Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura medieval. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura medieval. Mostrar todas las entradas

13/1/20

Colexiata de San Miguel Arcanxo de Aguilar de Campoo (Palencia): exteriores



Hai uns trinta anos estivera en Aguilar de Campoo nunha saída con alumnos (todos varóns) e cun guía magnífico. Hai uns meses regresei para contemplar outra edición das “Edades del Hombre” motivo polo cal non puden tirar fotos no interior da colexiata.

A colexiata de San Miguel Arcanxo é un templo parroquial de estilo  predominantemente gótico, situado no perímetro da Praza de España da localidade de Aguilar de Campoo, provincia de Palencia, comunidade de Castela e León, España.


Historia
A orixe do templo remontaríase á época  visigoda e experimentou unha primeira reconstrución no século  XI. Desta época non se conserva ningún resto. A segunda fábrica edificouse a principios do século  XIII e dela subsisten a fachada do pé, co primeiro tramo da torre e a portada principal, e a capela  bautismal, construídos nun estilo  románico de transición ao gótico. A estrutura principal do templo foi levantada, nunha terceira fase arquitectónica, no século  XIV, en época xa plenamente gótica.

En 1541 o papa Pablo III, a petición de don Juan Fernández  Manrique de Lara, terceiro Marqués de Aguilar e embaixador do emperador Carlos I en Roma, concedeu á igrexa o rango de colexiata, dotándoa de novos privilexios e exencións. A  erección de San Miguel ao rango colexial supuxo a supresión das máis antigas colexiatas de San Martín de Escalada, hoxe na provincia de Burgos, e San Martín de  Elines e Santa Cruz de  Castañeda, ambas en Cantabria.

No século  XV don Francisco de Soto,  Arcipreste de Fresno, mandou levantar aos pés da nave da Epístola (no lado dereito, orientada ao sur) unha capela funeraria. No seguinte século encostouse ao muro desta nave a Capela do Santo Cristo. A Sala  Capitular e a Sancristía foron as últimas construcións engadidas ao templo, no século  XVIII.


Na Colexiata conflúen os estilos tardorrománico, gótico, renacentista e barroco  herreriano. A portada occidental é un sobrio exemplo do  románico de transición:  desprovista de escultura  historiada, a porta ábrese abucinada baixo un xogo de nove  arquivoltas cuxa curva apuntada faise máis acusada desde fóra cara a dentro. As  arquivoltas descansan en 18 capiteis con decoración vexetal simple (follas de  acanto) e 16  baquetóns. Só a  arquivolta máis interior, a que dá cornixa á porta e presenta un perfil completamente oxival, está sinxelamente decorada a base de entrelazados.

Absida con obra de Manolo Paz en exposición temporal



A ábsida principal é un volume  pentagonal de tres corpos ben definidos polos seus cinco panos, os seus cinco dobres xogos de ventás  oxivais e os seus catro  contrafortes percorridos por dúas liñas de arimez, o que lle proporciona un aspecto macizo e  robusto, á vez que airoso. Entre os vans de luz cabe destacar, pola súa  tracería, o gran  rosetón do brazo meridional do cruceiro e un triangular de lados  curvos aberto na fachada occidental.

A metade superior da torre é un dobre corpo cadrado montado a principios do século  XVII, con arranxo ao austero estilo  herreriano. Loce os escudos dos Marqueses de Aguilar, Juan Fernández  Manrique de Lara e a súa esposa Branca de  Pimentel, e está rematado por unha cúpula  hemisférica. Na metade inferior, máis antiga, pode divisarse un pequeno relevo semicircular  románico encaixado na parede, que mostra a Cristo en maxestade flanqueado por anxos; é moi probable que nas súas orixes pechase o  tímpano da porta situada máis abaixo.

Texto da Wikipedia.

Fotos: Iniciarte

16/12/19

Capela de Santa Cecilia de Aguilar de Campoo (Palencia)







 A igrexa ou ermida de Santa Cecilia é un templo católico situado na localidade española de Aguilar de Campoo, pertencente á provincia de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. O templo non ten uso litúrgico regular. Eu coñecina como centro de exposicións.

O templo está situado nas ladeiras do cerro sobre o que se ergue o castelo de Aguilar de Campoo a unha altitude de 920 metros.

Historia
Non hai máis indicios dunha suposta fábrica orixinal do século XI que unha inscripción nunha lápida mencionada nun catálogo monumental. O aspecto da igrexa responde á reconstrución integral que se levou a cabo durante os séculos XII e XIII. Entre os séculos XVI e XVIII se acometeron reformas que substituíron a ábsida orixinal. O edificio, que se atopaba en estado de ruína, foi restaurado na década de 1960.

O templo foi declarado monumento histórico-artístico  (antecedente da figura de ben de interese cultural) o 9 de outubro de 1963.



Características
Ten unha planta rectangular que conta con tres naves de tres tramos con teitume de madeira e un ábside moderno con forma de trapecio ou de rectángulo, tellado con bóveda de crucería. A portada da igrexa foi fechada tentativamente cara ao século XIII. A bóveda que techa ao presbiterio ten forma de arco apuntado.


Texto: Wikipedia.

Fotos: Iniciarte.