Hai ganas de ver acabada a Sagrada Familia.
Durante anos parecía que os traballos non avanzaban e que nunca poderiamos
contemplar o edificio que ideou Antoni Gaudí terminado. Pero a cousa cambiou, o
ritmo das obras é frenético e xa unha hai data no horizonte, a do ano 2026,
centenario da morte de Gaudí, na que se dá por feito que xa non haberá
guindastres nin operarios da construción pululando polo edificio. A data de
hoxe xa está en pé o 65% do edificio, segundo os seus responsables.
En internet son moitos os traballos que se poden
ver no que a Sagrada Familia móstrase en toda a súa magnitude. O último, é o
creado polos responsables do edificio relixioso e subido á rede o 25 de
setembro que recibiu en poucos días máis de dous millóns de visitas e segue
crecendo.
En apenas un minuto e medio pódense ver como o
edificio segue gañado altura coa construción do cimborrio e as torres centrais,
como a de Jesús de 172 metros de altura, rodeada das catro dos Evangelistas, e
a da Virxe. Tamén se ve completa a fachada da Gloria, a principal, máis grande
e monumental.
Este mesmo vídeo oficial ten unha versión
anterior, de outubro de 2012, menos realista pero máis didáctico, no que coa
mesma música de fondo especifícase o nome das novas partes do edificio ao ritmo
no que van crecendo.
Pero á marxe dos vídeos creados pola Sagrada
Familia, existen outros non oficiais que esconden o mesmo afán de ver terminado
o templo. En 2002, varios traballos asinados por Toni Meca mostran a ritmo da
Toccata de Bach o edificio completo. Unha especie de viaxe virtual ao redor do
templo que comezan na fachada da Gloria.
Noutro se pode ver un dos aspectos máis
polémicos do edificio que queda por construír: a gran escalinata de acceso que
se levará por diante parte da mazá de vivendas da rúa Mallorca.
Google ten a súa propia versión (6 minutos)
desde o ano 2009 de como será o templo terminado. Sobre unha cidade plana
sobresae o edificio tratado de forma moi esquemática e simplista. Esperábase
máis do gran buscador da rede.
Texto de El País.