ningunha dúbida, xunto á Catedral de Santiago, é unha das obras que máis me impactou.


Penetrando cada vez máis no casco histórico a medida que a temperatura ascendía ata os 21º, visitamos numerosas igrexas neoclásicas e centrámonos nalgunhas tardo-renacentistas de San Martiño Pinario (convento barroco), recoñecible así polos aparellos almofados.

Introducíndonos na vía principal que conecta coa Praza do Obradoiro, algúns non puideron evitar a tentación de tomar un pequeno aperitivo nos pequenos comercios onde captan aos guiris con suculentos ancos de torta de Santiago que, aínda sendo galego ata a médula e habéndoa probado unha infinitud de veces, achégome disimuladamente coa idea de degustar ese pequeno manxar unha vez máis e cáptanme a min, como sempre.

Introducidos xa no corazón compostelán, na preciosa Praza do Obradoiro, admiro a grandiosa catedral produto de varias eras e varios movementos artísticos, pero aínda así, os meus ollos só me permiten contemplar unha fachada barroca de Fernando de Casas Novoa, unha fachada-pano que tapa a orixinaria románica. Introducímonos no interior e asombrados outra vez pola grandeza da nosa Catedral, empezamos a realizar unha pequena análise dos nosos coñecementos do románico, descubrindo así que agora somos capaces de darlle sentido a unha construción como é este interior románico. A única desgraza da nosa visita foi non poder apreciar ao completo a magnífica obra do gran Mestre Mateo: o Pórtico da Gloria, do cal só podemos apreciar a árbore de Jessé do parteluz e ao apóstolo Santiago. A pesar das remodelacións que está sufrindo debido ás humidades que o estragaban, non puido xerarse en min outra impresión que non fose a da gran elaboración mateana que anticipaba o gótico. Así pois, non habería ocasión de dar os tres típicos cabezazos acompañados cun desexo cada un á parte inferior do parteluz. Tamén houbo unha situación cómica na que eu estaba debatendo cun amigo sobre os materiais, cuestionándonos se a contorna do presbiterio era bronce ou ouro: cada un de nós apoiabamos a idea dun material diferente. Foi entón cando decidín preguntarlle ao profesor, quedando as nosas propostas desbancadas posto que era madeira policromada. O noso gozo nun pozo.

A saída foi pola porta Sur situada no transepto e que conectaba coa praza de Praterías. Así puidemos ver ao tornarnos a maxestuosa fachada de Praterías coas numerosas escenas e o gran David na zona esquerda, portando o seu característico instrumento musical.

Rematamos así coa visita matutina e dispuxémonos a buscar sitios para xantar, pois o fame e a calor non son bos amigos nun día de excursión e tampouco nos chegou para moito o cebo-guiri-santiagués das amables dependentas. Así, tras comer un apetitoso prato combinado observando a facultade de Historia, retornamos ao noso lugar de encontro: a praza da Quintana. A pesar de ser a maioría puntuais, “algúns” non atoparon o camiño correcto, o que nos supuxo uns minutiños máis á sombra e á beira do trasladado coro pétreo mateano que se atopaba na Porta Santa.

Con máis calma vimos algúns monumentos como a fachada-pano da Casa do Cabildo de Clemente Fernandez Sarela, de 4 metros de grosor que deixa petrificado a máis dun (entre os que me inclúo). Contemplabamos así que Santiago posúe un casco histórico “ilusorio”. Continuando, non podiamos evitar un paseo pola Alameda e sentarnos nun banco a observar as privilexiadas vistas que se obteñen da Catedral, sendo o epicentro de toda vista.

Finalmente, a nosa visita concretada para as 17:00 aos tellados da Catedral. Sinceramente, é o máis impactante que un pode contemplar sen dúbida na capital galega. Tras unha ascensión polas torres, pasando pola cociña relativamente pequena onde Xelmírez tiña aos seus servos (pareceume moi interesante unha anécdota narrada pola guía: as chemineas eran símbolo de poder nesa época), continuando polo seu marabilloso palacio onde viamos unha ascensión da decoración en sentido lineal ata o fondo e onde non había outro pensamento na miña cabeza que a imaxinación dunha banquete real nesa zona, chegamos a unha zona privilexiada: a tribuna da Catedral. Nela, puidemos ver na parede os arcos apuntados característicos do gótico sobre o nártex, así como a gran altura desta, e puidemos observar as vistas desde as que os peregrinos anteriormente observaban o culto; unha tribuna que se compenetraba coas naves laterais e coa xirola, característico dunha igrexa de peregrinación. Finalmente, tras unhas cen escaleiras (case o dobre parecía debido á altura dos chanzos), chegamos á parte máis esperada: os tellados da Catedral. Nunca puidera obter unha panorámica tan ampla como a que conseguín ese día. Podíase coñecer toda a cidade compostelá. Era fascinante, do mesmo xeito que poder apreciar a verdadeira estrutura de orixe románica á marxe das engadidos góticos e barrocos. As preciosas torres eran case tanxibles, o que nos permitía aínda asombrarnos máis. Podiamos comparar así as estruturas barrocas e románicas, e procedemos a sentarnos para contemplar. A guía detallábanos a Torre do Reloxo de Domingo de Andrade, citándonos a ascensión ornamental barroca ou o significado dos relevos adheridos á parede. Chamoume a atención unha serie de almenas de orixe románico que se conservaron : o seu motivo foi que non se interpuñan na nosa vista desde o nivel inferior, polo que quedarían ocultas; unha vez máis, o pano barroco.

Tras unha visita fascinante, tiñamos que volver á estación para coller o bus a tempo, así que puxemos rumbo ao noso punto de partida, acompañado de conversacións graciosas e unha infinidade de historietas.

En resumo, repetiría agora mesmo toda esta experiencia sen dubidalo nin unha milésima de segundo.

Asdo.- Sergio Simarro

3/4/11

Visitamos Santiago: Carta de Noelia

Querida amiga:
Que tal che vai todo por aí ? Espero que moi ben coma a min. Escríboche esta carta para contarche a viaxe que fixemos a Santiago o xoves desta semana, fágoo porque sei que estás lonxe e que botas de menos todo o de aquí, ademais Santiago é unha cidade marabillosa. A excursión realizouna o profesor de arte, a idea xurdiu de que no trimestre pasado estivemos estudando a arte románica e agora neste trimestre estamos coa barroca e como a catedral ten una mestura das dúas, ademais de outras tendencias, sempre é mellor velo na realidade que en diapositivas. Cando chagamos, despois de baixarnos do autobús e camiñar un anaco, demos coa Fachada do Obradoiro onde puidemos apreciar de primeira man o espectaculares que son as esculturas e as dúas torres que a forman. Foi dirixida, a súa construción, polo arquitecto Fernando de Casas e Novoa que seguiu o estilo barroco e tentou de solucionar tres grandes problemas como eran o de cubrir o Pórtico da Gloria de orixe románica, integrar o edificio no deseño da cidade e acoller a escaleira barroca que xa estaba empezada. É incrible como podían deixar ó abeiro do tempo o Pórtico da Gloria verdade? Coa cantidade de coidados que se lle dan agora para mantelo o mellor posible. A verdade é que a fachada é moi feitiña, a min gustoume moito e pódoche asegurar que das dúas veces que estiven na catedral antes do xoves, nunca vira nin a metade de todas as esculturas que alí se atopan. Despois entramos a dentro pero non puidemos ver o Pórtico da Gloria ben, porque está todo tapado para que os especialistas o estuden e o limpen para mantelo no mellor estado posible. Aínda así paseamos por dentro da catedral e pódoche dicir que é espectacular, sobre todo o altar que está moi decorado, onde, por certo, atópanse uns anxos feísimos que sosteñen ó apóstolo no altar maior, pero aínda que son horribles, no que se refire ó aspecto, están moi ben feitos porque levan unas vigas no medio que non se ven aínda que os rodees. Ademais se te fixas pódese apreciar nas columnas que están máis preto do altar que quedan restos de pintura, é incrible! e por certo todo o que hai no altar é de madeira policromada non sexas coma min que pensei que era mármore! Pero e que se che digo a verdade ten un aspecto tan robusto que non semella madeira! Cando rematamos de ver a catedral por dentro, fomos a una igrexiña moi bonita que hai alí xusto, que aínda que é pequena é moi linda, a capela da Corticela. Logo saímos de novo para fóra e rodeamos a catedral pasando pola Porta Santa que só se abre no ano Xacobeo e chegamos á Torre do Reloxo deseñada por Andrade que agora tamén se atopa con obras de restauración. Alí xusto, ó seu carón está a Fachada de Praterías, e dígocho de verdade que se te achegas ves como se nota que algunhas das esculturas que están alí non foron deseñadas para ser colocadas nese lugar, pero é todo moi espectacular. Tamén visitamos o Convento de Santa Clara que queda arriba dunha costa e que só se pode ver por fora porque alí viven monxas de clausura. O deseño dese convento é de Simón Rodríguez, é algo raro. Eu nunca pensei que o barroco fose así, nótase que nunca me fixei demasiado, din que se chama “barroco de placas” pero a verdade é que é moi fermoso. Despois tamén fomos así de imprevisto ao Museo do Pobo Galego, un museo no que nos sacamos fotos na tripla escaleira de caracol barroca de Domingos de Anfrade. Espectacular! Eu xa dixen que na miña casa hei de ter una igual. A verdade é que o pasei moi ben na excursión, o tempo pasouse moi rápido, supoño que é o que pasa cando algo che interesa. Cando estés de volta aquí, no verán, fágoche de guía unha tarde e explícoche todo, xa verás como a catedral é moito máis grande do que recordas. Un bico: Noelia.

25/12/10

Visitas con arte



Como remate do primeiro trimestre do curso visitamos a exposición de arte contemporánea correspondente ao 27 Certame de pintura de Cambre. É un concurso de recoñecido prestixio e que a pesar dos cambios cambios organizativos (parabéns polo traballo de tantos anos Xosé Cobas) mantén un alto nivel de calidade.

O alumnado recibiu unha forte inmersión na arte contemporánea. Puidemos apreciar distintas técnicas e temáticas así como apreciar os actuais camiños da arte actual: desde o hiperrealismo ata a máis pura abstracción pasando pola fotografía. Foi precisamente o fotógrafo Vari Caramés quen se levou os 6.000 euros do Primeiro Premio. Recibimos como agasallo o catálogo da mostra.

Posteriormente, detivémonos na igrexa de santa María de Cambre, pequena xoia do románico rural galego. A súa fachada é toda unha lección de arquitectura e escultura románica. O seu interior, cos case cen capiteis historiados e a xirola protogótica, non o puidemos contemplar nesta ocasión.

25/1/09

Roma 1982





Roma 1982
Pola iniciativa de Amancio Liñares (historiador, escritor, pai e marido a ratos libres, editor de tresCtres , Fundación Castelao, vamos todo un cultureta) e coa compaña de Miguel Anxo Seixas (gandeiro, Fundación Castelao, non sei se parella da súa parella, culto entre os cultos), en setembro de 1982 recorrín media Italia. Viaxe iniciática. Onde ir mellor tras estudar a Arte do Renacemento e do Barroco? Roma, Florencia, Venecia, Padua, Bolonia, Milán...

Hai unhas semanas, compartimos un xantar en Santiago para lembrar a viaxe e botar unhas risas. Invitamos os dous novos catedráticos de secundaria.

21/1/09

Visitamos a Cidade Vella da Coruña

O pasado domingo, 18 de xaneiro, xunto co alumnado de Historia da Arte (onde estaría Brais?) fixemos a visita á Cidade Medieval da Coruña. Foi un tempo roubado ao estudo pois ao día seguinte tiñan a proba da arte románica. Estivemos contemplando a arquitectura románica da igrexa máis antiga da urbe, a Igrexa de Santiago (seculos XII-XIII) e o seu interesante interior (persoalmente me encanta ver un "Santiago apóstolo" sobre unha ara romana). Despois poidemos contemplar o edificio neoclásico de Capitanía, a praza de Azcárraga (a "praza" da cidade) e a do pazo urbano de Xosé Cornide (actualmente é propiedade da familia Franco que algún día explicarei). A colexiata de Santa María do Campo (século XIII) foi a segunda igrexa onde nos detivemos. É unha edificación fantástica para comprobar os problemas que se poden dar na construción: os fallos da cimentación provocarían a abertura da cuberta. Estivo en tan mala situación que por pouco non foi derrubada a finais do XIX.

Pero sen dúbida, creo, o que máis gustou ao alumnado foi a fachada barroca de Santo Domingos, onde parece que a torre estea torcida (a explicación daría conta da realidade). Finalmente chegamos ao Xardín de San Carlos e ás murallas.

A seguinte visita será: o barroco compostelán.

21/12/08

Visita á igrexa de santa María e ao Certame de Pintura

Como en cursos anteriores, este ano tamén fomos de visita á igrexa románica de santa María de Cambre e á exposición do Certame de Pintura de Cambre.

Na igrexa, o director do Museo Romano de Cambre, Ramón Boga, deunos unha magnífica lección sobre esta obra, tanto no eido arquitectónico como escultórico. Ademais, o escaso alumnado participante (sobre a proba de recuperación a realizar ao mesmo tempo que a visita non direi nada) comprobou os amplos coñecementos do museólogo, arqueólogo e historiador local.












A visita á exposición da XXV edición do Certame de Pintura do Concello de Cambre é sempre peculiar. Namentres nas aulas andamos rematando a arte románica visitamos unha exposición de arte actual. Difícil situación. Como explicala? Valorar técnicas, temáticas, texturas, ir formando, pouco a pouco os criterios estéticos persoais.













Agardo que as dúas visitas foran de proveito para o alumnado.

2/6/08

Crónica minimalista dunha visita aos museos de Madrid


Sábado 31 de maio: 5.30 no aeroporto da Coruña. Primeira sorpresa: as tres alumnas e o alumno puntuais (a primeira vez que acontece no curso) Despegue sen problema pero con moitos nervios. Voo breve e tranquilo. O avión aterra sen novidade.

Saída complicada da T-4. Estrea no metro. Chegada ao hotel. Almorzo na Porta do Sol con algún pequeno percance. Por fin, sendo 10 as horas entramos no Museo del Prado. Goya e a Colección permanente estaban agardando por nós. Emoción contida. Foto con Velázquez.

Cruzamos a rúa e entramos no Thyssen-Bornemisza. Lección de pintura espectacular: da idade media ao século XX. Todo está no Thyssen. Saen esgotados.

Parada para xantar con famoso incluído (foto). Pola tarde toca o Reina Sofía. Só hai ollos para o Gernica pero teñen que recorrer todo o museo. Aproveito para deleitarme, unha vez máis, co Equipo Crónica. Van localizando a Picasso, Gris, Dalí, Saura, Tapies, Gargallo... Saímos do museo.

Paseo pola Porta do Sol, Praza maior, Rúa Maior, Praza da Vila, Palacio de Oriente, Senado, Praza de España, Gran Vía... Lembrámonos dos que non poideron acompañarnos nesta viaxe.

Esta crónica non recolle nada do acontecido unha vez rematada a tarde “artística”. É secreto do sumario.

Domingo pola mañá: Alguén di se cruzou con ZP (non hai foto). Exposición de Rodin (“O corpo espido”) na Fundación Mapfre. Paseo esgotador polo rastro (non todo ía ser arte) Xantar mirando os euros que quedan no peto.

Pola tarde visita ao monumento ás Vitimas do 11-M na Estación de Atocha e logo a Caixa Forum. E a súas exposicións de Mucha e dalgúns fondos da Galería dos Uffizi. Aparece a chuvia. Paseo ata o templo de Debod.

No aeroporto outro famoso (foto). O avión despega de Barajas ás 23.15 horas. Chegamos o luns ás 0.15 horas. 41 intensas horas.

Chegamos esgotados pero... que nos quiten lo bailao.

24/4/08

Viaxe ao mar de Compostela: crónica axitada dunha visita



CRÓNICA ÍNTEGRA DA VISITA RELIZADA A SANTIAGO DE COMPOSTELA REDACTADA POLO MARIÑEIRO LUIS.


"La mar calmada, el cielo gris, Poseidón estaba de nuestro lado en esta travesía. La tripulación, tres valientes chicas y dos arriesgados muchachos, bajo el mando de nuestro valeroso capitán, nos enzarzamos en una arriesgada aventura de desconocido fin por tierras abruptas en busca de un antiguo tesoro románico.
El viaje fue tranquilo y sin complicaciones. Mientras el oleaje acariciaba el navío, nuestro capitán nos explicaba la situación de nuestro siniestro destino.
Nuestro capitán era un marinero experimentado. Se dice que en tiempos fue pirata, un terrorífico pirata, a su lado el pirata de Espronceda sería un simple monaguillo. Pero eso son habladurías, y aunque fuesen ciertas, ahora poco importaban. Todos confiábamos en nuestro capitán, que si bien no poseía ninguna medalla de honor, lucía un rostro demacrado, huella de la experiencia.
Por algún motivo que no nos quiso confiar el capitán perdió su barco, pero se las ingenió para que una embarcación de buenos samaritanos nos llevase al capitán y a nosotros cinco a nuestro destino. Ese barco no tenía ni un camarote en buen estado, olía mal y su tripulación era indisciplinada y alborotadora, pero gracias a ellos conseguimos llegar a nuestro objetivo.
Al desembarcar los cinco nos encontrábamos cansados por la incomodidad del barco pero deseosos de cumplir con nuestra misión y aliviados por haber abandonado el hedor de la nave y poder respirar aire puro. Nos despedimos y nos separamos de la alocada tripulación del barco, aunque sabíamos que tendríamos que regresar al hogar con ellos si no encontrábamos otro medio. Después de caminar un rato por las nuevas tierras, perdido ya de vista el barco y contemplando las edificaciones, plazas y gente que habitaba el lugar, una de las muchachas, Sandra, preguntó:
- ¿Dónde estamos, capitán?
- En Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, así que esta es la cuna de los peregrinos, capital de Galicia, escondite del tesoro… En ese momento el capitán desenrolló un antiguo papiro y dijo:
- No tengo muy claro donde puede encontrarse el tesoro, parece que tendremos que visitar varios lugares. Conozco esta ciudad, no os preocupéis, no nos perderemos. Vamos.
Y sin más dilación comenzamos la búsqueda del tesoro.

PRAZA DO OBRADOIRO.
El primer lugar al que nos llevó fue la Praza do Obradoiro, una gran, GRAN plaza en la que la mirada se dirigía directamente a un edificio espectacular, majestuoso… la Catedral de Santiago de Compostela, cuya fachada barroca me impresionó, aunque no tuve la oportunidad de verla de cerca, ya que estaba prohibido el paso a la puerta. Grupos de extranjeros de aglomeraban para contemplarla y fotografiarla, ajenos a otra gran arquitectura que se podía ver desde la parte de atrás de esa plaza: la Iglesia de San Fructuoso o Igrexa da Baralla, porque coronándola se pueden ver estatuas de los cuatro palos de la baraja española: copas, oros, bastos y espadas.
Otra obra que se puede ver es, enfrente a la Catedral, el Pazo de Raxoi, un edificio en el que resalta la forma horizontal, y en cuyo frontón puede verse una escultura de Santiago matando moros, por lo que recibió el seudónimo de Santiago Matamoros.

PORTADA DE PRATERÍAS.
En la Praza do Obradoiro no encontramos nada. Siguiendo a nuestro capitán nos dirigimos a una gran fachada situada a la izquierda de la catedral, la Portada de Praterías. Pero antes de llegar, nuestro capitán nos enseñó un edificio barroco, aparentemente de viviendas, pero ¡Tenía menos de 3 metros de profundidad! ¿Cómo iba a vivir alguien ahí? Nos explicó que la Casa do Deán era simplemente fachada, la única utilidad que tiene es la de adornar, hacer bonita la plaza. Extraño, pero bien pensado.
Y llegamos a Praterías. El arte Románico no es mi pasión, pero me gustaron varias cosas como el David tocando una vihuela, los canecillos, con formas de animales y obscenidades, representando los pecados, que deben dejarse fuera para entrar en el “reino de la luz” que sería la iglesia, los leones que custodian la entrada… Grandes ejemplos de la escultura románica.

CATEDRAL DE SANTIAGO.
Tras contemplar la puerta, entramos. Mi primera impresión fue que era muy grande, pero me equivocaba, lo que yo estaba viendo era uno de los brazos cortos de esta iglesia con planta de cruz latina, pero es que cuando fuimos a la nave principal no solo me pareció muy grande, sino ENORME. Dimos toda una vuelta, viendo los frescos de las ábsidas, las capillas, las esculturas y… oro.
- ¡El oro, capitán! ¡El oro! ¡Allí lo tenemos! ¡Corramos!
- No tan rápido, joven. Eso es el retablo de la Catedral. Es un tesoro, sí, un tesoro bastante feo y hortera, pero no es el que nosotros buscamos. Si queréis podemos pasar y verlo.
Y pasamos. Y el capitán tenía razón, era hortera. Tanto lujo, tanto brillo… demasiado “cargado”. Mis compañeros hicieron un ritual que consiste en abrazar una estatua del apóstol. Yo me distraía pensando: Cuanto oro…
Pero el capitán dijo que ese no era el tesoro y debíamos seguir buscando. Llegamos entonces al Pórtico de la Gloria, la estrella de la catedral, el cenit de la escultura románica, una visión del juicio final y el infierno diseñada por el Maestro Mateo. Digo “la estrella de la catedral” porque había una enorme aglomeración de gente a su alrededor, que aunque deseaban dar el cabezazo típico con el parteluz, no pudieron hacerlo porque está en restauración. Se siente.
Tras eso, y todavía sin rastro de nuestro tesoro, nos fuimos de la catedral.

UN PASEO POR SANTIAGO.
Estábamos hambrientos, el cielo se pintó de azul y el sol nos atosigaba, pero el capitán no parecía rendirse, tenía una insistencia digna de Ahab, pero esta vez en lugar de una gran ballena blanca nuestro objetivo era un tesoro.
Siguiendo las indicaciones de su mapa, el capitán nos condujo por las calles de Santiago DC. Durante nuestra caminata pudimos ver edificios como el antiguo seminario que no estaba abierto al público, pero gracias a la labia de nuestro capitán pudimos entrar y echar un vistazo. Dentro había un cuidado jardín descubierto rodeado por una columnata que sostenía el edificio.
Al cabo de un rato salimos. Nos dirigimos al mejor ejemplo de barroco de placas compostelano: El Convento de Santa Clara, un edificio con una fachada muy singular que simula una serie de piezas como decoración y arriba de todo tiene un gran cilindro de piedra. El edificio, gracias a la decoración, parece estar torcido hacia delante y da la impresión de que el cilindro va a caer en cualquier momento. Una preciosidad, en mi opinión.
Pero el hambre aprieta, y el mapa parece no llevar a ningún lado, ¿De donde lo habrá sacado? ¿No se da cuenta el capitán de que estamos dando pasos en falso? Él mantiene su actitud hierática, pero nosotros ya mostramos serios indicios de agotamiento, que mezclados con el hambre hacen que empecemos a dudar de la veracidad de ese mapa, y por tanto de nuestro capitán.
- Señor.
- Dime.
- Tenemos hambre, señor. ¿Cuánto tiempo más vamos a dar vueltas tontamente?
Me miró seriamente y me arrepentí de haberlo dicho, pero cambió su seria cara y mostró una sonrisa.
- Solo una visita más y vamos a comer algo.
Gracias a dios. Anduvimos y anduvimos, y por fin llegamos al último sitio antes del almuerzo: el Museo do Pobo Galego. Como el seminario, este también tenía un jardín rodeado por un edificio. Pero en este momento yo tenía una necesidad.
- Señor, voy un momento a los aseos.
- De acuerdo, te esperamos aquí, no tardes.
Entré y salí lo más rápido que pude, pero cuando ya estaba fuera ¡Los demás no estaban! ¿Se habían ido sin mi? ¿Se había enfadado el capitán por lo que dije antes y había decidido abandonarme y partir sin mi? ¡Estoy perdido!
- ¡Eh, estamos aquí!
- ¡Ah!
Corrí aliviado al ver que se encontraban en una habitación contigua, pero allí faltaba gente, estaba el capitán solo.
- ¿Y los otros?
- Mira arriba.
Al alzar la vista vislumbré tres escaleras de caracol, tres, no una ni dos, sino tres que parecían subir al cielo y perderse entre las nubes. Los demás miembros de la tripulación estaban arriba de todo, saludando con los brazos alzados. Era el Convento de Santo Domingo. Automáticamente se me evaporaron el hambre y el cansancio, y subí corriendo por unas escaleras, no parecían muy seguras, pues los escalones no estaban juntos uno con otro, sino que había espacios entre escalón y escalón, y no había nada por debajo que los sujetase, daba miedo subir por ahí. Pero lo peor fue que me equivoqué de escaleras, subí por las que no eran y no llegué a arriba de todo, así que tuve que bajarlas de nuevo y subir otras, que por suerte, eran las correctas. Desde arriba se veía mucho más alto que desde abajo y la verdad es que daba vértigo y miedo estar a esa altura sobre unos tablones de madera que no parecían muy seguros, pero no hubo ningún accidente y salimos de allí sanos y salvos.
Por fin desayunamos. Pero nuestro capitán no nos dejó ni un minuto de descanso. Creo que se obsesionó con el mapa, pues no separaba la vista de él.
Mientras desayunábamos nos llevó a ver una iglesia, la Iglesia de San Martín Pinario, cuyas escaleras eran una novedad en la arquitectura de la época.
Cerca de la facultad de Geografía e Historia, vimos una exposición de altares de iglesias y fotografía moderna. El tesoro seguía sin aparecer.
Por último, cuando ya el agotamiento era superior a nuestra voluntad, el último trazo marcado en el mapa señalaba a un edificio. En ese edificio se encontraba una exposición de cuadros de Sorolla. No dudamos ni un segundo en entrar, ahí tenía que estar el tesoro.
Dentro pudimos ver muchas obras de este consagrado pintor, algunas me impresionaron (nótese el juego de palabras) y otras no tanto, pero siempre es agradable ver famosas obras de arte, y es un prestigio verlas en directo.

LA DESPEDIDA.
Ha sido un apasionante viaje, agotador, pero divertido. Santiago DC tiene una parte antigua preciosa y llena de cosas que ver.
Nos dirigimos al barco y me alegro, tengo los pies destrozados y ahora mismo incluso ese navío roñoso es un buen sitio para descansar. Aunque no me puedo creer que el capitán se rinda ahora, no me puedo creer que quiera volver a casa así, sin más.
- Capitán, ¿Vamos a irnos sin el tesoro?
- ¿Qué tesoro? ¿Qué dices Luis? Sube al bus, anda.
Y es que se me olvidó decir que en Santiago de Compostela no hay mar."

PARA COÑECER MELLOR AS CUALIDADES LITERARIAS DESTE MARIÑEIRO NON DEIXEDES DE VISITAR O SEU SITIO WEB

25/2/08

Visitamos a Cidade Vella da Coruña


Que facer un domingo de febreiro non que non parou de chover? Pois visitar as igrexas románicas da Coruña: a igrexa de Santiago e a colexiata de santa María do Campo. Tras un sábado de longa noite e de pouco dormir, os esforzados alumnos e alumas de Historia da Arte, supoño que con máis obrigación que entusiamo, soportaron as explicacións deste docente sobre a arte románica, a gótica, a arquitectura, seus defectos construtivos e sobre as edificacións neoclásicas da Cidade Vella. Merecen un sobresaliente.

Para máis información sobre a saída podese ver o blog Artechachi, da alumna máis artística do grupo.

26/1/08

Visita á exposición "Picasso laboratorio de estilos: retratos femininos"

Os pasados días 23 e 24 de xaneiro o alumnado de 4º e 2º da ESO, acompañado polo profesorado de Xeografía e Historia, visitaron a exposición ”Picasso: laboratorio de estilos: retratos femininos" na Fundación Barrié de la Maza.

Coa axuda de varios guías (fantástico traballo) o alumnado achegouse á particular visión da arte do xenial Picasso grazas aos 57 retratos de mulleres. O traballo dos guías foi fundamental para:



- coñecer o paso de Picasso pola Coruña, onde desenvolve os seus primeiros traballos académicos amosando o dominio do debuxo (¡mesmo chegou a pintar unha Torre de Hércules!),
-comprender a importancia do cubismo na arte e como Picasso asumía a ausencia da profundidade nos lenzo amosando diferentes puntos de vista sobre unha superficie plana.
-valorar as ligazóns entre a arte de Picasso e as súas relacións coas as mulleres que formaron parte da súa vida.

Tras a visita guiada á exposición, o alumnado participou nun obradoiro activo tratando de reflectir o mundo picassiano sobre unha cabeza de maniquí. O resultado é estupendo. Parabéns polo traballo.


Máis fotos en ies.afonsox


22/12/07

Visita ao XXIV Certame de Pintura e a igrexa de Santa María

BubbleShare: Share photos - Print Christmas Coloring Pages.


O pasado 21 de decembro o alumnado de Historia da Arte do IES Afonso X O Sabio visitou a exposición do XXIV Certame de Pintura do Concello de Cambre. A visita foi guiada por Ánxeles Roca, bibliotecaria-arquiveira municipal e alma mater da organización das visitas escolares á exposición. Durante o percorrido o alumnado poido iniciar a súa formación estética na arte contemporánea e cos atinados comentarios e información de Ánxeles Roca poido apreciar moito máis as diversas propostas pictóricas amosadas que ían desde o realismo ata a abstracción xeométrica. Igualmente poido apreciar e coñecer as distintas técnicas presentes: fotografía, madeira, óleo, acrícilito, técnica mixta e os variados soportes: tea, madeira, coiro, metacrilato.

Postiormente, o alumanado visitou a igrexa de Santa María, nesta ocasión, guiado por Ramón Boga, técnico municipal de cultura e director do Museo Arquolóxico de Cambre. Como sempre, as explicación de Ramón Boga foron pertinentes, inagotables e precisas.


Moitas grazas Ánxeles e Ramón.

O alumnado amosou a súa satisfacción polo contido das dúas visitas, aínda que tamén fora probable que influíra a proximidade das vacacións do nadal. Gustarianlle de verdade as visitas?