Mostrando entradas con la etiqueta Arte paleocristiá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte paleocristiá. Mostrar todas las entradas

15/2/21

Pía bautismal de Santo Agostiño na catedral de Milán



Unha das causas interesantes que se pode facer na impresionante catedral de Milán é visitar as escavacións arqueolóxicas para apreciar tanto os restos da Basílica de Santa Tegra como as ruínas do Baptisterio de San Giovanni alle Fonti, que data do ano 387 aproximadamente e é moi relevante porque se di que foi alí, nunha gran pila bautismal octogonal, que San Ambrosio bautizou a Santo Agustiño.






28/10/13

Crismón de Quiroga: arte paleocritiá en Galicia

S. V d.C. Mármore branco-grisáceo con vetas. 94,5 cm de diámetro x 6 cm de grosor
Texto: AURUM VILE TIBI EST ARCENTI PONDERA CEDANT (hereda) PLUS EST QUOD PROPIA FELICITATE NITEs (O ouro é cousa vil para ti; non digamos xa a prata; é moito máis o que brillas pola túa propia felicidade)
Orixe: Igrexa parroquial de Santa María da Ermida (Quiroga, Lugo)
Depositada en: Museo Diocesano de Lugo.

Texto do admirado Filipe Arias:
“Placa circular de mármore (tal vez das canteiras de O Incio, sitas a pouca distancia), ocupada no centro cun gran monograma de Cristo entre as letras gregas alfa e omega. Polo seu borde, entre dúas liñas paralelas de bolas ou pérolas (as do exterior un chisco máis grandes), leva unha inscrición que dá a volta ao disco e que se inicia tamén cun pequeno crismón. As letras son de tipo capital romano moi coidadas.

O reverso é liso pero con sinais de repicado, posiblemente para fixalo sobre un soporte metálico. Tamén está picada a parte interior do gran crismón e das letras centrais, quizais para seren cubertas ou enchidas por placas de metal, tal vez de bronce.

En conxunto, resulta unha peza de grande perfección e estilo coidado, a ton coa textura do seu soporte material marmóreo. Quizais tomando como modelo iconográfico pezas metálicas logo moi difundidas, como as patenas, o disco de Quiroga foi feito probablemente para servir de mesa de ofrendas (logo, de altar), en posición horizontal (Schlunk e Arias), e non para empotrar nunha parede ou fachada vertical (Castillo, Vives e Palol), a teor, sobre todo, da disposición das pérolas exteriores.

A decoración de ringleiras de pérolas, o trazado do crismón, e o debuxo do alfa cun dos lados en forma de “S”, así como o tema do texto, levan a esta peza monumental ás primeiras décadas do s. V (entre o 410 e o 425).

Segundo Fontaine, o texto, en hexámetros, céntrase nunha exhortación ao rexeitamento das riquezas materiais (ouro e prata), opoñendo a estas os valores morais da felicidade cristiá. A orixe deste dístico está nos textos do Antigo e Novo Testamento, nalgúns autores do s. I a.C. e en particular nos escritos dos Pais da Igrexa, como San Xerome. A aparición deste tema no texto do disco de A Ermida, co seu significado moral e relixioso, evidencia a presenza de elementos cristiáns cultos na comarca de Quiroga. Advírtase que a invitación a non darlle importancia ás riquezas materiais, faise precisamente nunha zona sita entre enormes explotacións mineiras auríferas de O Caurel e as do río Sil (Montefurado, As Médulas).

Na mesma igrexa de A Ermida teñen aparecido, e aínda se conservan alí, outras pezas de mármore como dúas basas, unha placa e dous capiteis de orde corintia, todo datable na primeira metade do s. V, o que permite pensar na existencia dun importante núcleo ou igrexa paleocritiá neste lugar (de topografía orixinal posiblemente castrexa), e vencellado aos asentamentos tardorromanos (tipo castelos/vilas) da comarca do Sil (Pena Dominga, A Cigarrosa…), e en todo caso moi senlleiro polo seu carácter excepcionalmente culto e requintado.

Cita de Filipe Arias “A conquista e a integración do noroeste no Imperio Romano”. En Galicia no Tempo. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1990, páx. 128.

Outra bibliografía: 
A arte galega. Estado da cuestión. Santiago, Cosello da Cultura Galega, 1990.
100 Obras mestras da Arte Galega. Vigo, Nigra, 1996.

11/11/10

A basílica paleocristiá segundo Bruno Zevi

A DIRECTRIZ HUMANA DO ESPAZO CRISTIÁN
Na enciclopedia da arquitectura helenística e romana, os cristiáns tiveron que elixir as formas para o seu templo e, alleos tanto á autonomía contemplativa grega como á escenografía romana, seleccionaron o que había para eles de vital en ambas as experiencias precedentes, casando a escala humana dos gregos coa conciencia do espazo interno romano. En nome do home, produciron no espazo latino unha revolución funcional.

A igrexa cristiá non é xa o edificio misterioso que oculta o simulacro dun deus, en certo sentido tampouco é simplemente a casa de Deus, senón o lugar de reunión, de comuñón e de oración dos fieis. É lóxico que os cristiáns inspiráranse na basílica mellor que no templo romano, xa que ela constituíra o tema social do mundo edilicio precedente. Tamén é natural que, a miúdo, tendesen a reducir as proporcións da basílica romana, xa que unha relixión do íntimo e do amor esixía un escenario físico humano, creado a escala daqueles a quen tiña que acoller e elevar espiritualmente. Esta foi a transformación cuantitativa ou dimensional; a revolución espacial consistiu en ordenar todos os elementos da igrexa na liña do camiño humano.

"Se comparamos unha basílica romana, por exemplo a de Traxano, e unha das novas igrexas cristiás, como Santa Sabina, atopamos relativamente poucos elementos diferenciadores aparte da escala; pero eles significan unha palabra profundamente nova na idea e no expoño do problema espacial. A basílica romana é simétrica respecto dos dous eixos: columnata fronte a columnata, ábsida fronte a ábsida. Crea, por conseguinte, un espazo que ten un centro preciso e único, función do edificio, non do camiño humano. Que fai o arquitecto cristián? Practicamente dúas cousas: 1) suprime unha ábsida, 2) despraza a entrada á beira menor. De este xeito rompe a dobre simetría do rectángulo, deixa soamente o eixo longitudinal e fai del a directriz do cambio do home. Toda a concepción do plano e a espacial, e xa que logo toda a decoración, teñen unha soa medida de carácter dinámico: a traxectoria do observador

(…) Os gregos alcanzaran a escala humana nunha relación estática de proporción entre a columna e a estatura do home. pero a humanidade do mundo cristián acepta e glorifica o carácter dinámico do home, orientando todo o edificio segundo o seu camiño, construíndo e encerrando o espazo ao longo do seu andar".

Bruno Zevi. Saber ver la arquitectura. Barcelona, Apóstrofe, 1998, pp.62-63.