Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas

5/6/16

Oscar Tusquets: "Os arquitectos e a fotografía"

“Han quedado atrás los tiempos en que un arquitecto creaba su prestigio gracias a sus edificios, de la opinión de quienes los habitaban, los habían construido o al menos podían visitarlos. Hoy el prestigio que posibilita encargos públicos relevantes viene del mundo académico, de las cátedras universitarias, de las conferencias y congresos internacionales, de los libros y sobre todo de las revistas. ¿Y qué publican las revistas de arquitectura? Fotos, bellas y sofisticadas imágenes desde los pocos pero espectaculares puntos de vista que ofrece la obra, los que han concentrado la mayor dedicación y empeño por parte del autor que, consciente de que su talento se juzgará por estas reproducciones, ha sacrificado la riqueza del conjunto a hacerlos posibles. Hasta los arquitectos más vacunados no somos inmunes a tolerar, en un momento de debilidad, un defecto evidente en nuestro proyecto escudándonos  en que no es detectable en fotografía. Es tal la falta de escrúpulos de nuestros colegas famosos a este respecto que mortificarnos con excesivo rigor  acaba pareciéndonos ridículo.

Los arquitectos, conscientes de lo que nos jugamos con las fotografías de nuestras obras, intentamos controlarlas de forma muy estricta. Son muchos los arquitectos que prohíben la publicación de fotos no controladas por su estudio y que preparan la obra como un set para la sesión de fotos.  El gran arquitecto suizo Bruno Reichlin me enseñó las fotografías de una nave industrial que había conseguido terminar totalmente, limpiar y fotografiar con delectación sin que el buenazo del fabricante iniciase el montaje de una sola máquina que estaban seguros entorpecería la pureza del espacio. Pero esto viene de antiguo pues en las fotografías del Pabellón Alemán en la Exposición del 29 en Barcelona, que han inundado los libros de arquitectura moderna y que fueron controladas estrictamente por Mies, no aparecen las puertas de acceso que, aun siendo vidrieras, interrumpían algo la continuidad exterior-interior tan soñada por el arquitecto. Así que, antes de que las montasen, organizó la sesión fotográfica oficial y esta imagen tergiversada es la que ha pasado a la historia, hasta el punto de que los arquitectos responsables de su reconstrucción han tenido que echar mano de anónimas fotografías de prensa y de recuerdos personales de los supervivientes para deducir cómo era en realidad.

Por la misma deformación, Bernard Tschumi exige al fotógrafo que va a realizar un reportaje sobre su parque de la Villette que no tome fotos a plomo pues su arquitectura deconstructivista no acepta este tipo de visión.

(…) Los arquitectos y los fotógrafos somos conscientes en el fondo de las limitaciones para explicar un edificio. Las fotos nos engañan con la escala, no reproducen con propiedad los pequeños espacios interiores, no dan idea de los recorridos. Una foto no te envuelve, ni puedes girar a su alrededor. Una buena filmación puede paliar estas limitaciones visuales, pero ¿qué pasa con la acústica, con las temperaturas y los olores, con la textura del material que tocamos?"


Oscar Tusquets Blanca. Más que discutible.  Barcelona, Tusquets Editores, 2002, pp. 101-105

17/2/13

World Press Photo 2012


O fotógrafo sueco Paul Hansen gaña o World Press Photo A imaxe elixida mostra a desesperación de dous homes cos cadáveres de dous nenos en brazos O fotógrafo sueco Paul Hansen alzouse este venres  (15-II-13) co primeiro premio da edición do 2012 do 56ª edición World Press Photo, o certamen de fotoperiodismo máis importante do mundo, por unha instantánea que mostra a desesperación dun grupo de homes no funeral dunha familia por unha rúa de Gaza. 

O español Bernat Armangué, fotógrafo da axencia de noticias estadounidense Associated Press, foi recoñecido co primeiro premio na categoría de serie de fotografías que contan unha historia, por varias imaxes que captan a dor da poboación de Gaza pola escalada de violencia entre palestinos e israelís o pasado mes de novembro. 

A fotografía de Hansen, fotógrafo no xornal sueco Dagens Nyheter, mostra a un grupo de homes abatidos pola morte de dous pequenos e o seu pai, cuxos cadáveres son levados aos ombreiros de camiño a unha mezquita para celebrar o enterro. Os nenos, dous irmáns de dous e tres anos de idade, aparecen amortajados en primeiro plano, mentres que por detrás séguelles o corpo do seu pai. Os tres morreron ao quedar a súa casa destruída nun ataque israelí con misiles, en tanto que a nai foi ingresada en coidados intensivos. A fotografía ganadora foi tomada o pasado 20 de novembro na cidade de Gaza. 

O texto é da axencia EFE e foi publicado na Voz de Galicia onde poderedes atopar máis información sobre cada unha das seguintes fotografías:

13/12/12

As mellores fotos de 2012

Chegando ao remate do ano varias axencias de noticias escollen as súas mellores fotografías. O seguinte álbum é unha selección persoal de entre “As cen mellores fotos de Reuters” publicadas por Huffingtonpost.
 

2/7/12

Portugal: unhas visitas vituais

Desde o portal Cultura on line de Portugal podemos achegarnos a unha serie de museos, pazos e munumento do país irman facendo visitas virtuais e en 3D. As miñas visitas preferidas (criterio subxectivo e de coñecemento persoal) son as seguintes: 




O Mosteiros dos Xerónimos de Lisboa, do que INICIARTE xa vos ten falado, é de estilo manueliño e do século XVI.

O Convento do Cristo de Tomar, e é que nesta cidade hai moita arte (lembrade a famosa xanela de Tomar), foi fundado pola orde do Temple no XII.


O Mosteiro de Batalha, tan espectacular e grandioso coma sempre é do gótico serodio e feito para conmemorar a vitoria sobre as tropas casteláns na batalla de Aljubarrota.


O Mosteiro de Alcobaça, coa súa pureza de liñas góticas cistercienses, de feito é a primeiro edificio gótico portugués.

A Fortaleza de Sagres, do século XV (ampliada no XVIII) e que mira ao Atlántico (buscade a ligazón á visita virtual e en 3D)


O Mosteiro de santa Clara a Velha (facede igual ca na Fortaleza de Sagres) de monxas clarisas chegadas a Coimbra desde Zamora no século XIV.

O Mosteiro de Sao Martinho de Tibaes en Braga, con obra desde o XII e desamortizado no XIX.

O Palácio Nacional de Mafra, impoñente e impactante obra barroca (entrade no roteiro 3D e na ligazón de visita virtual)

O Palácio Nacional de Queluz, obra dos séculos XVI e, sobre todo, XVIII (facede igual ca no Mafra para coñecelo axeitadamente)

O Palácio Nacional de Sintra, único pazo real medieval conservado en Portugal e reconstruído no XIX e XX.

11/2/12

Wordl Press Photo 2012


O premio anual World Press Photo é unha clara referencia universal para os reporteiros gráfico. Este ano o premio recaeu no español Samuel Arandas. O fallo do xurado levou a cabo na 'World Press Photo office', onde todas as entradas preséntanse de forma anónima ao xurado, que discute e debate os seus méritos durante un período de dúas semanas. O xurado opera de forma independente e un secretario sen dereito a voto da as garantías dun procedemento xusto. A estes galardóns concorren fotógrafos de prensa profesionais, reporteiros gráficos e fotógrafos de documentais de todo o mundo. En total, 5.247 fotógrafos de 124 países participaron este ano con 101.254 fotografías.

A fotografía de Samuel Arandas retrata a unha muller sostendo a un familiar ferido durante as protestas contra o presidente Saleh en Sanaa, Iemen.


Os comentarios sobre a foto gañadora polo xurado foron os seguintes:

- Koyo Kouoh: "É unha foto que fala por toda a rexión que representa o Iemen, Exipto, Tunisia, Libia, Siria, por todo o que sucedeu na primavera árabe, pero que mostra un lado privado, íntimo do que pasou... e mostra o papel que as mulleres desempeñaron, non só como coidadoras, senón como persoas activas no movemento. "

-Nina Berman: "Nos medios de comunicación occidentais, que de cando en cando ven mulleres con veo deste xeito, nun momento tan íntimo, é coma se todos os acontecementos da primavera árabe deu lugar a este momento único - en momentos como este."

Créditos do texto e da imaxe.

17/12/11

As 50 mellores imaxes do 2011


A axencia de novas AP vén de seleccionar as súas mellores imaxes do ano 2011. Desgraciadamente case todas teñen unha compoñente negativa: fames,  guerras, desastres climatolóxicos. Son poucas as que trasmiten valores positivos. Estaremos facendo algo mal? Fíxádevos na última.

14/4/11

Día da República: 80 aniversario



7/3/11

Roma en 3D desde Flickr

A partir dos millóns de fotos que hai Flickr, algúns usuarios atrevéronse a recrear en tres dimensións algúns espazos moi coñecidos: O Coliseo, a Fontana de Trevi, A Pietá do Vaticano de Miguel Anxo e tres lugares moi importantes de Berlín. Agardo que vos guste.



Visto en La brújula verde.

24/2/11

Publicidade en edificios

Xa vos teño presentado á web boredpanda cando vimos a publicidade sobre bolsas. Hoxe quero amosarvos a publicidade sobre/en edificios procedente da mesma web. Agardo que non vos disgute...

30/12/10

Sen comentarios (XXIII): Beirarrúa con poste


No lugar de Apeadeiro, San Xoan de Vilanova (Miño), María M. Fariña retratou unha obra singular, feita con moita pericia. A imaxe vai acompañada dun texto que fala por se mesmo: «¿Que hai un poste? Sen problema, pode convivir coa beirarrúa e a leira, mesmo sen desperdiciar un rego nesta última. Sobre como atravesan vos peóns xa non sabemos máis. Iso si, deixóu a peza do bordo por se algún día se amaña a desfeita
A foto e texto son de A Voz de Galicia. Coñecín a nova por Gracia.

24/11/10

Publicidade nas bolsas

Grazas a unha blogger moi nova, Uxía, coñecín estas curiosas fotografías. Procenden dunha páxina chea de creatividade, boredpanda.com. Nela poderedes atopar deseños, fotografías e creacións realmente curiosas. Gozade, agora, dun novo xeito de aproveitar vellos soportes publicitarios.


21/11/10

Unha foto de máis de 800.000 euros



Unha das imaxes máis míticas da fotografía de moda acaba de alcanzar a marca mundial para un traballo de Richard Avedon. A imaxe da modelo Dovima, vestida cun traxe de noite de Dior e rodeada por elefantes, foi adxudicada este sábado en París por 841.000 euros.

A poxa -organizada en París pola casa Christie's e dedicada exclusivamente a traballos de Avedon- puxo á venda o maior lote poxado de imaxes da artista. En total, recadou 5,467 millóns de euros, fronte aos entre 3 e 5 millóns que calculara a casa de poxas.

A fotografía de Dovima, única polo seu gran tamaño, foi tomada en 1955 no Cirque d'Hiver de París. A súa venda superou todas as estimacións, que calculaban que se vendería por 400.000 ou 600.000 euros.

A anterior marca dun traballo do fotógrafo, falecido en 2004, remóntase a fai cinco anos. Tratábase dunha fotografía dos Beatles.

Todas as 65 imaxes de Avedon a poxa atoparon comprador entre os asistentes.
Texto e foto vía El Mundo.

8/7/10

Centro Pompidou: nova instalación?

E isto que é? Mirade ben, vedes a casiña de madeira no Pompidou?



Grazas Gabachiña pola fotografía.

6/6/10

Sen comentarios (XVI): no Courel










No concello de Folgoso. No Courel. En plena serra. Nunha zona pouco poboada e cun hábitat a base de pequenos núcleos poboacionais. Na estrada que une Vilamor con Froxán. As fotos está tiradas na corredoira que vai de Vilar a Froxán. Quen coño pode autorizar una edificación aí?

21/5/10

Visitando exposicións: Fotografía e Poesía no NH Atlántico

O compañeiro e amigo François Davo vén de inaugurar a seguinte exposición:


Exposición “Encontro en Puruchuco”. Poemas de François Davo e fotografías de Gustavo García Roig.
Hotel NH Atlántico. A Coruña. Do 14 de maio ao 30 de xuño de 2010.



Encontro en Puruchuco é unha enriquecedora experiencia creativa realizada polo poeta François Davo e o fotógrafo Gustavo García Roig. Unha serie de imaxes e poemas sobre Puruchuco, antiga cidadela preinca de Perú (século xv), conforman o eixo dese proxecto dando como resultado a linguaxe artística de foto/poesía.

François Davo (Le Mans, Francia, 1966), licenciado en Letras e civilizacións ibéricas pola Universidade da Sorbona, reside na Coruña desde o ano 2000. É profesor de francés no IES Afonso X o sabio de Cambre. Como poeta gañou no ano 1993 o XIII premio Esquío de poesía. Inicialmente poeta en lingua francesa, a súa lingua materna, tamén experimenta desde a súa residencia en Galicia a escrita dunha obra directamente en galego. É traductor de poetas galegos ao francés (Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel María, Uxío Novoneyra, Ánxeles Penas, Xosé Luis Méndez Ferrín, etc.). Tamén é traductor, man con man con Dulce Fernández Graña, de obras francesas ao galego, entre as que destaca As palabras de Jean-Paul Sartre (Laiovento 1999, reeditado na colección Biblioteca 100, La Voz de Galicia, 2003).

“Encontro en Puruchuco” é o primeiro proxecto en común con Gustavo García Roig, con quen ten en preparación algunha que outra exposición a cargo da Alliance française de Vigo e Madrid e o libro Le monde habité sobre o dolmen de Axeitos.

Gustavo García Roig, fotógrafo afincado na Coruña desde o ano 2001. Posue unha amplia experiencia en reportaxes non convencionais e traballos desde un enfoque máxico/antropolóxico relacionados co mundo andino. Expuxou en Bos Aires, Lima, Madrid, Valencia e Galicia. Nas súas últimas exposicións aprofundou nos vestixios das civilizacións prehistóricas de Galicia onde os dolmens seguen a vivir o seu ritual de veneración.

Magnífica exposición que non debedes perder. Parabéns François.

Da inauguración da exposición deuse conta na prensa local.

Créditos da fotografía.

17/5/10

Xogando con Flickr: a Vila Saboia

Como teño un amigo que andaba preocupando ao ver que ultimamente no actualizo moito o blog, vou xogar hoxe cunha ferramenta de Flickr. Mirade o resultado da etiqueta "Vila Saboia" en fotografías. Hai un pouco de todo.


Created with Admarket's flickrSLiDR.

14/2/10

Sen comentarios (XXII): erotismo urbanístico

Unha amiga achégame esta foto de autoría descoñecida:



13/2/10

World Press Photo 2009

Estas son as mellores imaxes de prensa do 2009.




Créditos da fotografías e autoría no Abc.

1/1/10

As mellores fotos europeas do 2009

Se rematamos o anos cunhas fotografías penosas que mellor que principiar o novo con outras.

A Federación Europea de Fotógrafos vén de conceder os seus premios do ano 2009 nas categorías de "Social", "Comercial" e "Artística". Son uns traballos espectaculares e onde España e Portugal saen moi ben paradas. Que disferutesdes das fotografías.




Todas as autorías, categorías e premios das fotografías amosadas podedes velas aquí.