Mostrando entradas con la etiqueta Manuais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuais. Mostrar todas las entradas

11/3/09

Eduardo Chillida. "Sobre lo que no sé": nova publicación


"Pregúntome con asombro sobre o que non sei". Eduardo Chillida (San Sebastián, 1924-2002) pronunciou estas palabras durante o seu discurso de entrada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1994. Tres lustros despois, esa frase serviu de inspiración para titular un libro: Eduardo Chillida. Sobre lo que non sé, unha edición de luxo, limitada a 2.998 exemplares, que recompila os escritos do artista acompañados da reprodución facsimilar de 60 das súas obras e nas qe as páxinas van sen coser e gárdanse nunha caixa de ferro e cristal.

"Os escritos de Eduardo Chillida son tan importantes que son o mellor xeito de coñecerlle de verdade", afirmou onte o seu fillo Ignacio, director do departamento de Obra e Artista do Museo Chillida Leku, durante a presentación do libro. Producido por Editorial Planeta en colaboración co museo, esta xoia editorial -costa 2.950 euros- está composta por tres volumes. A parte máis extensa, Máis vale cento voando, reúne textos dispersos que reflicten o seu modo persoal de ver o mundo, o proceso creativo, os seus pensamentos, as súas sensacións... Unhas veces toman un ton filosófico, noutras curmá o aspecto técnico e, en ocasións, son "pura poesía". Continúa a obra con Eu son un fóra da lei, que contén textos cos que Chillida reflexionou sobre a poesía, a razón, a música, os ángulos, a relixión ou o equilibrio, entre outras moitas cuestións. A terceira e última entrega é Preguntas, a mesma palabra coa que encabezou o seu discurso de ingreso na Academia de San Fernando e que deixa adiviñar a súa obsesión pola procura continua.

O libro, cun formato de 34 por 44 centímetros, descansa nun estoxo de ferro e cristal que pode colgarse na parede. A singularidade dos seus tres volumes é que as páxinas, nas que se van enfrontando os textos en tipografía helvética, a que máis lle gustaba, coa reprodución de debuxos e collages, desde os máis figurativos dos seus inicios ata os máis conceptuais da súa etapa final, non están cosidas. Así que quen adquira a obra poderá ir pondo en primeiro termo o escrito ou peza gráfica que máis lle apeteza gozar en cada momento. Estes tres volumes complétanse cun libro de estudos de menor tamaño (20 por 24,5 centímetros) e deseño habitual, clave tamén para entender o mundo de Chillida. Nel colabora a poeta Clara Janés, que achega aos lectores ao pensamento do creador donostiarra; o propio equipo do museo Chillida Leku expón a relación dos materiais cos que traballou o artista, e a profesora de Arte Lourdes Cirló desmenuza cada unha dos 60 obras gráficas reproducidas.

Texto e ilustracións vía El País.

Desde esta ligazón poderedes facer un seguimento fantástico a otras novas publicadas sobre o escultor vasco que permiten coñecer mellor a súa obra.

9/1/09

Libros: agasallos no tempo do nadal

Hai uns días Sarinsky nos informaba dos seus agallos en ARTECHACHI. Os que eu podo confesar, sen indicar a súa procedencia (grazas a todos e a todas) son os seguintes:

Diccionario visual de términos arquitectónicos, coordinado por Lorenzo de la Plaza.

Fermoso, claro, conciso. Fotografías, ilustracións, recreazóns, etimoloxías. Dicionario moi completo (outro máis para a colección).
Aprenderei algún día a diferenza entre columna salomónica e columna helicoidal?


Alfred Weidinger. Klimt. Electa.

Tempo atrás
INICIARTE xa dera conta da edición deste volume. Foi toda unha sorpresa que chegara ás miñas mans por unha nova relación. Un libro espectacular, sen máis, espectacular. Texto completo. Coidadas ilustracións. Toda unha delicia. Case seis quilos. Para movelo trae bolsa.



Philp Jodidio. 100 Contemporary architects. Taschen.

Un repaso a cen dos máis recoñecidos arquitectos mundiais da actualidade. De todos os continentes, de todas as nacionalidades (jé, jé) Ilustracións significativas,esmerada selección de obras. Para recrear a vista durante moito tempo. Oito quilos de cultura.


El Croquis, nº 139. Sanaa, Kazuyo Sejima, Ryue Nishizawa. 2004-2008.
Arquitectura actual xaponesa. Pureza de liñas, volumes contendentes, ideas claras, integración na paisaxe, beleza formal, da recta á curva. Toda unha lección de arquitectura.

Antón Patiño. Urbano Lugrís. Viaje al corazón del océano. Nigra Trea.

A gran sorpresa. Un magnífico pintor escribindo sobre un artista extraordinario. Sorpresa polas persoas que tiñeron a idea de ben regalarmo (grazas M. e A.), sorpresa polo contido (outro libro máis sobre Lugrís? non, un magnífico libro sobre Lugrís) sorpresa pola capacidade recreativa e descoñecida do autor.


Non está nada mal a colleita, eh?
Merecerei tanto cariño?
Non estou seguro.

5/1/09

Barceló, detrás del espejo

O fotógrafo Jean- Marie del Moral acababa de publicar "Barceló, detrás del espejo". O volume foi editado por La Fábrica, e recolle máis de 100 fotografías, que reflicten a relación entre o fotógrafo e o artista. As fotos están complementadas con catro textos de Jean Marie del Moral, nos que explica as razóns da súa atracción cara a pintores coetáneos e a súas obras.

Fotos do libro vía El Mundo.

8/11/08

Klimt: novo libro sobre o pintor austríaco

No de hoxe do xornal El Mundo:

"Todo el esplendor de Klimt en un libro.
Lleva por título 'Klimt' y lo publica la editorial Electra.
Reúne más 250 fotografías de las obras del pintor austríaco.

CARLOS GOSH (EFE)
MADRID.- El trabajo de investigación sobre las obras pictóricas de Gustav Klimt, llevado a cabo durante 20 años, ha tenido como resultado la publicación de 'Klimt', un catálogo a todo color que reúne todas sus pinturas y que ofrece nuevos caminos para la investigación y el estudio del pintor.
La brillantez de la obra del austríaco ha quedado plasmada en este libro, firmado por Alfred Weigdinger, director adjunto del Albertina Museum de Viena y experto de la obra del pintor y que ha contado con la colaboración de varios especialistas.
Los trabajos pictóricos de Klimt se reproducen a una escala sin precedentes en esta lujosa edición, que incluye 600 imágenes, de las que 460 son en color, y se completa con textos de investigación sobre las últimas conclusiones y teorías académicas relativas a la obra del artista.
La relación artística del austríaco con las mujeres reflejada en sus cuadros, su vinculación con el mundo del diseño y de la moda y su visión revolucionaria del color son algunos de los asuntos que aborda este libro y que parte de los trabajos tempranos del autor, "hasta entonces apenas estudiados", según Weidinger.
'Klimt' concluye con un estudio sobre la personalidad del creador de 'El Beso', considerada un tanto retraída. "No hay nada especial en mí. Soy pintor, alguien que pinta todos los días de la mañana a la noche. Figuras, paisajes, de vez en cuando retratos", afirma el artista en una cita que abre el capítulo final del libro, que sale a la venta en España el 21 de noviembre.
En las últimas páginas, el libro ofrece un catálogo general de la obra pictórica del artista que presenta 253 pinturas, realizadas entre 1879 y 1917, cada una de ellas acompañada de una fotografía y una ficha que incluye su datación, formato, técnica, propiedad, procedencia, exposiciones importantes, bibliografía y una breve disertación sobre la pintura.
El 'Friso Stoclet' con todo detalle
Alfred Weidinger escribe en el prólogo de 'Klimt' que "este libro, además de la belleza de los cuadros y el diseño acorde con ella, ofrece al investigador una base de trabajo fundamentalmente nueva e invita a muchos descubrimientos sobre la vida de este gran pintor".
Por otra parte, Weidinger señala que se propusieron ver todos los originales de las pinturas de Klimt y volver a fotografiarlos, y precisa que en la mayoría de los casos lograron este objetivo.
El director adjunto del Albertina destaca entre los momentos clave del proyecto la oportunidad que tuvieron de estudiar y fotografiar el Friso Stoclet por primera vez desde 1914.
Esta obra fue realizada por Klimt en un palacio de Bruselas y su propietario, la familia Stoclet, autorizó a Weidinger y a su equipo a estudiar el friso que Klimt realizó entre 1909 y 1911, y del que se incluyen una treintena de fotos en este libro."

30/10/08

Arquitecturas da provincia da Coruña. Ferrol

Hai xa uns días unha amiga, unha compañeira, agasalloume co libro de J.R. Soraluce e X. Fernández (que curta vida tivo e que tráxica morte padeceu) “Arquitecturas da provincia da Coruña. Ferrol” co gallo dos cento cincuenta anos da declaración de Ferrol, a súa vila natal, como cidade. Curioso acontecemento: celebra ela algo, e faime, a min, un agasallo. Debo ser un impresentable por non ter acontecido ao revés.

Esta monografía, ao igual que toda a colección editada pola Deputación da Coruña, presentan, non só a arquitectura da cidade departamental, senón que amosa un pormenorizado estudo sobre a historia e o urbanismo de Ferrolterra, con interesantes apartacións sobre a xeografía, a demografía e a socioloxía.

É un libro imprescindible para o coñecemento do Ferrol da Ilustración, ese que fai o impoñente Arsenal, do Ferrol modernista, co arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro e do Ferrol da actualidade tras a crise da reconversión industrial.


Moitas Grazas Loly.