Mostrando entradas con la etiqueta Premio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premio. Mostrar todas las entradas

10/1/14

Premio DARDOS

Nos últimos días varios amigos e amigas téñense detido en INICIARTE para agasallalo co premio DARDOS. Estes amigos foron Gonzalo Durán de Linea Serpentina, referencia na historia da arte. Ana Rey de Arel-Arte, mestra en presentacións e en analizar temas, e XoséA, de O blog de Xosé Antón, compañeiro, veciño e un dos "bos e xenerosos". Noutras ocasións recibín mencións semllantes ás que non fixen demasiado caso. Pero agora veñen de compañeiros e amigos polo que debemos ser agradecidos.

A todos eles moitas grazas.

Parece ser que ao aceptar esta distinción, outorgada pola creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos, debemos recoñecer o labor doutros quince blogueiros e blogueiras. Obviamente as tres persoas que se lembraron de INICIARTE tamén deberían ser recoñecidas desde aquí, mais para non ser redundantes, aí vai a miña lista de seleccionados en orde alfabética:

-Alfibai, de Ramón Noche (Lugo), compañeiro de viaxe formativo e mestre on-line.
-Biblioafonso, da Biblioteca do IES Afonso X (Cambre)... tirando para casa.
-Capítulo Cero, de Manuel Gago (Santiago), imprescindible para a arqueoloxía e a gastronomía.
-Clío bogue, de Henrique Hervés (Lugo), o máis novo da lista pero coñecendo ao seu autor dará mioto xogo.
-Desordenadas Lecturas, de Beatriz González (Monforte), literatura en estado puro, compañeira de batallas e cafés esporádicos.
-Didatticarte, de Italia, exemplo da beleza artística dun país.
-La anomalia, de Antonio Moreno (Salamanca), reflexións políticas desde unha perspectiva filosófica. Imprescindible.
-Mademoiselle SanDrillana, de Sandra Rodríguez (Carballo), docente e persoa admirable onde as haxa.
-Mujer y Evolución, de Montserrat A (Barcelona-Santiago de Chile), novo, fresco, variado e sempre interesante. Desde Cataluña para o mundo.
-O blog de Sociais, de Marta Arias (Lugo), referente en formación para docentes de CCSS.
-O segrel do Penedo, de Loly Lago (Fene), da biblioteca do IES de Fene. Para min TODO.
-O sorriso de Daniel, (Santiago), non se pode estudar, coñecer, amar máis a arte románica.
-Revolta da freixa, un referente no idioma.
-Roteiros galegos, de Fran Méndez (Santiago), un puro camiño de beleza pola nosa terra.
-Xarxa Tic, de Jordi Martí (Barcelona), divulgación para docentes despertos e reflexións para docentes vivos.

4/5/11

Finalista no V Premio Espiral Edublogs 2011



Pois efectivamente, e por terceiro ano, este blog foi designado Finalista na quinta edición do premio internacional de blogs educativos, Edublogs 2011. Moitas grazas.

20/4/09

INICIARTE: Finalista nos III Premios Espiral Edublogs 09



O xurado dos III Premios Espiral Edublogs 09 tivo a ben declarar a INICIARTE como blog finalista. Toda unha honra e unha ilusión.

Son moitos os blogs amigos que tamén mereceron o calificativo de finalista, pero, antes de citalos, deixádeme que amose a miña ledicia por Biblioafonso, blog colectivo da biblioteca esccolar "O Bosque Animado" no que tanto tempo, ilusión e cariño levamos posto. Outras bibliotecas amigas tamén son finalistas: Bibliocabe, Bemilladoiro. Ademais outros colegas de arte tamén son finalistas: Enseñ-arte e Linea serpentinata.

Boa sorte a todos e todas.

27/11/08

Premio para a biblioteca do IES Afonso X

Biblioafonso, bitácora da biblioteca do IES Afonso X O Sabio, e blog irmán de Iniciarte, infórmanos de que veñen de obter o "III Premio nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibiotecas de los centros escolares" do Ministerio de Educación.
Fermoso recoñecemento para a unha biblioteca que aínda está a medrar. Emoción, múltiples correos de felicitación (van máis de 60 en 30 horas), chamadas teléfonicas (desde a Directora Xeral de Ordenación Educativa a infinidade de amigas e amigos). Pero tamén tristura polas amigas e amigos que merecían máis ca nós o premio e non o recibiron.
Parabéns e tremenda ledicia, que c...arai.

7/5/08

II PREMIO ESPIRAL DE BLOGS EDUCATIVOS: FINALISTA

Iniciarte acaba de recibir a nova de que é un dos blogs finalistas na 2ª edición dos Premio Espiral a blogs eductivos.


MOITAS GRAZAS A TOD@S