Nesta espectacular edificación hai outros elementos realmente salientables, tal como nos conta Turismo de Ourense:
O claustro é Gótico-Renacentista, de amplas e fermosas
proporcións, dun só corpo, con arcos de medio punto, con tímpanos calados, apoiados en machones cubertos de nervaduras; é de forma cadrada e ten teito de
madeira. Foi construído a primeiros do século XVI.
Nos muros interiores ten elementos do primitivo claustro románico.
No interior do claustro, atópanse
uns sartegos románicos dos fundadores do
primitivo mosteiro, Aldara e Gonzalo. No
da Aldara figura, unha A e unha media lúa en cuarto crecente, na pedra
tapadeira. No sartego de Gonzalo figura unha espada alongada, na pedra que a
cobre, e dúas aves mirando á cabeceira.
Na segunda metade do século XIX e comezo do XX foi empregado como cemiterio. Ao longo do
tempo pasou por destrucións, abandonos e diferentes restauracións.
No interior do templo e na esquerda, un retabulo, tamén barroco, ten no centro unha
imaxe da Virxe do Carmen e por arriba dela San Agustín, copatrón da ex-colexiata. Neste retablo hai
outras imaxes de valor artístico como, un San Martiño de Circuítos do século XVI; ou a Santa Mª. Magdalena atribuída
a Cornelis de Holanda.
Na nave esquerda,
no muro lateral, preto da entrada á sancristía, hai baixo un arco conopial, un pequeno retablo cun grupo de
imaxes formado por Santa Ana, San Xoán Bautista e San Xaquín, conxunto do século XVI. En leste mesmo muro, sobre unha
peaña, atópase unha Virxe do Rosario, fermosa talla barroca.
O retablo maior é
unha obra interesantísima da arte
renacentista con influencias flamencas
das primeiras décadas do século XVI.
Son tres os mestres autores: Mestre Xoán, entallador; Gaspar Salgado, imaxineiro; Pedro Belo, pintor.
Tumba funeraria do Cabaleiro Álvaro Sotelo, (1508),
colocada baixo un arco de pedra, sobre o que está o Órgano. Sepulcro pétreo en forma de arca e cunha figura de
cabaleiro xacente; é o único que
permanece na igrexa.
O órgano: Esta
igrexa tivo o longo da súa historia tres órganos ; o terceiro, e actual, data
de 1759; é un órgano típico hispano
churrigueresco; a súa caixa barroca finaliza no alto cunha fermosa talla
de Santa María cos anxos aos seus pes.
Está actualmente en uso, e nel danse, anualmente a finais de Agosto, concertos
por expertos organistas nacionais e estranxeiros.
O coro: de
madeira de nogueira, estilo plateresco
que foi construído entre os anos 1530 a 1540; posúe unha rica iconografía, a
base de grutescos e personaxes bíblicos,
dentro dun depurado estilo. Estaba colocado no fondo da nave central e hoxe en
día retirado á antiga Sala Capitular,
contigua á Sancristía.