Mostrando entradas con la etiqueta Arte castrexa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte castrexa. Mostrar todas las entradas

19/9/22

Castro de Montes Claros (A Laracha, A Coruña)

 







Despois de ler a nova da deseucaliptización en Historia deGalicia.gal, achegueime a coñecer este castro . Para min era só unha colina que estaba sobre A Laracha, lugar polo que paso cunha certa frecuencia.

Fiquei gratamente sorprendido polo polo tamaño do xacemento. Observei unas tres catas, dúas delas con muros.








Segundo se pode ler na Opinión da Coruña:

"A arqueóloga que dirixe os traballos, Puri Soto, cre que este castro foi “un centro de distribución de mercadorías” e na zona ademais achouse un miliario. Nunha primeira sondaxe apareceu un fragmento de cerámica ibérica, ademais doutras decoradas. A experta destacou a “superficie enorme” deste asentamento."


"A PEGADA DO XENTIL": a Pedra Encantada do Castro de Montes Claros






Fotos: INICIARTE

23/9/19

No Museo Arquolóxico de Santa Tegra

Fotos da última visita ao Museo Arqueolóxico de Santa Tegra 
(A Guarda, Pontevedra)
















16/9/19

Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)

Para información deste xacemento pódese consultar a Galipedia.







 



 







 

 

FOTOS: INICIARTE

19/3/18

Castro Dares (Quiroga, Lugo)

 

Como ben saberedes estou namorado do Courel e dos seus castros. Especialmente dos castros de Vilar e da Torre. Nunha pasada andaina tiven a oportunidade de subir (cese mil metros de ascenso practicamente en vertical) ata o Castro Dares ou de Ares.
Parapeto defensivo antes de chegar á croa

O Castro Dares atópase situado entre os lugares de Margaride e As Covas, na confluencia das parroquias de Quintá do Lor e Augasmestas. O esporón de lousa sobre o que se asenta o castro, de 70 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, ten unha orientación norte-sur.


Debido ás diferentes actuacións realizadas na súa contorna, na actualidade as súas características morfolóxicas e construtivas orixinais pasan totalmente desapercibidas, ao terse repoboado forestalmente toda a súa contorna e construído sobre o propio castro un miradoiro que cubriu boa parte do mesmo.


Pola súa situación xeográfica e orográfica privilexiada, o castro cumpre tamén a función de miradoiro natural, con fermosas vistas cara ao Val de Quiroga, río Sil e cumios que os rodean. O esporón onde se sitúa prolóngase cara ao sur ata as marxes do río Sil, conformando un dos pregamentos xeolóxicos máis interesantes da comarca.


Se quixerades coñecer un pouco máis sobre os castro desta serra recoméndovos o libro de Sonia María García García, O libro do Courel da editorial Belagua.


30/10/15

O Castro de Elviña