Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoloxía. Mostrar todas las entradas

17/10/22

As termas romanas de Toledo

 




Localízanse na Praza de Amador dos Ríos, número 4. A visita realízase nunha sala duns 50 metros cadrados. Estes restos foron descubertos en 1986.

O texto procede do Consorcio de Toledo.




Os restos arqueolóxicos aquí conservados convértense en referentes dos sistemas e procesos construtivos empregados na Enxeñería e Arquitectura romanas de carácter civil, algúns dos cales, como o emprego do formigón de cal (Opus caementicium) ou o uso do arco formado por doelas de pedra, supuxeron unha auténtica revolución tecnolóxica na Hispania da época. Estas innovacións atópanse ben representadas neste lugar, contando tamén cun tramo de canalización ou galería abovedada fabricado con Opus Caementicium e un arco formado por doelas graníticas almofadadas, que deberon formar parte da subministración de augas limpas á cidade e, en concreto, dadas as súas dimensións, do abastecemento aos edificios públicos de maior importancia.




Como xa indicamos,  sobre estas estruturas dispúxose un complexo arquitectónico cunha funcionalidade exclusivamente balnear ou termal. Os restos aquí documentados configuran polo menos dúas estancias, a primeira delas mal coñecida polo momento, sendo a segunda unha estancia rectangular (aproximadamente 12 x 10 m.: 120 m2), cuxo subsolo foi dotado dun sistema de calefacción (hipocausto)  destinado  a caldear o alzado  da sala, configurándose como unha sorte de sauna ou sala cálida (caldarium), básica no ritual romano do baño e presente en todas as construcións termais do momento. 




As dimensións deste  caldarium, a coidada planificación da súa construción e os materiais utilizados na súa decoración (mármores, estatuas) permítennos indicar un carácter público do edificio, levantado, sen ningunha dúbida, baixo os auspicios do poder Imperial.




Polo que respecta á cronoloxía dos restos, aínda que na súa edificación pódense apreciar dous momentos construtivos claramente diferentes, corresponden a un período situado entre fins do s. I e mediados do século II d. C. Co tempo, o edificio debeu arruinarse, sendo afectado e reutilizado por novas estruturas levantadas en épocas posteriores, tales como o silo datado entre os séculos XII a XIV; os dous alxibes emprazados no seu sector occidental, datados a partir do século XVI, ou os piares de ferro que soportan a estrutura edificada do actual inmoble, levantado a principios da década de 1990.




No ano 2002, o Consorcio da Cidade de Toledo decide abordar a posta en valor destes importantísimos restos arqueolóxicos dentro dun proxecto global de recuperación da memoria histórica da cidade. En primeiro lugar conséguese que o inmoble que se atopaba nunha situación deplorable, sexa cedido ao propio Consorcio por un período de 25 anos, mediante un convenio asinado en setembro de 2002. Posteriormente, xa en 2003, abórdanse as obras de restauración que se estruturan en varias fases. Primeiro realízase unha profunda investigación arqueolóxica, exposta como intervención directa no subsolo: en segundo lugar, abórdase a reconstrución parcial das Termas Romanas para facilitar a súa comprensión, e, por último, leva a cabo a adecuación do espazo para que sirva de Oficina de Atención ao Cidadán e en especial ao investigador, unindo a revalorización do Patrimonio e a utilidade funcional nun só inmoble.





FOTOS: INICIARTE

25/10/21

Vila romana de Noville en O Seixo (Mugardos, A Coruña)

 


Re-creación da vila romana de Noville

Coñecín este xacemento cando traballaba no IFP de Barallobre (Fene) da man do arqueólogo Fermín Pérez que dirixiu as súas dúas únicas campañas e que terían como resultados o achegamento ao 5% do territorio ocupado. Fora todo un pracer e unha honra recibir as explicacións ademais de compartilas co meu alumnado. Xa naquel intre (hai trinta anos) Fermín comentara as dificultades para continuar coas investigacións polo que o xacemento estaba a entrar nunha xeira de abandono que, agardaba, nun supuxera danos irreparables no mesmo.



Fotos do chamado Sector A ou zona nobre

Pois ben, en outubro de 20021, volvín visítalo (data das fotografías) para constatar o vergoñento estado de abandono da vila.

O seguinte texto procede da web da vila:

O xacemento de Noville está, a nivel xeográfico e histórico, dentro do Golfo Ártabro que segundo as fontes clásicas (Pomponio Mela,  Plinio o Vello, Ptolomeo...) sufriu unha forte romanización. Os achados arqueolóxicos así o constatan; máis aló da proximidade de Noville ao ben coñecido faro romano de Brigantium (A Coruña) e por tanto a importantes vías de transporte mariño (tanto de cabotaxe peninsular como de travesías a zonas afastadas do Imperio Romano, como tales as Illas Británicas), Noville é unha máis das numerosas vilas romanas das que se ten constancia no noroeste atlántico da Península Ibérica.






Zona do hipocausto

A vila mariña romana competa de Noville (Mugardos), habitada entre os séculos III ao IV d.  C. é un dos xacementos romanos de maior relevancia da provincia da Coruña. A súa escavación, dirixida por Fermín Pérez Losada entre os anos 1988 e 1989, supuxo un fito no coñecemento deste tipo de establecementos na Gallaecia romana. De feito os distintos métodos de intervención arqueolóxica empregados no seu estudo permitiron coñecer de forma case íntegra a planta dun edificio que pertenceu á «pars urbana» da vila.

E para a web Patrimonio Galego:

Estivo habitada entre os séculos III y IV d.C. Responde á tipoloxía de “villa a mare” por estar situada ao lado do mar. O que máis coñecemos dela é o seu edificio principal xa que nesta zona se centraron as escavacións realizadas en 1988, dirixidas por Fermín Pérez Losada. O edificio principal era a área residencial da villa, ten planta en U cun patio aberto cara o mar no centro e dúas naves laterais unidas polo que parece unha galería transversal. Na nave oeste apareceu un sistema de calefacción tipicamente romano, “o hipocausto”, que consiste en varias salas nas que o calor é gradual segundo estean máis cerca da sala quente ou “praefurnium”.


Zonas sen limpar nin protexer

Na nave este apareceu unha sala de grandes dimensións cun salón absidiado e restos do que puidera ser un mosaico. Sería a “zona nobre”. En torno a ela existen outras dependencias como fornos, lugares para o gando e outros que aínda non se escavaron. No lugar atopáronse diversos materiais como útiles domésticos e incluso un elemento de orfebrería, un fragmento dunha cadea de ouro. Estes elementos consérvanse no Museo Arqueolóxico de San Antón, na Coruña.

Segundo a prensa (3-9-20), o Concello de Mugardos e a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta chegaran a un acordo para a elaboración don plan director para a vila romana de Noville que comezaría coa limpeza dos terreos escavados e continuaría coa expropiación do xacemento. Un ano despois desa nova… continúamos igual.


Tégulas liscadas

Fotos: INICIARTE

23/9/21

Castro da Cidá (Ribeira, A Coruña)

 



Nun monte perfectamente sinalizado e cuns accesos sorprendentemente bos, pódese visitar este exemplo de castro onde son de salientar as impresionantes vistas.




Segundo se pode ler nun panel informativo este pequeno castro da Primeira Idade do Ferro estivo habitado entre os séculos VIII-IV a. C.








Situado sobre a cima dun monte de 250 metros de altura, ubicado no estremo oeste da Serra do Barbanza, domina esta parte da serra o que ven sendo igual a ter unha magnífica visibilidade sobre as entradas das ría de Muros e, especialmente, de Arousa. Tamén pódese contemplar o magnífico Parque Natural das Dunas de Corrubedo.







Conserva tres liñas de murallas defensivas mais nos lados Leste e Norte o que defende o castro é un impresionante terraplén natural. É un castro pequeno pois so ten dúas hectáreas que darían cobillo a unha comunidade non superior a duascentas persoas.




As súas vivendas son de forma circular e, sorprendentemente para a súa antigüidade, cadradas. Tamén quedan os cimentos dunha casiña cadrada de vixilancia do século XVIII.











Fotos: Iniciarte