Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura islámica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura islámica. Mostrar todas las entradas
12/11/15
19/11/10
Arquitectura musulmá: partes da mesquita
Gran Mesquita de Kairouán (Tunicia)
"A oración cara a Kaaba facíase xa en tempos de Mahoma na súa propia casa de Medina, primeiro oratorio da nova relixión máis concretamente baixo o cobertizo que mandara construir ao longo dun dos muros do patio, sostido por troncos de palmeiras. Esta construcción rudimentaria estaba, sen dúbida, desprovista de todo carácter arquitectónico. E non obstante fixaba xa o esquema da futura mesquita coas súas partes esenciales: o patio moi amplo e a sala hipóstila que o bordea e prolonga pola parte da qibla, sala moi ancha e pouco profunda, a súa proporción loxicamente está determinada pola ordenación da oración colectiva.
Este programa admite variacións pero casi constantemente se afirman os mes¬mos elementos esenciales: unha sala ampla no sentido lateral e abríndose ao ancho a un vasto patio. Polo demáis non hai unha diferencia moi clara entre patio e sala. Órase tanto nunha como noutro; non hai ningún lugar reservado nin inaccesible. O único órgano que sobresale de dito templo sen altar nin santuario é un nicho baleiro o mihrab, que se horada na parede do fondo da sala e precisa a qibla. Por modesto que sexa este motivo de arquitectura convírtese no punto central en torno ao que se organiza toda unha decoración, o núcleo de onde irradia a belleza. O mobiliario da mesquita é tambén moi sinxelo, sendo o elemento principal o mimbar, púlpito para orar, que só existe nas grandes mesquitas onde se celebra a oración solemne do venres.(...) A maqsura, a verxa que en certas mesquitas de cidades capitais delimitaba o recinto onde o príncipe asistía á oración pública, sitúase fronte o mihrab. (...)
Aos accesorios hai que engadir os dous anexos característicos destas casas de oración: o minarete, torre dende o alto de que o muecín lanza a súa chamada cinco veces ao día, e a midha, letrinas e sala de abluciones, onde os fieles poden purificarse antes de entrar na mesquita."

Gran Mesquita de Kairuoán (Tunicia)
Marçais, G.- El Arte musulmán. Cátedra. Cuadernos nº 16. Madrid 1983. páxs.15 - 16.
Etiquetas:
Arquitectura islámica,
Arte medieval,
Arte musulmá
28/11/08
Arquitectura Hispanomusulmana: Alhambra (IV) A Alcazaba
Alcazaba é, xunto con Torres Bermejas, a parte máis antiga da Alhambra. Pénsase que antes da súa construción e a chegada dos musulmáns a Granada existiron diversas edificacións na mesma zona. A primeira noticia que temos da existencia da Alcazaba granadina data do século IX, no que se supón que foi construída por Sawwar ben Hamdun durante a loita entre árabes e muladíes.
O conxunto actual debémosllo a Mohamed I, quen amurallou o anterior castelo, levantou defensas, tres novas torres (a Crebada, a da Homenaxe e a da Vea), co que converteu á Alcazaba nunha auténtica fortaleza, onde o monarca establecería a residencia real, función que conservou no reinado do seu fillo Mohamed II ata que os palacios foron terminados. A partir de entón quedou como fortaleza de índole puramente militar.
Fotos: INICIARTE.
27/11/08
Arquitectura Hispanomusulmana: A Alhambra (III) Os Xardíns do Xeneralife
Foron mandados construír por Muhammad II. O Palacio e os xardíns eran a residencia de descanso dos sultáns, tendo así maior independencia e un maior achegamento á natureza. O conxunto estivo formado por unha finca agrícola en dúas terrazas, tendo a inferior dous patios rectangulares. Ao fondo do segundo patio ábrese a porta da área palatina, organizada en torno ao patio da Acequia. Aos lados do patio estaba o edifico destinado ás lexítimas esposas do sultán.
A pesar das moitas modificacións padecidas, o Xeneralife continúa a ter o aspecto dun xardín no senso coránico do mesmo, é dicir, dun xardín do paraíso. Aquí a vexetación e a auga apodéranse da arquitectura.
Fotos: INICIARTE.
26/11/08
Arquitectura hispanomusulmana: A Alhambra (II)

O Mexuar é o máis antigo e incluso pudidera ser almohade. Os zócalos do muro van alicatados con cerámica vidriada de lacerías, as lacerías é outro elemento decorativo nazarí, líneas que se entrecruzan formando polígonos e organizacións simétricas e puras. Con estes arabescos ou lacerías preténdese achegarse ao "horror vacuí”. A cuberta sempre é de madeira, decorada con lacería ou ataurique o ben repuxada ou labrada.
Patio dos Arraiáns. Patio
rectangular con estanque rodeado de setos nos lados longos e con dous pórticos nas frontes sobre columnas e arcos peraltados con decoración de xesería calada. Sobre as columnas hai piares que separan cada arco e que forman, cunha moldura horizontal baixo o aleiro, sendos alfices. Ao fondo a torre de Comares. Este é uno deses conxuntos de espazos aillados que teñen vida propia, que non necesitan dos demais para dar sensación de unidade. En cada conxunto estúdase o efecto de perspectiva contando con diferentes elementos: vexetación, auga e arquitectura, a real ea reflectida. Os dous primeiros son tradicionais no Islam por ser un ben escaso en Arabia.Salón dos embaixadores da Torre de Comares. Torre de grosos muros de ladrillo (vese nas xanelas que son case cámaras tras o arco peraltado, nunca delas, aloxábase o trono). Os muros cóbrense con zócalo de alicatado xeométrico. Na zona media aparece o ataurique enchendo todo o espazo e unha banda de escritura cúfica (versículos do Corán) no centro. Arriba unha ringleira de xanel
as cubertas con fina celosía entre outros dos frisos de decoración epigráfica.Patio dos Leóns. Posterior, do século XIV. Patio rectangular con pórticos nos catro lados. Nos curtos avanzan senllos porches. Todo isto sostido sobre columnas moi finas, con basa de escocia, numerosos colaríns superiores, capiteis con dous corpos, cilíndrico e cúbico con ataurique en xeso. Os soportes son en lintel e os arcos só colgan como decoración en xeso, peraltados ou en uve invertida. No centro unha fonte (hoxe en restauración) circular sostense sobre uns leóns de torpe execución. O efecto de luz tamizada entre a xesería calada, auga e perspectiva convirte esta obra nunha das mellores de todos os tempos.
Sala dos Mocárabes. O arco de mocárabes é outra aportación nazarí que eles retoman dos abásidas. É un elemento barato e espectacular, tacos de madeira cubertos con estuco de xeso e pintura. Son como estalactitas de ensoño. Vemos tamén os zócalos alicatados, muros de ataurique, xambas e alfiz con escritura cúfica e todos os elementos máis xenuínos da arte nazarí.

Sala das dúas irmáns. Bóveda de mocárabes. Tamén serven estes tacos para formar bóvedas imposibles, de marabilloso efectos ornamentais. Os artistas non se preocupan dos elementos construtivos sempre simples; teitos de madeira, linteis, muros de ladrillo- e todo o talento vólcase nunha decoración que encobre a pobre estrutura.
Interésalles só o sensual da arquitectura, a beleza perceptible polos sentidos. Esta bóveda está confeccionada con miles de tacos e é (todo) moi sólido porque se conserva perfectamente. Nos vértices hai unas falsas trompas de mocárabes, só decorativas, e una banda de ventás inundan de luz a bóveda creando xogos de luces e sombras.
Fotos: INICIARTE.
24/11/08
Arquitectura Hispanomusulmana: Alhambra (I)
“(…) A Alhambra foi máis que un palacio, era unha cidade real a escala reducida, cos seus edificios para vivendas e oficinas administrativas, os seus cuarteis, cortes, mesquitas, escolas, baños, cemiterios e xardíns. De todo iso, só se conserva a parte que representa a residencial real propiamente dita. E case é un milagre que se conserve, pois a pesar de todo o seu esplendor, a súa construción é tan lixeira, feita con tanta despreocupación. A fortaleza como tal é forte, tiña que selo, pero os edificios interiores non foron levantados para durar eternamente. Isto contrastaría con todo o pensamento islámico, coa súa conciencia da caducidade das cousas; a vivenda do soberano é unha casa para certo espazo de tempo. Esta é só unha das moitas contradiccións que ofrece a Alhambra, se partimos das regras ás que estamos acostumados nas construcións principescas do resto de Europa. Pero precisamente este “ser distinto” esconde o sentido da arquitectura granadina.

Contrastando con todas as residencias principescas da Europa cristiá, a Alhambra non ten fachada, non ten eixe principal, arredor do cal estean dispostos os edificios; non hai aliñamento de salas polas que se vai pasando dunha noutra, desde o preludio ata a apoteose final. En lugar diso, éntrase en cada un dos patios interiores, arredor dos cales se agrupan os cuartos como por casualidade, pasando por corredores esvaídos; nunca se pode sospeitar que mundos poden ocultarse aínda tras os muros. É case como no conto oriental do camiñante que é lanzado a un pozo de sal e encontra nel un palacio subterráneo con verxeis e virxes, onde vive felizmente durante doce anos ata que un día abre unha portela esquecida que o conduce a un palacio aínda máis magnífico…”
Contrastando con todas as residencias principescas da Europa cristiá, a Alhambra non ten fachada, non ten eixe principal, arredor do cal estean dispostos os edificios; non hai aliñamento de salas polas que se vai pasando dunha noutra, desde o preludio ata a apoteose final. En lugar diso, éntrase en cada un dos patios interiores, arredor dos cales se agrupan os cuartos como por casualidade, pasando por corredores esvaídos; nunca se pode sospeitar que mundos poden ocultarse aínda tras os muros. É case como no conto oriental do camiñante que é lanzado a un pozo de sal e encontra nel un palacio subterráneo con verxeis e virxes, onde vive felizmente durante doce anos ata que un día abre unha portela esquecida que o conduce a un palacio aínda máis magnífico…”
Titus Buckhardt. A civilización hispanoárabe. Madrid, Alianza, 1995, pp. 229.
Máis información na páxina web oficial, na web do Patronato, en Arteguías ou na Wikipedia. Tamén podedes facer unha visita virtual en 3D.
19/11/08
Arquitectura islámica: A mesquita
"A oración cara a Kaaba facíase xa en tempos de Mahoma na súa propia casa de Medina, primeiro oratorio da nova relixión máis concretamente baixo o cobertizo que mandara construir ao longo dun dos muros do patio, sostido por troncos de palmeiras. Esta construcción rudimentaria estaba, sen dúbida, desprovista de todo carácter arquitectónico. E non obstante fixaba xa o esquema da futura mesquita coas súas partes esenciales: o patio moi amplo e a sala hipóstila que o bordea e prolonga pola parte da qibla, sala moi ancha e pouco profunda, a súa proporción loxicamente está determinada pola ordenación da oración colectiva.

Este programa admite variacións pero casi constantemente se afirman os mesmos elementos esenciales: unha sala ampla no sentido lateral e abríndose ao ancho a un vasto patio. Polo demáis non hai unha diferencia moi clara entre patio e sala. Órase tanto nunha como noutro; non hai ningún lugar reservado nin inaccesible. O único órgano que sobresale de dito templo sen altar nin santuario é un nicho baleiro o mihrab, que se horada na parede do fondo da sala e precisa a qibla. Por modesto que sexa este motivo de arquitectura convírtese no punto central en torno ao que se organiza toda unha decoración, o núcleo de onde irradia a belleza. O mobiliario da mesquita é tambén moi sinxelo, sendo o elemento principal o mimbar, púlpito para orar, que só existe nas grandes mesquitas onde se celebra a oración solemne do venres.(...) A maqsura, a verxa que en certas mesquitas de cidades capitais delimitaba o recinto onde o príncipe asistía á oración pública, sitúase fronte o mihrab. (...)
Aos accesorios hai que engadir os dous anexos característicos destas casas de oración: o minarete, torre dende o alto de que o muecín lanza a súa chamada cinco veces ao día, e a midha, letrinas e sala de abluciones, onde os fieles poden purificarse antes de entrar na mesquita."
Marçais, G.- El Arte musulmán. Cátedra. Cuadernos nº 16. Madrid 1983. págs.15 - 16.
Etiquetas:
Arquitectura islámica,
Arte islámica,
Arte medieval
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
