Mostrando entradas con la etiqueta Arte megalítica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte megalítica. Mostrar todas las entradas

12/9/22

Mámoa do Cruce (Lalín, Pontevedra)

 


Situada como o Altar do Sol, no lugar de Alperiz, na parroquia de Parada en Lalín, este megalito tamén é coñecido como Mámoa da Cruz 7.




Patrimonio galego cóntanos o seguinte:

O dolmen atópase no cruce da estrada EP- 6010 que vai dende Carballeda en Lalín a Ventosa en Agolada, xusto no cruce de entrada ao lugar de Alperiz. Esta mámoa forma parte un conxunto de sete, que se denominarían ” As Mámoas da Cruz “, GA 36024017, círculos num. 1-41 no plano do pxom de Lalín, dentro do conxunto de Mámoas de Parada, quizá porque outra que se pode atopar pertencente a este grupo “da Cruz”, máis grande e que está a 100 metros ao norte, no outro lado da estrada, presenta un rebaixe cúbico, duns 20 cm. de lado nun esteo visible do dolmen, que sería o apoio da base do fuste dun cruceiro.



A súa vez estarían incluídas dentro do conxunto das Mámoas de Parada, outras dúas máis a 500 metros ao sueste, que se denominarían Zarra do Canal, código GA 36024016, numeración 1-40. Os dous lugares conformarían o Conxunto Megalítico de Alperiz.




Esta é a que está máis ao sur, dentro do grupo de sete que marca o mapa de localizacion do PXOM, xusto no cruce á beira da estrada. É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. Presenta un túmulo duns 15 metros de diámetro, moi alterado polas labores agrícolas e de limpeza das cunetas da estrada. Non se pode apreciar o número de esteos que aínda se conservan. 



Un esteo que sobresae 1,5 m. de alto por 60 cm. de ancho dá cara á cuneta da estrada e nel podemos ver un gravado con motivos serpentiforme que estarían na liña dos atopados no dolmen do Altar do Sol, e os do lugar de Fonte Tourón, Goiás, Lalin atopados no ano 2005 por mor dos traballos arqueolóxicos previos á execución dunha obra de liña eléctrica. Son unhas lousas que presentan uns gravados de estilo propio do megalitismo e que agora forman parte dos lindes das fincas nas que se atopan.

5/9/22

Megálito "Altar do Sol" (Lalín, Pontevedra)

 


Na Comarca do Deza, e no luar de Alperiz (Santa María de Parada, Lalín) atópase este megálito neolítico que coñecín grazas ao bo labor como guía turístca de Esther G., do grupo "Os sabios do Afonso".



Patrimonio galego afirma o seguinte:

Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, este dolmen estaría formando parte da zona coñecida como “As Mámos da Cruz ” do Conxunto Megalítico de Alperiz. Está a 42 metros ao norte da mámoa numerada como número 7 (Mámoa do Cruce, chamado así por estar a carón do cruce da estrada de Alperiz, e con gravados serpentiformes).



Este recinto pechado está presidida por unha gran pedra con dous rebaixes en forma de círculo, os veciños coñéceno co nome de Altar do Sol. Segundo información de M.J. Meijome a pedra principal foi gravada en tempos modernos cunha cuadrícula.





No rexisro oficial da consellería de Cultura consta como BIC o Gravado Rupestre de Alperiz “Monte Fonteiriño, Altar Do Sol” catalogado como monumento histórico-artístico -segundo o asento oficial o 20 de decembro de 1974, e como “zona arqueolóxica” aparece a Mámoa da Cruz, recoñecida por Cultura máis recentemente; en concreto en marzo de 2011. 




É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. En setembro de 2015 procedeusa a limpeza do lugar e a unha intervención arqueolóxica. 


Fotos: INICIARTE.


13/9/21

Dolmen de Moruxosa ou Forno dos Mouros (Toques, A Coruña)



Antes de chegares a esta espectacular anta, pódese contemplar unha mámoa duns cinco metros de diámetro e case dous de altura, 




Trátase dunha pequena anta, da que o seu cámara posúe estrutura poligonal tendente a circular cunha pedra cobertora monolítica e sen vestixios do corredor de entrada orientada cara ao suroeste. Conserva seis esteos e a tampa está apoiada en tres deles. O esteo número seis atópase apoiado na tampa oblicuamente e sobresae por encima dela, polo que é fácil supoñer que non está na súa posición orixinal. Está pintado case na súa totalidade, con liñas en zigzag, dispostas  horizontalmente, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra. Achouse un vaso campaniforme que se converteu nunha excepción nos xacementos  megalíticos galegos.



A técnica de construción desta cámara é semellante á doutras coa súa forma. En principio abriuse en buraco circular no chan e coa terra extraída formouse un terraplén que serviu de axuda para a colocación das laxas laterais na base das que se acumulou terra ata certa altura para asegurar a súa colocación, creando a continuación un plano inclinado que axuda a arrastrar a tapa ata o seu lugar. O material utilizado para as laxas é un xisto cristalino, abundante nese lugar.





Foi declarado Ben de Interese Cultural (15 de marzo de 2011)

 Durante algún tempo entrou na lista vermella do patrimonio pola deterioración progresiva e polo seu abandono. As pinturas da cámara mostraban un evidente risco de desaparición: entradas de auga que as afectaban e todas as laxas pintadas estaban cubertas de algas e fungos, elementos orgánicos sumamente perigosos en calquera ambiente para a conservación das formas pintadas.

 

Pinturas (na actualidade agochadas)

Motivo da retirada:

No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.






 Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989.




Textos da Lista roja patrimonio e da Wikipedia.

Fotos: Iniciarte

6/9/21

Pedrafita de Santa María de Mezonzo

 


No lado norte da igrexa de Santa María de Mezonzo (Vilasantar, A Coruña) atópase esta pedrafita. Un lada ten restos de cemento e noutro unha incisión como se fora  para unha bisagra dunha porta.




Para alguna interpretación ver o blog do amigo Moncho Boga.

7/9/20

Dolmen de Pedra Moura (Carballo, A Coruña)

 

É unha construcción de considerable tamaño pois é de 2.40 x 3.20 metros no centro dun gran túmulo hoxe desaparecido (intúese pouco) polas labores agrícolas. As pedras (os ortostatos) que o configuran foron movidas do seu lugar e tan só dúas das cinco que quedan permanecen no seu lugar orixinal.



A páxina web de turismo do concello de Carballo infórmanos do seguinte:

Está situado no interior do municipio, na parroquia de  Aldemunde, a máis pequena de Carballo, nunha zona de gran interese paisaxístico e ecolóxico. Preto atopamos o castro de Aldemunde e, na mesma parroquia, un espazo natural de gran valor, A Ribeira da Pena, un dos bosques autóctonos máis importantes da Costa da Morte.



O dolmen da Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia. Este antigo monumento funerario está datado entre o 3.500 e o 2.700 antes de Cristo, na época de apoxeo da cultura  megalítica. Hoxe en día só conserva cinco das sete laxas que o constituían en orixe.



Di a lenda que as pedras que conforman esta anta foron carrexadas por unha muller desde o " petón de  Calvelo", mentres fiaba na  rueca e aleitaba a unha criatura.



Fotos: INICIARTE

9/9/19

Dolmen de la Velilla (Osorno, Palencia)




Monumento  megalítico formado por un  túmulo de terra asentado sobre unha base de calcarias machucadas e revestido por unha  coiraza de pequenas pedras.



No centro deste  montículo, de 20 metros de diámetro, áchase a cámara  mortuoria, delimitadas por grandes bloques de pedra en disposición  apaisada, isto é, botados sobre unha das súas caras maiores, no canto de postos en pé,  como é habitual nos dolmens. 

Na devandita cámara depositáronse os corpos de máis de 75 individuos, recubertos todos por unha capa de cinabrio, o cal se interpretou como xesto de carácter ritual. Acompañaban a estes restos humanos puntas de frechas e coitelos de  sílex, machadas  pulimentadas, contas de colar, punzóns e colgantes de óso e de cuncha, así como algúns ídolos. 



O conxunto funerario dátase en torno ao 3000 antes de Cristo.


En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Máis información en Turismo de Osorno.

Fotos: INICIARTE