Visto en La clase de arte.
14/1/13
7/1/13
Cúpula da catedral de Florencia: como facela segundo Brunelleschi
As augas da cúpula terminarán sobre un plano inclinado de mármore dunha anchura dun terzo de brazo e a auga caerá nunha construción de pedernal baixo o plano. Nos ángulos das superficies da cúpula exterior faranse oito nervos de mármore, tan grosos como sexa necesario, e cun brazo de altura sobre a cúpula, cunha cornixa de dous brazos de anchura de maneira que poida haber impostas e canalóns en cada lado; deben ser piramidales desde a base ata a cúspìde.
As cúpulas deben construírse tal e como expuxen, sen armazóns, ata unha altura de trinta brazos e, a partir de aí, segundo o aconsellado polos mestres que a deban construír, porque a práctica ensina o que se debe facer a continuación".
25/6/09
O duque de Urbino visto por Susana Fortes
"El duque de Urbino tenía fama de hombre devoto y sin vicios. No se le conocían apetitos carnales de ninguna clase. Solía comer frugalmente en una sala de su corte, mientras le leían pasajes de Tito Livio o de vidas de santos si era cuaresma. La visión que sus contemporáneos tenían de él era de un benefactor que levantó edificios y estimuló el cultivo de la tierra y de la industria. Fue patrón de pintores como Berruguete y Piero Della Francesca.
En su corte sostenía a más de quinientas personas y en ella la graduación jerárquica era tan estricta como en los séquitos de los más grandes monarcas. Además poseía una de las bibliotecas más completas de su tiempo. Tanto era así que los artistas y los hombres de espíritu le llamaban “la luz de Italia”.
Por las tardes acostumbraba a acudir al convento de las clarisas para dialogar con la superiora, a través de la reja del locutorio, acerca de temas religiosos. No era extraño, pues, que a su paso la gente del pueblo se arrodillara en la calle y exclamara. “Dio ti mantenga, signore”. Este hombre que durante quinientos años fue considerado modelo de estadista y cuya corte era una de las más cultas de Italia, fue en realidad un asesino y su crimen estuvo a punto de truncar la historia del renacimiento”.
Susana Fortes. “Eucarístia de sangre”. En El País semanal, nº 1.514, 2-X-2005, pax. 118
Créditos das ilustracións de Fedreico de Montefeltro por Pedro Berruguete e de Susana Fortes.
24/6/09
Federico de Montefeltro por Piero della Francesca

Deixaremos para outra ocasión que Susana Fortes nos relate a súa visión da biografía de Federico de Montefeltro, duque de Urbino.
Neste retrato, Federico aparece xunto á súa esposa Battista Sforza, e na parte posterior da táboa están pintados os protagonistas en sendos carros. E feito esta táboa é coñecida como como o “Díptico dos señores de Urbino”.

Federico aparece en rigoroso perfil e apreciándose as súas posesións na paisaxe do fondo. Uns territorios ricos, regados por augas e con fortalezas, o que nos lembrar que este ducado caracterizouse por ser o mais avanzado na súa época na enxeñería militar. O óleo ten dous puntos de vista, o do personaxe e a da paisaxe, mais elevada. O duque ofrece o seu mellor perfil, o lado esquerdo posto que parece ser que quedara virollo do ollo dereito nun torneo, na mesma competición o seu nariz ficara claramente afectada. Viste elegantes roupas con bonete na cabeza xa que non posa coa armadura na que sería retratado anos despois. O rostro está reflectido con enorme realismo o que suxire unha certa influencia da pintura flamenga. O duque está representado coma un príncipe do renacemento.
A iluminación da obra é fantástica, pois Piero a través da luz distribuída uniformemente acada unha maior volumetría.
No reverso da táboa aparece o Trunfo de Federico II de Mont
efeltro e o da súa muller, representados “á antiga”, o que nos está a falar “dunha concepción da Antigüidade clásica como cimento histórico do presente e dun humanismo cristiá que fai que a Federico o acompañen no seu carro triunfal as virtudes cardinais, e a Battista as teologais”. Os óleos están acompañados por unhas inscripcións en latín. Na do duque pode lerse que a duradeira fama das súas virtudes fano semellante aos máximos caudillos.É moi salientable como Piero presenta a imaxe do poder, dun poder que xa non lembrar importantes feitos militares ou gloriosos, senón que transcendendo da anécdota transmite mensaxes universais ao unir a imaxe do príncipe á Antigüidade clásica (carros triunfais), á continuidade dinástica (matrimonio) e á posesión do territorio (paisaxes).

Bibliografía: Alicia Cámara. "El Díptico de los señores de Urbino". En Descubrir el arte, I, 2, abril de 1999, pp. 96-98.
Créditos das imaxes: do anverso, Federico anverso, Federico reverso, reverso.
22/6/09
Piero della Francesca e Susana Fortes
Susana Fortes, galega, profesora de historia en Valencia e filla do seu pai (déixovos así intrigados pero investigades amigos-as), xa é unha escritora de éxito. Na súa novela Quattrocento profundiza na Florencia do XV. Lede como describe a visión da táboa do Duque de Urbino de Piero della Francesca, pintado cara a 1472 e que actualmente está na Galería dos Uffizi.
"(En la tabla) …el duque de Urbino aparecía de perfil y ataviado con túnica carmesí y bonete plano, tal como lo pintó Piero Della Francesca. Me hubiera gustado poder ver la mitad oculta de su rostro que me hurtaba el retrato y contemplarlo de frente para analizar su semblante con más detalle: la distancia entre los ojos, por ejemplo, que dice tanto sobre la disposición de ánimo o las características psicológicas, así como las coordenadas exactas de la boca de labios muy finos, casi inexistentes o el arco de la mandíbula que tensa los hilos de la voluntad. Lo único que superaba la visión de perfil con respecto a una vista frontal era el relieve de aquella nariz de caballete tan peculiar.
Su expresión revelaba cierto cansancio, como el de esos teatros vacíos cunado se han apagado todas las luces. Parecía un hombre inteligente, muy voluntarioso y algo decepcionado, pero con semblante tranquilo. Lo más llamativo de su rostro no eran sin embargo los rasgos, sino el aire o la expresión, no sabría muy bien cómo definirla, pero se trataba de una expresión que nunca se podría observar en una fotografía. (…) Lo que ponía de manifiesto el retrato del duque de Urbino era precisamente eso: la espera de la pintura a ser vista. Como si de algún modo estuviera haciendo guardia o esperando un futuro que, en parte, representaba yo o cualquiera que se parara a observar su retrato."
Susana Fortes. Quattroccento. Planeta, 2007, pax. 122.
8/2/08
A cúpula da catedral de Florencia de Filippo Brunelleschi
A arquitectura do Renacemento principia coa construción da cúpula da catedral de Florencia (santa Maria dei Fiore) Foi unha obra realizada por Filippo Brunelleschi, tras un concurso para seleccionar ao arquitecto que fora quen de deseñar a realización da mesma. Para coñecer mellor como foi ese proceso podemo ler ao primeiro gran biógrafo do renacemento, a Vasari.Giorgio Vasari. Las vidas de los más exclentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestros tiempos. 1550
Ese mesmo ano (1417), os Custodios de Santa María del Fiore e os Cónsules da Arte da La convocaron unha asemblea de arquitectos e enxeñeiros da cidade para deliberar sobre a mellor forma de construír a cúpula.
(...) Pero un día (Brunelleschi) que escoitou falar de que se convocaría aos enxeñeiros para a construción da cúpula, plantexou volver a Roma, convencido de que gozaría de maior reputación se se o tiñan que ir buscar fóra que se se quedaba en Florencia.
O ano 1420 reuníronse en Florencia todos ese mestres ultramontanos, da Toscana e todos os
enxeñosos artistas do deseño florentino, e, así, Filippo volveu de Roma. Reuníronse todos na obra de Santa María del Fiore, cos Cónsules, os custodios e xunto a un selecto grupo dos máis enxeñosos cidadáns, para que todos escoitaran as ideas sobre esta obra, e se puidera resolver o xeito de construír a cúpula; déuselles audiencia de un en un e foi escoitado o plan de cada arquitecto. (...) Filippo foi o único que dixo que se podía levantar a cúpula sen tantos madeiros, sen pilastras nin terra, con moito menor gasto do que implicaban tanto arcos e moi sinxelamente sen armazón.
Os Cónsules, que estaban esperando un gran método, os custodios e os
resto dos cidadáns creron que se trataba dunha broma, e se burlaron e riron del, e lle pediron que falase doutra forma, e se esa era propia dun tolo, que é o que el mesmo era. Filippo, ofendido, dixo: “Señores, considerade que non é posible elevar a cúpula doutro xeito que non sexa esta; e, aínda que vos riades de min, decatarédesvos de que nin se debe nin se pode facer doutro xeito. Para que se constrúa tal e como teño pensado, debe ser trazada coa curva dun arco de cuarto de punto, e debe facerse dupla, unha cúpula interior e outra interior, de xeito tal que se poda camiñar entre a unha e a outra. E sobre as esquinas dos ángulos das oito caras débese encadear a fábrica en todo o seu grosor mediante perpiaños e de forma semellante rodeala por todas as súas caras con tirantes de madeira de aciñeira.”Para máis información sobre esta sobranceira obra podedes clicar sobre Artehistoira, sobre Educared, ou en Enseñ-arte. Tamén podedes ver o seguinte vídeo.




