Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura románica en Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura románica en Galicia. Mostrar todas las entradas

17/4/23

Igrexa de Santiago de Baamonde (Begonte, Lugo)

 


Na pequena localidade de Baamonde (Begonte, Lugo) destaca a súa igrexa de Santiago pois forma un conxunto ben fermoso cos seus tres cruceiros.

Sendo nos conta a web Baamondee no panel informativo ao pé da edificación: 

Igrexa que comezou a construírse no século IX, nave do século XII e capela maior do XV (derrubada na Revolta Irmandiña). E reconstruída por orde do bispo de Mondoñedo, Pedro Arias Vaamonde, natural da localidade.




Edificación gótica construída con detalles de tradición románica na súa decoración escultórica. A parte románica acusa ou influxo dás peregrinacións a Santiago e ten dúas clases de signos de canteiros: un en forma de S e outra en forma de cadrado cun punto no medio.

De planta rectangular, fabricada con cachotería de lousa e granítica en esquinal, vans e fachada, con caparazón de lousa a dúas augas en nave, a catro no presbiterio e a tres na sancristía engadida en cabeceira, con Agnus Dei e canzorros laterais. 





Contrafortes en muros laterais e fachada. Frontis con porta con dúas arquivoltas, unha con arcos apuntados e dous capiteis de follas carnosas sobre columnas; esta porta e a lateral son máis estreitas na parte baixa. 

No frontis hai unha xanela oxival xeminada reconstruída segundo a antiga, e espadana dun só corpo e dous vans. 





Interior: urnas sepulcrais en capela maior con arcos apuntados decorados con arcos de medio punto, cabezas e flores, arco triunfal apuntado e presbiterio abovedado.

Ao carón da fachada atópanse tres cruceiros (un calvario), sendo os laterais sinxelos mentres que o central conta cun capitel de anxos, Cristo e a Doorosa. A salienta o castiñeiro milenario.






Fotos: INICIARTE.

27/2/23

A igrexa de san Martiño de Tiobre (Betanzos, A Coruña)

 


Situado sobre o castro de Tiobre e con vistas á ría de Betanzos atópase esta pequena e fermosa xoia do románico galego. Hoxe queda algo afastada da vista das persoas pois a estrada principal (Ferrol-Betanzos)  fica a uns quilómetros.

Fixen a visita no medio dun paseo coa bicicleta.

Sobre as súas orixes hai varias opinións pero sen soporte documental. Hai quen afirma que foi fundada na época das prédicas do apóstolo Santiago con base nunha suposta tradición oral. Outro suposto erudito chegou á afirmar que é da época de Constantiño, polo tanto do século IV. Para outros autores a orixe deste templo adicado a San Martiño sería da época dos suevos no século VIII (suevos no VIII?) polo dragón (habitual nas obras da época sueva) que houbo no campanario. Tamén hai quen afirma que sería máis antiga e que na época sueva sería reconstruída.

Ao carecer de soporte documental estas teorías sobre a orixe ou fundación da igrexa debemos pensar que o templo é medieval aínda que tampouco sería extrano que tivera unha orixe pre-románica.

Documentalmente a súa existencia está demostrada desde o 830, sendo restaurada e consagrada por Xelmírez a principios do século XII. En 1194 formou parte da doazón que o rei Afonso IX realizou á sede de Santiago. A mediados do século XIX desapareceu o dragón da fachada.

É igrexa dunha soa nave con ábsida rectangular con sancristía engadida polo lado norte. Presbiterio con bóveda de canón. Conta con arco triunfal abovedado e dobrado sobre o que se abriu un rosetón.




A fachada occidental ten tímpano sostido con dúas mochetas de nacela cunha cruz procesional, inscrita nun círculo e no seu brazo occidental ten un alfa e un omega que case xa non se distingue. É unha porta abucinada sobre columnas acubilladas de fustes lisos e monolíticos, con basas áticas decoradas e capiteis vexetais. Sobre a porta ábrese unha xanela alintelada feita con posterioridade á obra orixinal. A espadana que culmina o conxunto é do século XIX.






Na ábsida destaca a xanela de medio punto decorada con tras arquivoltas. O arco interior repousa sobre dúas columniñas de fustes lisos e monolíticos con basas áticas e plintos. Capiteis de decoración vexetal. 




Nos vértices da ábsida descansan tres animais. O do piñón é un año sen cruz; no muro norte un año con cabeza humana; no lado sur estaría o famoso dragón da antiga espada do templo.



O muro norte está dividido en tres partes por dous contrafortes. Baixo a cornixa hai trece canzorros, maioritariamente de proa.







No lado sur hai catro contrafortes, entre os dous centrais hai unha porta con tellaroz con cinco canzorros. A súa portada é abucinada coa arquivolta menor sostida por columnas acodilladas con capiteis vexetais. O tímpano está sobre un lintel liso e está decorado cun entrelazado cruciforme sobre o que se inscribe un gran círculo.



En conxunto, pódese afirmar que igrexa de san Martiño de Tiobre é un dos exemplares de igrexa rural románica de finais do século XII e principios do XII mellor conservada da provincia da Coruña.

O texto é un resume adaptado de María del Pilar Carrilo Lista “La iglesia románica de san Mariño de Tiobre”. En Anuario Brigantino, 1994, I, páxinas 231-240

Fotos INICIARTE.

13/2/23

Igrexa de san Xiao de Ventosa (Agolada, Pontevedra) II: o sepulcro.

 


No interior de igrexa cualificada como “a catedral do románico galego” por Filgueira Valderde, pódense contemplar tres obras moi salientables: un sepulcro, un baldaquino desmontado e situado nas paredes así como unas pinturas renacentistas.



En canto ao sepulcro aínda que autores aluden que no seu interior gárdanse os restos dun eclesiástico descoñecido, a maior parte dos estudosos afirma que o seu “propietario” é o abade Lope de Ventosa.




O mausoleo está inmerso nun conxunto decorativo onde podería apreciarse a influencia do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Hai quen suxire que, como a edificación, tamén foi modificado notablemente pois a súa ubicación orixinal fora no Mosteiro de Carboeiro.

É  obra de finais do século XIV e contén dúas figuras, na tapa con alto relevo e outra na fronte con baixorrelevo. Queda protexido por figuras esculpidas de anxos portando libros e aínda conservan restos de policromía así como por grandes animais na súa base. Nos extremos hai anxos en xenuflexión.













O conxunto vese decorado con escenas relativas á morte: María co seu fillo nos brazos ademais de Salomé, á dereita e san Xoán Evanxelista á esquerda, ademais de María de Cleofás e María Magdalena cun bálsamo.




Sobre este fondo policromado do sarcófago hai outras representacións simbólicas como son o sol e a lúa a xeito de bóveda celestial que acolle ao falecido.




Por riba deste conxunto figuran dúas arquivoltas  con rica decoración escultórica na que destacan escenas de vida cotiá.



Sobre a tumba hai dous frisos. No inferior, dez apóstolos que semellan que portan instrumentos da paixón de Cristo (como os anxos do Pórtico da Gloria) 




e no friso superior hai un pantocrátor cos apóstolos Pedro e Santiago e anxos cantores e músicos.




Manuel Gago salienta neste conxunto artístico a presenza dos "homes verdes"





Texto procedentes de Capítulo Cero e Galicia pueblo a pueblo e Románico digital.

Fotos: INICIARTE.