Mostrando entradas con la etiqueta Guernica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guernica. Mostrar todas las entradas

20/7/08

"Guernica": nuevo parte médico

Extracto da noticia publicada hoxe por El País.



Un cuadro es un ser vivo. Y el Guernica, además, tiene privilegios. Por eso se le trata, se le cuida, se le examina constantemente. Está en permanente vigilancia. Los técnicos del Museo Reina Sofía le están haciendo su último gran chequeo. Una radiografía que ayudará a profundizar en sus heridas, sus genes, los detalles de su vida. La suya ha sido larga, estelar e intensa, no como la de otros cuadros. EL PAÍS ha tenido acceso en exclusiva al último examen realizado a fondo a la obra de Pablo Picasso. El anterior tuvo lugar hace 10 años. Pocos daños ha sufrido desde entonces más allá del desgaste propio del tiempo. Pero la conclusión es clara: "Se encuentra estable dentro de la gravedad", asegura Jorge García Gómez-Tejedor, jefe del departamento de conservación y restauración del Museo Reina Sofía, de Madrid.

El nuevo examen repite casi paso a paso el anterior y comprueba todo daño por daño: "Le hemos aplicado una radiografía completa con acceso al reverso de la obra", comenta Jorge García.

Para ello, hace unos meses, lo movieron y lo descolgaron aprovechando también que había que hacerlo para la última exposición retrospectiva sobre el pintor en el Reina Sofía. Fue entonces cuando decidieron hacer todo más o menos en secreto, sin que trascendiera a los medios de comunicación. Los técnicos lo radiografiaron y lo trataron durante 10 días. "Más que en secreto lo hicimos con discreción", aclara García. "Le aplicamos una placa y una reflectografía. Le sometimos a un disparo de una hora", relata el conservador.

Para ello hubo que descolgar el cuadro, juntarlo con el material en que quedaría reflejada la irradiación y volverlo a colocar en la pared. "No le vino mal. Hacía siete años que no lo movíamos y hay que limpiar el polvo y demás cosas que se acumulan con el tiempo en cualquier resquicio", comenta García. Fue él quien se encargó de dirigir cuidadosamente cada paso del operativo en la época que todavía llevaba Ana Martínez de Aguilar el museo en calidad de directora.

Una obra deseada, pero que apenas resistiría ya emociones fuertes sin ser dañada: "Goza de una mala salud de hierro", comenta el restaurador. "Ha sufrido mucho y por eso necesita cuidado especial".

El estudio sigue adelante. No ha terminado. Lo más delicado ha sido la operación de la radiografía, en la que han participado unas 30 personas que manipularon cuidadosamente el cuadro. Ahora es objeto de más pruebas. Una colorimetría para analizar a fondo el color lleno de matices blancos, negros, grises. Pero faltan cosas: "Un escaneado, más fotos en alta resolución tomadas parte a parte. Un estudio de infrarrojos para llegar a fondo a las transparencias del color".

Todo quedará listo en 2010. Será entonces cuando se presente el nuevo estudio completo del cuadro. Vendrá a ampliar aquel diagnóstico importante y ambicioso que se llevó a cabo hace 10 años, cuando dirigía el museo José Guirao.

5/6/08

O Guernica de Picasso: estudos previos

Preséntovos hoxe algún dos traballos que realizou Picasso no mes de maio de 1937 para a realización do Guernica.



Estudo de composición (IV), 1 de maio de 1937

Un dos primeiros estudos, aínda con formas confusas que serán suprimidas. É un debuxo de grafito e óleo de gran calidade artística. É o ultimo debuxo dos realizados durante a primeira xornada e é o estudo de grupo máis completo dos traballos iniciais. Xa están aquí catro personaxes básicos: o touro, o cabalo, a portadora da luz e un guerreiro con lanza. Tamén aparecen definidos os principais elementos arquitectónicos do cadro definitivo.


Estudo de composición (VII), 9 de maio de 1937
É o primeiro gran boceto onde coloca a todos os elementos conxuntados. Xurde por primeira e única vez unha roda como elemento central. Hai que salientar a presenza, en primeiro termo, de moitas figuras contorsionadas e xacentes. Xa está presente a forza da cor negra, tan importante no cadro definitivo. Polas xanelas das construcións xorden numerosos brazos humanos cos puchos pechados, que logo serán suprimidos.



Nai con neno morto na escaleira (II), 10 de maio de 1937




A nai está fuxindo pola escaleira do lume con seu neno morto no colo. Fai un uso expresionista da cor, dominando o amarelo do fondo e a violencia dos vermellos e azuis. A cor negra do lume fai que a composición sexa moi agresiva.









Estudo para cabeza de touro, 20 de maio de 1937


Fixo moitos estudos para esta cabeza do touro. Comezara facendo un animal con rasgos humanos que neste debuxo están case desaparecidos, mais permanece, dos traballos anteriores, a mirada impasible e un certo aire de saudade.



Nai con neno morto (IV), 28 de maio de 1937

Este é o único boceto no que o neno ten a boca aberta, probablemente pola dor causada pola frecha que ten cravada. Esta frecha na obra definitiva foi trasladada ao cabalo. Este boceto de grafito, gouache e cor é un auténtico collage xa que engadiulle cabelos humanos colocados no centro da composición.





As imaxes proceden de: Guernica. Legado Picasso. Madrid, Ministerio de Cultura, 1981

4/6/08

O Guernica de Picasso: fotografías da súa elaboración

Tras a visita a Madrid, quero lembrar hoxe algo da obra de arte que máis interese tiña o alumnado en ver: o Guernica de Picasso. Iniciarte xa fixo algunha entrada sobre esta obra e varias sobre Picasso.

Dora Maar, que en realidade chamábase Henriette Theodora Markovitch, foi a parella de Picasso mentres este realizaba o encargo do goberno da II República. Durante os cinco meses que lle levou ao artista malagueño realizar a obra, Dora fixo un total de 58 fotografías que foron vendidas en poxa pública en 1998 por un total aproximado de 1.400.000 euros.

Se queredes coñecer mellor a esta fotógrafa recoméndovos o libro “Dora Maar con y sin Picasso

A continuación podedes ver unha selección das fotos realizadas por Dora Maar sobre o Gernica no taller do pintor.







Bibliografía e fotos: Guernica-Legado Picasso. Madrid, Ministerio de Cultura, 1981.

18/5/08

O Guernica en tres dimensións

Para responder ao encargo do goberno da II República para a pavillón español da Exposición Internacional de París de 1937, Pablo Picasso realizou un enorme lenzo (349,3x776,6 cm) representando o bombardeo recibido pola vila de Guernica o 26 de abril de 1937. Xa saberedes que este cadro é un dos máis importantes da historia da pintura española e occidental do século XX. Mais hoxe, INICIARTE que na súa portada conta cos ollos do artista malagueño, quere presentárvolo dun xeito distinto.
Vía o Capitán K que edita os seus post, de cando en cando, en A Nosa Biblioteca, coñecín este vídeo no que podemos admirar o cadro en tres dimensións.
Para gozar.




Máis información sobre o Guernica na páxina oficial do Museo Reina Sofía.