18/12/17
Guía das igrexas románicas da Ribeira Sacra
25/7/11
Arqueoloxía romana en Sardeña

Como ben me lembra unha querida amiga que agora anda por Etiopía, hai que ter amigos ata no inferno. Pois ben, INICIARTE, ten amigos e amigas que nas súas viaxes non esquecen os intereses deste blog. O coñecido atléticamente como “Comensal austero” (motor diesel que ao que ningunha costa rebenta) tivo a ben agasallarme co libro “Archeologia e storia dell´arte romana in sardegna” da profesora Simonetta Angiolillo.
Trátase dunha fermosa publicación que percorre os principais xacementos romanas na illa ao tempo que pon en valor as estreitas relacións, políticas e culturais, co resto da civilización romana. Destácase o vencellamento cultural entre púnicos, romanos e autóctonos con evidentes probas nos eidos lingüísticos, administrativo, relixioso cultural e artístico tanto ao longo da República como do Imperio.
Simonetta Angiolillo (Torre Pellice, 1945), é profesora de Arqueoloxía e historia da arte grega e romana en Cagliari. Os seus intereses de investigación afectan principalmente a cultura artística de idade arcaica en Atenas e os carácteres e as dinámicas do proceso de romanización de Sardeña, con especial atención ao estudo do mosaico e da escultura. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Sardeña así como en Turquía. É autora de numerosos artigos especializados e monografías.
Un fermoso agasallo. Toda unha guía de viaxe para a época romana pola Sardeña: fotografías, planos, debuxos de pontes, caalzadas, vilas, teatros, anfiteatros, vilas, mosaicos… Moitas grazas.
1/12/09
A historia de España a través da pintura

É unha historia de España e da arte en 50 capítulos e 566 páxinas, desde a Idade Media ata hoxe mesmo. Todos son episodios transcendentais. Fusi fai unha síntese do momento e Calvo elixe a imaxe artística que mellor retrata ese período. Son obras que, dentro da máxima calidade artística, axudan ao lector a unha rápida comprensión da historia. Fusi e Calvo quixeron facer un libro tan didáctico como útil, que se poida ler seguido ou por capítulos elixidos ao capricho.
A idea ocorréuselle Fusi fai máis de tres anos. Ambos partiron do convencemento de que xa non se pode contar a historia a través de illotes políticos ou económicos. En plena globalización, a historia debe contarse baixo un prisma cultural.
Profesores e críticos, os dous autores confesan haberllo pasado tan ben mentres traballaban que tiñan medo de que algo gafara o resultado. Non había razóns para eses temores. O encontro foi tan frutífero que mentres traballaban neste libro, "naceulles" outro, Pola independencia, publicado tamén en Taurus o pasado ano.
Tanto Fusi como Calvo traballaron convencidos de que a arte, neste caso a pintura, é unha fonte histórica de primeira orde. Os cadros escollidos para este libro non son meras ilustracións. Van todos moito máis alá. E xunto ao retrato dos protagonistas (Felipe IV, Felipe V) e as escenas de batallas inclúense paisaxes ou bodegóns que teñen un significado cheo de claves.
Texto (con nova completa) e foto vía El País.
27/7/09
Roberto González Fernández. Punto e seguido

Ilustracións vía: RGF
23/7/09
Vigo, a cidade das ondas
Outro dos libros recibidos como agasallo é Vigo. A cidade das ondas con fermosos textos do xornalista Eduardo Rolland e fotografías de Javier Teniente. O libro comezo coas seguintes palabras:
“Desde as illas Cíes, que a gardan do Atlántico coma sentinelas, ata a paz da enseada de Rande, onde o mar se fai espello, a ria de Vigo escintila de vida. A cidade, extensa, téndese nun sinuoso carrusel desde as alturas do Castro ou da Guía, para caer logo polos vales suaves da terra do Fragoso. Desde a ria, a urbe é rotunda, sólida, de altos edilicios e un longo porto ao que se arriman os xigantes do mar. En moitos recunchos, a cidade exhibe o seu poder económico, a súa forza. Pero, noutros, transpórtanos ao Vicus que foi, ao sinxelo burgo mariñeiro sobre un estuario natural de prodixio".
22/7/09
Architecture in the Netherlands

Recolle obras de catorce arquitectos algúns moi coñecidos internacionalmente (Rem Koolhaas ou MVRDV) e outros tan só admirados en Holanda. Un interesante recurso para coñecer que se está a facer dun dos países máis interesantes, arquitectonicamente falando.
21/7/09
Arquitectura racionalista en Vigo
Preséntovos a partir de hoxe algúns dos libros de arte que recibín
O arquitecto vigués, licenciado na Coruña, José Luis Varela Alén, comisario de varias exposicións do COAG en Vigo, é o autor desta Arquitectura racionalista en Vigo, editado pola Fundación CaixaGalicia en 2004.
Conta cunha excesivamente pequena introdución sobre o movemento racionalista em España e en Galicia, para logo analizar, cun criterio de ubicación e finalidades, algunhas das construcións racionalistas máis salientables da cidade olívica tanto das existentes como das desaparecidas. Aporta fotografias e algúns planos. Remata con seis pequenas biografias doutros tantos arquitetos.
3/6/09
Esfinxe de Carlos L. Medrano
Relatos de pensamento creativo.
Tomo palabras de Carlos L. Medrano (o autor) para presentárvolo:

Este libro convídate a coñecer outros enigmas, outros Edipos e outras Esfinxes. Ó longo das súas páxinas irán desfilando detectives, espías, atletas, piratas, esploradores, princesas... e tamén xente común e corriente. De páxina en páxina viaxarás desde o Exipto de Cleopata ó Nova York do crack de 1929, dende a Samarcanda de Tamerlán á vila mariñeira de Portonovo. Algúns destes relatos son vellos clásicos que de seguro xa coñeces; outros, en troques, serán novos para ti e faránche cavilar un pouco.
En calquera caso, como todo aventureiro ou aventureira que se prepara para un desafío, ti tamén debes dispoñer as túas armas e ferramentas. As que máis che axudarán son, sen dúbida, a atención a lóxica, a intuición e a imaxinación.
Hai enigmas fáciles, medios, difíciles, moi difíciles e diabólicos. Vamos, coma para non aburrirse.
Unha pequena xoia editada por tresCtres na súa colección Polipatín que pode ser usada como material de aula... ou como nos pete. Unha caixa de sorpresas que non rematan... nin no apartado das solucións.
24/5/09
Editadas as memorias de Robert Capa durante a Guerra Mundial
Robert Capa siempre ambicionó que su vida se convirtiera en un guión cinematográfico. Quizá por eso, bautizado Endre Friendmann en Budapest en 1913, descubrió enseguida que con ese nombre no llegaría muy lejos. Robert Capa, el personaje de película, nació en 1936 y murió en Indochina en 1954. Y a su imbatible estatura mítica contribuyó Ligeramente desenfocado, sus memorias de la II Guerra Mundial, editadas en 1947 en EE UU por Henry Holt y que ahora publica por primera vez en español La Fábrica.
De las 106 imágenes del desembarco de Normandía sólo se salvaron ocho.
El libro compagina la rigurosa precisión de los hechos históricos con un menos comprobable trasfondo de anécdotas, flirteos, noches de whisky y de champaña. Pero sobre todo, Ligeramente desenfocado es el diario de un fotógrafo comprometido con la guerra. Un tipo que embarcó en Nueva York hacia Europa en 1941, enviado por la revista Collier's, y aguantó hasta el final. Es cierto, Capa frivoliza con sus planes para pasar la primera noche en el Savoy. Pero una mañana, durante su estancia en la base de los B-17 y tras haber fotografiado el regreso a casa de un piloto muerto, sienta las bases de su ética: "Mientras me afeitaba, mantuve una conversación conmigo mismo acerca de la imposibilidad de ser reportero y hacer gala al mismo tiempo de un espíritu compasivo. Las fotografías de los aviadores matando el tiempo en el aeródromo darían una impresión equivocada si no se mostraran también las imágenes de los heridos y los muertos".
El clímax del relato lo marca la participación en el desembarco de Normandía. La Oficina de Relaciones Públicas dejó sólo que cuatro fotógrafos acompañaran a las primeras fuerzas invasoras. Uno era Capa. "El corresponsal de guerra tiene en sus manos su mayor apuesta, su vida, y puede elegir el caballo al que apostarla, o puede guardársela en el bolsillo en el último segundo. Yo soy un jugador", escribe. Una opción que su hermano, Cornell, comenta en la introducción de Ligeramente desenfocado: "Al tomar esta decisión seguía el consejo que muchas veces daba: 'Si no son lo suficientemente buenas es porque no estás lo suficientemente cerca".
A su regreso al USS Chase, del que había partido su barcaza, llevaba las mejores fotos del desembarco del 6 de junio de 1944. Sin embargo, como él cuenta, "un emocionado asistente de laboratorio había aplicado demasiado calor al secar los negativos; las emulsiones se fundieron y se destintaron". De 106 fotos que había tomado, sólo se salvaron ocho. Capa entró en París el 25 de agosto de 1944 en un tanque manejado por republicanos españoles que formaba parte de la 2ª Acorazada Francesa. Esa noche durmió en el Ritz. Igual que Hemingway.
Texto e fotos vía El País.
2/5/09
Nova publicación sobre J. A Corrales e a Unidade Veciñal nº 3
A páxina web do Colexio de Arquitectos de Galicia (o COAG) anunciaba así a presentación do libro:
"Concibida por Miguel Toba Blanco, José Antonio Corrales. Unida
de veciñal nº 3 é unha completa e documentada monografía sobre esta unidade residencial -un proxecto de mediados dos 60 vinculado ás teorías do Movemento Moderno-, situada no `sector B do polígono de Elviña`, ao leste do acceso principal á cidade: unha actuación urbanística de cinco unidades veciñais, prevista no Plan Xeral de Ordenación de 1965, concibido por Molezún, Pagola e o propio Corrales. Inclúe, ademais, os testemuños doutros tres integrantes do equipo multidisciplinar que participou na intervención: Bescansa, Albalat e Milagros Rey. A profusión de planos, documentos e imaxes, inéditas en moitos casos, completa un xenuíno e fiel testemuño tanto dos condicionantes económicos, políticos e sociais da época, coma do desenvolvemento urbano de A Coruña; pero, tamén, do brutalismo desta obra clave de Corrales. Os anexos inclúen unha visión do estado actual do conxunto, así como unha comparativa gráfica que deixa patente a súa deterioración; unha entrevista a propósito dun intento falido de recuperación e un DVD da conferencia Barrio e cidade que Corrales ditou no COAG de A Coruña, en abril de 2006".Máis información sobre o acto.
25/12/07
Umberto Eco. Historia de la fealdad. Lumen, 2007
Ao longo dos séculos, filósofos e artistas foron proporcionando definicións do belo e grazas aos seus testemuños púidose reconstruír unha historia das ideas estéticas a través dos tempos. Non ocorreu o mesmo co feo, que case sempre se definiu por oposición ao belo e ao que case nunca se dedicaron estudos extensos, senón máis ben alusións parentéticas e marxinais. Por conseguinte, se a historia da beleza pode valerse dunha extensa serie de testemuños teóricos (dos que pode deducirse o gusto dunha época deternminada), a historia da feladad polo xeral deberá ir buscar os documentos nas representacións visuais ou verbais de cousas ou persoas consideradas en certo xeito “feas” (da introdución)Tras a Historia de la belleza, publícase agora a Historia de la fealdad. En aparencia, beleza e fealdad son conceptos que se implican mutuamente, e polo xeral considérase que a fealdad é a antítese da beleza, ata o punto de que bastaría definir a primeira para saber que é a segunda. No entanto, as distintas manifestacións da fealdad a través dos séculos son máis ricas e imprevisibles do que comunmente se cre. Libro magnificamente documentado e ilustrado.
Co comentario sobre este libro inaugúrase a sección de Ensaio, tendo xa tres apartados os Recursos Bibliográficos.







