Aplausos, aplausos, aplausos. Minutos de aplauso puxeron o remate á presentación de Tradiccion, o terceiro espectáculo de Nova Galega de Danza. O a ateigado de público Teatro Rosalía Castro deu as súa aprobación entusiasta a esta compañía de danza e música, de fonda raigame coruñesa.O seu anterior espectáculo, Alento, xa fora moi alabado pola crítica, tanto galega como estatal, sende merecedor de varios premios.
Para os que non sabemos amar a danza (o descoñecemento fíxome sempre amosar un desinterese por este xeito de expresión artística) foi toda unha sorpresa. Os sete espléndidos bailaríns, con formación clásica, foron quen de presentar un traballo no que, partindo do baile tradicional galego, amosaron os novos vieiros da danza contemporánea, bailando ao carón dunha música que, tamén tendo unha base tradicional, fíxonos emocionar cos seus aires de jazz e blues.
A dirección artística é de Jaime Pablo Díaz e de Vicente Colomer, mentres que a dirección musical é de Pedro Lamas.
Un magnífico espectáculo que todas as persoas descoñecedoras da danza contemporánea deberían ver.
Un magnífico espectáculo que todas as persoas descoñecedoras da danza contemporánea deberían ver.
Aplausos, aplausos, aplausos.
