Mostrando entradas con la etiqueta Picasso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Picasso. Mostrar todas las entradas

25/4/16

Picasso: autorretratos

15 anos de idade (1896)


18 anos de idade (1900)

20 anos de idade (1901)

24 anos de idade (1906)


25 anos de idade (1907)


35 anos de idade (1917)


56 anos de idade (1938)

83 anos de idade (1965)


85 anos de idade (1966) 


89 anos de idade (1971)


90 anos de idade (30 de xuño 1972) 


90 anos de idade (2 de xullo de 1972)

Visto en Cultura Inquieta.

21/4/16

Kirmen Uribe a "As señoritas de Avignón"

Ni por contido nin polo meu criterio literario, as liñas que seguen deberían pasar nin á historia da crítica artísitca nin á da literatura.

"En el MOMA DE Nueva York habrá un (sic) treintena de Picassos (sic), expuestos uno detrás de otro. El más llamativo, sin duda, es el famoso Les demoiselles d´Avignon. Picasso lo pinto en 1907, y se nspiró en una casa de citas de la calle Avinyó de Barcelona. Aparecen las mujeres de vida desordenada de aquel lugar. Cuando lo pintó, Picasso no tenía más de veinticinco años, y se puede apreciar cómo algunas de las caras del lienzo están pintadas por encima, lo que en principio era un hombre luego lo convirtió en una mujer. Sin embargo, la obra tiene una fuerza extraordinaria, atrapa al espectador desde el primer golpe de vista.
Picasso. Boceto.

Frente al cuadro hay otras dos pinturas, aparentemente iguales. Una es de Georges Braque, Man with a Guitar, y la otra del propio Picasso, Ma Jolie. Prácticamente no se puede distinguir de quién es una  y de quién la otra. Son de la misma época y se diría que las dos proceden de la misma mano. Lo dos artistas reflexionaban sobre las posibilidades del cubismo y los dos pintaron un cuadro igual. Cuál de los dos se inspiró en la obra del otro no lo sabemos.
Picasso. Ma Jolie.

Braque. Man with a Guitar.

Pero esos cuadros transmiten poco al espectador; son fríos, oscuros. Se trata de una técnica llevada hasta el límite; poco más consiguen expresar.

Esa frialdad, por el contarrio, no se aprecia por ningún lado en su pintura de juventud. En las Demoiselles, Picasso quiso descorrer la cortina y mostranos lo que había detrás, algo inesperado. Y todavía hoy sorprende al espectador. Técnicamente no es un cuadro perfecto, y por eso fue criticado al principio. Incluso Matisse lo tomó como un insulto al arte moderno. Pero su fuerza es incuestionable.

Además ves el cuadro y de inmediato sabes que es de Picasso, al contrario que Ma Jolie. Podría ser lo mismo de Picasso que de Braque.

Quizás por eso Picasso dejó de lado el cubismo radical y se dedicó a pintar otro tipo de cuadros, más coloristas, más vivos. Creía que esa corriente estaba agotada porque después de la Primera Guerra Mundial el públco no quería cosas tristes. La gente necesitaba alegría de vivir. Y asíse ganó Picasso a la gente".


Kimen Uribe. Bilbao-New York-Bilbao. Barcelona, Seix Barral, 2010, pp- 159-160.

27/4/15

Picasso e "As señoritas de Avignon"

21/4/15

Picasso: O Guernica

27/5/13

Roy Lichtenstein e Pablo Picasso: Femme ao chapeau

En 1962 Lichtenstein traballou sobre unha obra cubista de Picasso, a Femme au chapeau. No fondo destacan os puntos bendéi e o peito da muller ínchase coma os seos palpitantes das rapazas dos cómics dos adolescentes.
Pablo Picasso, Femme au chapeau. 1938

Inicialmente esta obra de Lichtenstein semella case unha burla da obra de Picasso, mesmo houbo críticos que así o pensaron. Sen embargo, se fitamos ben as dúas obras, observamos como a de Lichtenstein non é un desprezo da do malagueño. Simplificáronse as cores, so destacan o azul e o amarelo; simplificáronse as formas e a todas fóronlles outorgadas a mesma importancia na composición. Roy Lichtenstein uniu o seu estilo ás formas de Picasso, adaptando a composición aos seus propósitos.
Roy Lichtenstein. Femme au chapeau, 1962
Óleo e magna sobre tea, 173x142,2 cm.
Col. Srs. Tremaine

 
O resultado é algo completamente novo que nada ten que ver coa orixe e desenvolvemento do cubismo.

O cambio é semellante ao xeito que ten unha cultura en desenvolvemento de intentar recrear os logros dunha cultura “superior”, dando luz, deste xeito, a novos híbridos que teñen as mesmas posibilidades de ser fermosos ou grotescos.

O que quero facer é unha especie de Picasso popularizado”, un Picasso que semelle un malentendido e que ao mesmo tempo teña unha validez propia”.

Mais, cal foi razón pola que Lichtenstein aplicaba formas de tiras cómicas a Picasso? A Lichtenstein atraíalle, naturalmente, a forma; por exemplo o perfilado de Picasso das formas en negro e a redución dunha figura a formas planas; mais tamén había unha razón referida á condición de Picasso como artista, o que significa que Lichtenstein non empregaba unha pintura particular polo seu significado tanto coma por Picasso mesmo. Como explica Lichtenstein, a principios dos anos sesenta o nome de Picasso xa era un concepto común, e o artista un heroe popular. “Un ten a sensación de que en cada casa hai unha reprodución de Picasso”. Lichtenstein está a responder ao artista español do libro de museo e ao da tenda de postais.
Pablo Picasso, Femme d´Alger, 1955


Roy Lichenstein, Femme d´Alger, 1963
Óleo sobre tea, 203,2x172,7 cm
Nova York, Col. Srs Brant

Cando transforma a obra doutro artista, Lichtenstein continua a tradición establecida que non sempre implicou respecto para o artista de máis idade, o que se amosa na reformulación de Picasso dun artista coma Velázquez. Lichtenstein é consciente da dupla ironía que supón a súa Femme d´Algier de 1963. “Picasso fixo a “Femme d´Algier” a partir da pintura de Delacroix, e eu fixen a miña pintura a partires da súa”. Con todo, a imaxe de Picasso sufriu unha transformación radical, a transformación de Lichtenstein parécese tanto ao orixinal coma a parte superior dunha mesa de formica de imitación de madeira ao seu prototipo de carballo. A adaptación da obra doutro artista implica moitas cuestións e incita ao espectador a ponderar conceptos como valores, simulacións, recoñecibilidade, estilo e orixinalidade.

As citas proceden de Janis Hendrickson. Lichtenstein. Colonia, Tachen , 1993, pp21-22.

2/5/13

Picasso con humor

Os Monthy Piton repasan unha carreira moi artística:


29/4/13

As señoritas de Avignon segundo Olivier, neto de Picasso

Hai tempo xa escribín sobre esta importantísima obra (ben lembro como a estudie na facultade...) hoxe imos vela da man e das letras de Olivier, un dos netos de Picasso. O texto que ven a continuación procede de: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003. Indico as páxinas correspondentes.


"… O longo camiño percorrido cos seus debuxos preparatorios condúceo a rematar, en xuño de 1907, a tea emblemática da arte moderna, As señoritas de Avignon, cadro que o converte no creador que o novo século esperaba.

INTRODUCE A SEGUINTE NOTA  AO PÉ DE PÁXINA:

Tras traballar en segredo durante máis de seis meses nas Señoritas de Avignon, Picasso desvela unha obra monumental, que cuestiona os fundamentos da pintura derrubando as convencións, os xéneros artísticos e a concepción do espazo. Trátase dun retrato en grupo, explícito e provocador ata a crueldade, saturado de voierismo. A elección do tema xa é, por si mesma, perturbadora, posto que se trata da representación dunhas prostitutas que esperan aos seus clientes no salón dun bordel de principios de século (XX). Ademais do seu aspecto impúdico e chocante para a época, o cadro é innovador na súa composición e na construción do espazo pictórico. Logo de asimilar os recentes descubrimentos de Cézanne e dos fovistas (sic), Picasso lánzase, á súa vez, á reconstrución de planos sucesivos, ocultando así calquera forma académica e destruíndo a perspectiva tradicional. O canon estético é profanado; todo queda dito brutalmente, sen reviravoltas. O tema do espido, tan corrente na pintura, reviste agora unha forma máis crúa (xa iniciada por Courbet e Manet), na que calquera alegoría queda disimulada e na que o ollo do espectador está enfrontado á mirada fixa das prostitutas.

O TEXTO CONTINUA DA SEGUINTE FORMA:

Con todo, a tea non será exhibida ata nove anos máis tarde. Só algúns privilexiados ven a obra no estudo. A maioría, nada seducidos, búrlase dela e lanzan sarcasmos: ata Leo Stein, Derain Apollinaire ou Braque, a quen lle debemos esta famosa observación: "A pesar das túas explicacións, ¡a túa pintura é coma se obrigar a comer estopa e a beber petróleo para chuspir lume!". Fernande (Olivier) nin sequera menciona o gran cadro nas súas memorias. Ninguén descubre o que encerra? Gertrude Sein é a única, ou case, que se extasía e capta o momento histórico.
Páx. 51.


(…) No outono de 1925, a pesar da súa vella resolución de non participar nunca en exposicións colectivas, Pablo acepta figurar na primeira exposición surrealista, na galería Pierre de París. O modista e coleccionista Jacques Doucet presenta as súas Señoritas de Avignon, as consideradas nais de toda a arte moderna…


INTRODUCE A SEGUINTE NOTA A PÉ DE PÁXINA:

A finais de 1921, aconsellado por Endré Breton, Jacques Doucet comprou inmediatamente, a crédito, a tea a Picasso. As señoritas de Avignon foi vendida pola súa viúva, en 1937, a Jacques Seligman por 150.000 francos (68.500 euros), e logo adquirido por 28.000 dólares polo Museo de Arte Moderna de Nova York, grazas a unha doazón privada de 10.000 dólares e á venda dunha tea de Degas, Le Cham de course. ¡Era a primeira vez que o museo desprendíase dunha obra (a decisión da compra non foi oficial ata abril de 1937, tras a venda do Degas)! En 1990, con motivo da exposición “Picasso and Braque, pioneering Cubism”, a obra foi valorada en “polo menos” 500 millóns de francos (máis de 75 millóns de euros). Hoxe en día o seu prezo é inestimable."
Páx. 71.


Finalmente neste vídeo poderedes contemplar un bo resume desta obra imprescindible da pintura contemporánea:

25/4/13

Picasso e as mulleres: Dora Maar


Hai un ano fixen nunha pequena introdución ao tema de Picasso e as mulleres. Imos, hoxe, a profundar nunha das persoas que máis inluenza tivo no malagueño. 

Coñece a esta moza de28 anos cando o artista ten xa 55,  a finais de 1935. Era fotógrafa de pai croata e nai francesa que vivira moitos anos na Arxentina. Neste ano o pintor convive con Maríe Thérèse. O verdadeiro nome de Dora era Theodora Markovitch. De forte personalidade, participou das actividades surrealistas. Frecuentaba a Breton e a Éluard e era boa “amiga” de Georges Bataille.

Françoise Gilot, no seu demoledor libro sobre Vivir con Picasso contará o primeiro achegamento entre os nosos protagonistas no outono de 1935:

“Levaba unhas luvas negras bordados con floreciñas rosas. Dora quitouse as luvas e colleu un longo coitelo moi afiado, que cravaba na mesa entre os seus dedos separados. De cando en vez fallaba por unha fracción de milímetro e a súa man enchíase de sangue. Pablo estaba fascinado. Iso foi o que o incitou a interesarse por ela. Pediulle a Dora que lle dese as súas luvas, e conservábaos nunha vitrina…”.

Picasso fará moitas representacións da súa nova parella nas que a muller adoita aparecer cuns resgos moi marcados, as uñas pintadas de vermello, intensa mirada dos seus ollos profundamente negros, pelo castaño…, mesmo coma se estes novos retratos supuxeran unha nova xeira artística de Picasso nas que rexeitaría a busca da beleza ideal na procura doutra beleza máis tráxica, terrible coma se atraveso de Dora reflectira os acontecementos da Guerra Civil española e da mundial.

Dora Maar será fiel testemuña do proceso creativo do Guernica (ver as fotos en INICIARTE), dos corenta e cinco estudos preliminares realizados entre o 1 de maio e o 4 de xuño de 1937 (a vila fora bombardeada o 26 de abril). A parella “oficial” de Picasso, Marie Thèrése axiña descobre a existencia da amante. Mesmo un día que Dora esta a fotografar o Guernica apareceu polo estudo Marie Thèrése… Semanas despois hai unha confesión co modisto e… entrariamos nunha sesión de culebrón que imos omitir.

Picasso vai ter a Dora ao seu capricho xa que segundo relata Françoise Gilot, durante varios anos Picasso “chamábaa por teléfono cando quería vela. Ela (Dora) nunca sabía por adiantado se ía xantar ou cear con el, mais sempre debía estar lista para saír se el a chamaba, e presente se el ía vela”.

Dora acepta o seu papel sumiso, acepta os rituais que lle impón Pablo. A muller coma fonte de inspiración: “Para min é unha muller que chora. Durante anos pintei a súa figura torturada, non por sadismo ou por pracer. So podía transmitir a visión que se me impuña. Esa era a profunda realidade de Dora” en palabra recollidas pola Gilot en Vivir con Picasso.


Con quen pasaba máis tempo Picasso, coa nai da súa filla Maya (Marie Thèrése) ou con Dora? Segundo unha testemuña da época (William Robin) o malagueño estaba máis con Dora e “non era tanto pola paixón que sentía por ela, senón pola facilidade con que esta fotógrafa de intensa actividade intelectual se integraba no seu círculo de amizades e, sobre todo, polo estímulo que lle aportaba co seu comportamento e coas súas opinións políticas. Namentres, Marie Thèrese (e Maya por quen Picasso sentía un profundo amor) seguiu sendo o centro dese universo íntimo, segredo, que sempre encarnou para el”.

Da súa convicencia co artista, Dora Maar publicaría o libro "Dora Maar con y sin Picasso".

En maio de 1943 ceando cuns amigos e Dora no Catalán, Picasso coñece a unha fermosa rapaza… Françoise Gilot. Mais isa será outra historia.

22/4/13

Picasso e as supersticións


Patrick O´Brian na súa obra “Pablo Ruiz Picasso” (1976) escribe deste xeito sobre sobre un dos fetiches do noso artista “Para Picasso, as chaves tiñan unha importancia nada desprezable, aínda que mal definida. Levaba un paso fato delas, e cando as chaves rachan os petos dos seus pantalóns (…) atábaas cunha corda e as colgaba do seu pescozo”.


Antonina Vallentin (“Picasso”, 1957) afirma que Picasso lle contara “Encántanme as chaves, paréceme moi importante ter unha. A verdade é que, a cotío, as chave me teñen obsesionado. Na serie dos bañistas sempre hai unha porta que intenta abrir cunha gran chave”.

Segundo ten contado Maya, a filla de Picasso, o pintor non deixaba que ninguén tocara ou lavara os seus pantalóns posto que, entre outras cousas, tiña medo a perder calquera cousa que houbese nos petos, ademais, claro está, das chaves.

O artista envía regularmente á Marie Thérese as súas uñas e os seus pelos cortados para que os conservara para que ningún seguidor/a da maxia negra ou do budú se puidera facer con eles. Cando morreu Marie Thérese, a súa filla Maya atopou eses restos orgánicos envoltos en papel de seda.

A mesma Françoise Gillot (“Vida con Picasso”, 1996) confirma isto cando afirma: “O máis seguro era transportar os cabelos cortados en saquiños, ata un lugar secreto, e alí desfacerse deles. Pablo pasábase meses enteiros co pelo demasiado longo sen decidirse a entrar nunha perrruquería. Se me atrevía a mencionalo, era un drama…” Este medo ao corte de pelo durou ata que Picasso atopou un perruqueiro da súa confianza, Eugenio Arias. Ademais de constatar que boa parte das persoas da máxima confianza do artista era españolas tamén hai que dicir que este Eugenio facía desaparecer os cabelos dun xeito misterioso”.

Outro costume (?) curioso de Picasso era que cada vez que toda a familia tiña que saír da vivenda por unha viaxe, Pablo, segundo conta Françoise Gillot, tiñan que “xuntarnos nunha habitación e ficar sentados sen dicir ningunha verba durante polo menos dous minutos, tras o cal xa podíamos partir tranquilamente. Se durante este ritual un dos nenos (refírese a Claude e a Paloma) ría ou dicía algo, había que empezar de novo. Ou ben Pablo negábase marchar.Ría dicindo “Fágoo porque é divertido. Se moi ben que non vén a conto, pero en fin…”

Chaves, cabelos, viaxes… máis asuntos peculiares? Pois si. Picasso tivo unha temporada na que gozou extraordinariamente das… sesións de espiritismo. Segundo Adrián Maeght, tal e como recolle o neto do pintor, Olivier: “En 1947, Marguerite Ben Houra (coñecida de Picasso)… organizaba veladas de espiritismo nas que facía xirar pratos. Nestas sesións, Pablo estaba tan aterrorizado coma impresionado…” páx. 366.

Citaa de: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

18/4/13

Picasso e a arte negra


Cando coñeceu Picasso a arte negra? Desde cando podemos ver influencia da cultura africana nas súas obras? É unha vella polémica á que o artista malagueño non contribuíu precisamente a resolver.

En 1907 no Museo do Home do Trocadero, Picasso descobre as esculturas e máscaras africanas. Fica abraiado.

Vlaminck, o pintor fauvista e veciño de Picasso, ten varias esculturas de Dahomei e de Costa de Marfil. Véndelle unha escultura a Derain quen a amosa a Matisse e a Picasso. Matisse tamén mercará unha pequena escultura africana que tamén amosaría a Picasso. Coñecía xa Picasso estas obras antes de principiar pintar As señoritas de Avignon?

Boceto para As señoritas de Avignon

Vexamos que dicía ao respecto o propio Picasso:


Señorita africana das prostitutas de Avignon

Sempre se fala da influencia dos “negros” na miña obra. Como evitala? A todos gustábannos os fetiches. Van Gogh dixo: “todos tiñamos algo en común, a arte xaponesa”. No noso caso, eran os “negros”. As súas formas non influíron máis en min que en Matisse. Ou en Derain. Pero, para eles, as máscaras eran esculturas como tantas outras. Cando Matisse me ensinou a súa primeira cabeza negra, faloume da arte exipcia (…). As máscaras non eran esculturas como tantas outras. En absoluto. Eran algo máxico. E por que non as exipcias ou as caldeas? Non nos demos conta. Aquelas eran primitivas, non máxicas. As “negras”, eran intercesores, entón aprendín a palabra francesa. Intercesores contra todo: contra os espíritos descoñecidos, ameazadores. Eu sempre miraba os fetiches. Entón comprendino: eu tamén, eu estou contra todo. Eu tamén creo que todo, todo é descoñecido, ¡inimigo! ¡Todo! Non os detalles. As mulleres, os nenos, os animais, o tabaco, xogar? ¡Senón o todo! Comprendín para que lle servían as esculturas aos “negros”. Por que esculpían así e non doutra forma. Con todo, ¡non eran cubistas! (…) Pero, todos os fetiches, servían para o mesmo. Eran armas. Para axudar á xente a non ser presa dos espíritos, a volverse independentes. Eran ferramentas. Se lle damos unha forma aos espíritos, volvémonos independentes”.

Neste mesmo senso e nesta mesma entrevista, Picasso recoñeza que “As señoritas de Avignon” foron a súa “primeira tea exorcista

Texto citado en André Malraux. La Tête d´obsidienne. París, Gallimard, 1974. 

15/4/13

Picasso e o retrato de Stalin


Un dos asuntos máis coñecidos sobre Pablo Picasso foi a súa relación cos partidos comunista de Francia e de España. Tamén saliéntase con frecuencias nas biografías do malagueño que lle foi concedido en 1950 o premio Lenin da Paz pola URSS. Pero o tema, con respecto á política, que probablemente máis liñas ten ocupado sexa o retrato feito de Stalin (facede unha busca en google e ficaredes abraiados/as) Poderíamos resumir este asunto do seguinte xeito:

Ao morre Stalin, o 5 de marzo de 1953, o xornal do P.C.F., L´Humanité, pediulle a Picasso, un retrato do “Pai dos pobos” para publicar na portada do día seguinte. Seguindo a Gérard Gosslin (“Picasso, la politique et la presse”) sabemos que Picasso non coñecía persoalmente a Stalin e tan só vira algunhas fotos del. Sería a compañeira daqueles anos, Fraçoise Gilot (haberá que escribir algo dela pola repercusión que tivo o seu libro sobre Picasso) recibiu o encargo do artista de atopar algunha foto do líder desaparecido. Só atopou unha foto de cando Stalin tiña uns corenta anos, polo tanto unha foto moi antiga. Tras ver o retrato, parecer ser que Picasso afirmou: “Vale, vale, xa que é Aragon o que a necesita, polo menos vou intentalo”.

Seguindo a Gosslin, Picasso fai “un retrato no que revela a psicoloxía do personaxe. Os resgos da cara, cabelos, ollos, bigote, pescozo, corresponden a diferentes épocas da vida de Stalin e organízanse nunha recreación volumétrica. Picasso debuxou ao carbón, borrando parcialmente, re-traballando cun carbonciño máis intenso para darlle sombras pronunciadas ou degradadas, recalcando cun trazo forte e negro as formas principais, traducindo así a complexidade do personaxe”.

 Que opinades do resultado? Probablemente Stalin sae favorecido: moito máis novo pero… As reaccións non se fan esperar e non todas son positivas.

Vin a un Stalin novo, di Aragon, co carácter nacional xeorxiano moi marcado”. “Non deformou o rostro de Stalin, engade Elsa Triolrt, incluso o respectou. Mais atreveuse a tocalo, atreveuse…” Precisamente o máis comentado do traballo foi o atrevemento de Picasso a “tocar” o rostro do líder, facéndoo máis amigable, menos oficiais e pouco “realista”. Os lectores da publicación comunista Lettres françaises opinan dicían que: “Neste debuxo, onde se atopan reflectidas a bondade, o amor polos homes, a expresión que atopamos en cada fotografía do camarada Stalin?”. “Semellante retrato non se axusta ás dimensións do xenio inmortal do home ao que amamos por riba de todo”.

Igualmente a portada L´Humanité do 18 de marzo, o secretariado do Partido Comunista, afirmaba que “desaproba categoricamente a publicación, en Lettres françaises do 12 de marzo, do retrato do gran Stalin debuxado polo camarada Picasso”, ademais de reprender a Aragon. E é que a postura oficial do Partido Comunista Francés era defensora do chamado “realismo socialista” e non podía aceptar de bo grao ningún xeito de anovación estética.

Citado en Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003, páx. 153

11/4/13

Picasso e "A pel de oso"


A partir de 1913 as obras de Picasso comezarán a ser vendidas a un prezo que permitirán ao malagueño vivir cunha certa comodidade. Mais non é moi coñecido que nesta situación tivo moito que ver un grupo inversor chamado “A pel de oso” creado en 1903.

Este grupo, feito co gallo do Salón de Outono de París, marcárase como obxectivo mercar cada ano obras de arte por un valor duns 2.750 francos (case un 9.000 euros da época) durante uns dez anos e de artistas novos para seren vendidas dez anos despois. O grupo foi creado por un marchante de arte, André Level, que convenceu aos seus irmáns e a un primo. O único especialista en arte, André Level, mercará algunha tea post-impresionista pero sobre todo fauvistas e…”Picassos”. Merca directamente aos artistas, como Matisse e a marchantes, especialmente a Berthe Weill: tres Matisse e unha ducia de obras de Picasso por un total de 2.750 francos.

En 1906, Level pídelle proponlle aos seus socios que gasten todo o orzamento nun só artista, en Picasso. Ante a demanda, outros marchantes tamén tratan de facerse con teas do malagueño.

En 1907, Picasso é quen se pon en contacto con “A pel do oso”, ou se queredes, con André Level xa que os seus primeiros marchantes deixaron de demandar as súas novas obras ante o camiño tanto novidoso que estaba a tomar a súa carreira. Pablo necesita cartos. Ofrece “A familia de saltimbanquis” que pintara en 1905 e sobre o que non recibira unha oferta satisfactoria de Vollard. Level ofrecelle, sen embargo, 1.000 francos (máis de 3.000 euros). Entrégalle uns 300 como sinal e un mes despois o resto do pactado. En 1909, Level merca “Cesta de froitas”.

Pablo Picasso. Familia de saltimbaquis. 1905, óleo sobre lienzo, 
2,12 x 2,29 mWashington, National Gallery.

Ante as adquisicións de “A pel do oso”, outros marchantes desexan volver contar cos favores de Picasso. Mais é Level que merca en 1909 e 1910 as “Tres holandesas” (M.N.A.M. Centro G. Pompidou) e o “Arlequín a cabalo” (colección Mellon, EUA). A partir de 1912 o pequeno presuposto de “A pel do Oso” xa non da para mercar máis obra de Picasso.

Axiña pasaron os dez anos da fundación deste peculiar grupo de investimento na arte máis actual, polo que organízase a primeira venta en puxa (a primeira importante do século XX?) con campaña en prensa e a elaboración dun coidado catálogo. Deste xeito o 2 de marzo de 1914 a expectación é inmensa . No local onde se procederá a venta hai marchantes, intelectuais, celebridades do momento. Que cantidade en vendas púidose acadar? Pensade que o orzamento anual era de 2.750 francos… Pois nin máis nin menos que 116.545 francos (máis de 300.000 euros). Cuadriplicaron o investimento inicial en tan só dez anos. De toda esa cantidade o 27   % corresponde a pezas de Pablo.

Cal sería a resposta da prensa conservadora? Menudo escándalo se montou. Acusaron os compradores, maioritariamente estranxeiros e moitos deles alemáns, de tratar de destruír a arte nova dos franceses ao demandar obras de estranxeiros e dun mal gusto manifesto.

A partir de entón, Picasso deixará de ter necesidades económicas… cando ademais “A pel do oso” decidiu entregar a cada artista o 20% do prezo acadado polas súas obras na poxa. Desde entón Level e o malagueño serán amigos ata a morte do francés en 1946.

Bibliografía: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

8/4/13

Pablo Picasso: nomes e apelidos


Pablo Picasso morreu, debido a un edema pulmonar, aos 91, un 8 de abril de 1973, en Notre Dame de Vie (Mougins, Francia). Está soterrado no seu Castelo de Vauvenargues en Bouches du Rhone. Hai, xa que logo, xusto corenta anos do seu pasamento, motivo polo cal dedicarei todo o mes de abril ao xenial artista, Pablo Picasso. Pablo Picasso? Era ese o seu nome? Seguro?

Casa natal do artista en Málaga

Naceu en Málaga o 25 de outubro de 1881. No seu certificado de nacemento figuran os seguintes nomes: Pablo, Diego, José Francisco de Paula, Juan Nepomuceno, Cipriano de la Santísima Trinidad, Ruiz y Picasso.  Dúas semanas máis tarde, o 10 de outubro, foi bautizado na igrexa de Santiago cos seguintes: Pablo, Diego, José Francisco de Paula, Juan Nepomuceno, María de los Remedios, Cipriano, Santísima Trinidad (Na wikipedia figura: Crispiniano de la Santísima Trinidad) Ruiz y Picasso»).

E os apelidos? Picasso, Ruiz y Picasso?

Vexamos. Un dos netos do pintor, Oliver Widmaier, conta que o noso Picasso sempre empregou os apelidos que lle deu a gaña. Os seu pais eran José Ruiz Blasco e  María Picasso López, polo tanto o pintor debería empregar, segundo a lexislación vixente en España a finais do século XIX, os apelidos Ruiz Picasso. Entón, por que só Pablo Picasso? Pois parece ser que Ruiz parecíalle moi común e nada afortunado desde un punto de vista sonoro, mentres que Picasso co dobre s era “máis estraño, máis sonoro”. Nalgunha ocasión cometáralle a alguén “Por certo, ten se fixado que o “s” repetida no apelido de Matisse, de Poussin, do Aduaneiro Rousseau?”

Parece ser que o primeiro en chamarlle só Picasso foi o seu amigo Sabartés, mentres que unha das primeiras persoas decisivas na traxectoria artística de Pablo, Gertrude Stein, afirmara que o apelido materneo era moi “chamativo”. E Braque, o colega do cubismo,  non lle chamaba polo nome senón polo segundo apelido.

E que opinaba o seu pai do emprego como nome artístico do apelido materno? Non o sabemos pero si é certo que Pablo escribíralle á nai  para asegurarse que a súa decisión artística de empregar Picasso era ben comprendida por  José Ruiz.

As citas procenden de Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

18/6/12

Picasso: Maya e a Liberación de París



A primeira filla de Picasso, Maya, naceu o 5 de setembro de 1935, cando o seu pai tiña 54 anos. Foi inscrita no rexistro co nome de María de la Concepción, como a irmá morta do pintor. Mais de Conchita, axiña pasou a ser chamada María pero como a nena non era que de pronuncialo correctamente, foi chamada como o facia a cativa: Maya.

Mirade que historia tan curiosa podemos ler a base de testemuñas nos días da Liberación de París na II Guerra Mundial (por certo, hai moito que contar sobre Picasso e os nazis…)

Conta Maya (nove anos) que como durante a guerra case non saían na súa vivenda “Como a acuarela tarda moito en secar, papá fixera unha montaxe ao redor de todo o salón con cravos e cordas, e colgabamos as nosas obras unhas á beira das outras con pinzas de roupa”.

Texto citado en Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

Maya lembra que “Cando os americanos chegaron, contoume a miña nai  -que garda intactas na súa memoria as imaxes destoutro “desembarco”-, empezaron por facerlle fotos á última obra de Picasso. Puxemos un gran retrato que me fixo o meu pai, vestida co meu pequeno delantal vermello, sobre unha cadeira española cun casco americano (é o mesmo cadro que presidía o comedor da miña infancia en Marsella). Aos americanos pareceulles que era unha foto moi fermosa: o casco americano sobre a cadeira e, detrás, o cadro de Picasso. Como tiñan ganas de facer máis fotos, fotografaron todas as obras que había colgadas polo salón na corda tendida…  O máis terrible é que papá e eu mesturaramos as nosas obras cando as puxemos a secar: papá, Maya, papá, papá, Maya…  Fixeron as fotos sen preguntar nada e enviáronas a Estados Unidos. E os xornais publicaron as últimas obras de Picasso…  En casa rímonos moito porque fotografaran as miñas obras ¡e atribuíronllas a Picasso!

Texto citado en Patrick O´Brian. Pablo Ruiz Picasso. París, 1979.

Outra visión coincidente é transmitida por Françoise Gilot (única das múltiples mulleres de Picasso que o abandonou, levándose aos dous fillos, Paloma e Claude) 

…de golpe, Picasso converteuse no “home de moda”. Durante as semanas posteriores á Liberación non se podía camiñar polo seu estudo sen tropezar cos corpos deitados dalgúns soldados americanos. Todos ían ver a Piaso, pero estaban tan cansos que apenas se tiñan forzas para chegar ata o estudo antes de caer rendidos. Unha vez contei  vinte mozos adormecidos, en distintos lugares do estudo. Ao principio, eran sobre todo novos escritores, artistas, intelectuais; despois, eran como turistas. No primeiro lugar da súa lista, xunto á torre Eiffel, estaba o taller de Picasso”.

Françoise Gilot. Vivir con Picasso. Barcelona, Ediciones B, 1991.