Mostrando entradas con la etiqueta Feísmo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feísmo. Mostrar todas las entradas

4/9/23

Sen comentarios: a muralla de Naupacto (Grecia)

 




Estiven dúas veces en Naupacto (en latín, Naupactus; en griego, Ναύπακτος, Náfpaktos), coñecido tamén como Lepanto que é un municipio e unha cidade da unidade periférica de Etolia-Acarnania, na costa norte do estreito que separa o golfo de Patras do golfo de Corinto, en Grecia.

Neste lugar tiveron lugar dúas famosas batallas, a de Naupacto que foi unha guerra naval na Antiga Grecia entre Atenas e Peloponeso e a de  Lepanto de 1571.

É cualificada en moitas ocasións como a cidade pequena máis fermosa de toda Grecia. Sen dúbida o seu pequeño porto é realmente espectacular.

Pero poño hoxe outras fotos non tan fermosas. Muralla do século XV mandada levantar polo República de Venecia mais cunha pequena abertura para mellorar a comunicación co exterior da pobación xa que as portas existentes foron consideradas insuficientes.




4/4/22

Sen comentarios: na igrexa de Santa Eulalia de Abegondo (A Coruña)

 Todo depende do punto de vista:








1/3/20

Sen comentarios: Para que son as portas?

Na rúa Paraíso (Oleiros, A Coruña)


25/2/19

Sen comentarios: Molinaseca II (O Bierzo)

Dous xeitos en entender a porta





5/6/18

Sen comentarios: acceso a vivenda colectiva en Oleiros

Na rúa Nelson Mandela de Perillo (Oleiros, A Coruña). Piar e columna previos á porta. Seguro que todo está ben.





26/3/18

Sen comentarios: capela de Aghia Dynami en Atenas


Hai xa tempo Iniciarte publicara  unhas fotos de Fran Méndez sobre esta capela. Toca agora poner as miñas fotos e anotar algo sobre a edificación.

Na intersección das rúas  Metropoleos e  Pentelis no centro de Atenas, e nun barrio que adoitaba chamarse " Rodakio", atópase a pintoresca igrexa de  Aghia  Dynami (O Poder Santo da Virxe), completamente rodeada polo moderno edificio de Hotel  Electra Metropolis.

A igrexa foi erixida no século  XVI sobre as ruínas dun antigo templo de Hércules. O nome  Aghia  Dynami refírese á Virxe María e déuselle á igrexa para que todas as mulleres atenienses embarazadas desen a luz a nenos fortes. Por esta razón, a celebración da igrexa ten lugar o 9 de setembro, día do nacemento da Virxe María.

Esta pequena igrexa pertence ao tipo de basílica abovedada dun corredor. As súas paredes están decoradas con murais, que representan, entre outros,  Aghia  Aikaterini,  Aghia  Kyriaki,  Aghia  Filothei,  Aghios  Ierotheos,  Aghios  Dimitrios, así como a Decapitación de San Xoán Bautista. Debaixo do piso do santuario hai unha gran cova subterránea de aproximadamente 15 metros de longo, que continúa ata un túnel que, segundo a lenda, adoitaba chegar ata a área de  Kaissariani. É nesta cova que, segundo a lenda, durante os anos da ocupación turca os sacerdotes esconderan os tesouros eclesiásticos e os documentos e arquivos da igrexa que, con todo, foron destruídos durante a invasión dos turcos en Atenas baixo  Omer Vryonis.

Máis tarde, en 1963, construíuse un campanario sobre a pasaxe á cova que prohibía o acceso a el. Durante a Guerra da Independencia de 1821 contra os turcos, a lenda di que a través doutro túnel que comezou na cova e que remataba ao pé da Acrópole, a Resistencia levaba municións e necesidades para reforzar aos patriotas gregos. A igrexa adoitaba estar rodeada por varios outros edificios que foron demolidos despois da liberación, polo que a rúa  Metropoleos ampliaríase para atender as crecentes necesidades de tráfico.

A igrexa pertence ao Santo Mosteiro da Asunción en  Penteli en  Attica, preto de Atenas. A igrexa foi restaurada en 1912. En 1963 agregaron o campanario sobre a súa entrada.

Texto procedente de: Athenskey.


Fotos: INICIARTE

20/11/17

Sen comentarios: en san Miguel de Eiré (Ferreira de Pantón, Lugo)

Contorna de pedra, ampliación en formigón.




1/11/17

Sen Comentarios: Xestoso do Courel-1

Na contorna de Xestoso do Courel. A pobreza das montañas:













18/9/17

Sen comentarios: a muralla do Castelo de Monforte

19/6/17

Sen comentarios: Paradela (Silleda)


29/5/17

Sen comentarios: Silleda, area de descanso do Deza


22/5/17

10/4/17

Sen comentarios: Porta ao ceo en Lavacolla (Santiago de C.)





17/3/17

Sen comentarios: Pedreira, Carnoedo (Sada, A Coruña)

Xanelas? Que xanelas?


16/1/17

Sen Comentarios

No concello de Barreiros ao pé da Praia das catedrais, un exemplo máis do inxenio galego: pura reciclaxe. Fixádevos ben pois "Se alquila".