Mostrando entradas con la etiqueta Cultura castrexa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura castrexa. Mostrar todas las entradas

19/9/22

Castro de Montes Claros (A Laracha, A Coruña)

 







Despois de ler a nova da deseucaliptización en Historia deGalicia.gal, achegueime a coñecer este castro . Para min era só unha colina que estaba sobre A Laracha, lugar polo que paso cunha certa frecuencia.

Fiquei gratamente sorprendido polo polo tamaño do xacemento. Observei unas tres catas, dúas delas con muros.








Segundo se pode ler na Opinión da Coruña:

"A arqueóloga que dirixe os traballos, Puri Soto, cre que este castro foi “un centro de distribución de mercadorías” e na zona ademais achouse un miliario. Nunha primeira sondaxe apareceu un fragmento de cerámica ibérica, ademais doutras decoradas. A experta destacou a “superficie enorme” deste asentamento."


"A PEGADA DO XENTIL": a Pedra Encantada do Castro de Montes Claros






Fotos: INICIARTE

23/9/21

Castro da Cidá (Ribeira, A Coruña)

 



Nun monte perfectamente sinalizado e cuns accesos sorprendentemente bos, pódese visitar este exemplo de castro onde son de salientar as impresionantes vistas.




Segundo se pode ler nun panel informativo este pequeno castro da Primeira Idade do Ferro estivo habitado entre os séculos VIII-IV a. C.








Situado sobre a cima dun monte de 250 metros de altura, ubicado no estremo oeste da Serra do Barbanza, domina esta parte da serra o que ven sendo igual a ter unha magnífica visibilidade sobre as entradas das ría de Muros e, especialmente, de Arousa. Tamén pódese contemplar o magnífico Parque Natural das Dunas de Corrubedo.







Conserva tres liñas de murallas defensivas mais nos lados Leste e Norte o que defende o castro é un impresionante terraplén natural. É un castro pequeno pois so ten dúas hectáreas que darían cobillo a unha comunidade non superior a duascentas persoas.




As súas vivendas son de forma circular e, sorprendentemente para a súa antigüidade, cadradas. Tamén quedan os cimentos dunha casiña cadrada de vixilancia do século XVIII.











Fotos: Iniciarte


20/9/21

Castro de Curalha (Chaves, Portugal)

 


Entre os anos 1974 e 1985 este pequeño poboado tivo dez campañas de escavacións. Conta cuns acceso magníficos e unha boa sinalización.







É un poboado fortificado, de forma elipsoidal, que se aproveita das boas condicións defensivas desta pequena coliña sobre o Támega. Recolle varios séculos da historia desta freguesía de Chaves posto que foi un poboado castrexo, logo ocupado polos romanos e continuaría habitado en época baixo medieval e medieval.




A súa estrutura defensiva consta de tres liñas sucesivas de murallas das que só dúas pechan completamente o perímetro de dúas hectáreas. Ademais conta cun campo de pedras fincadas.





O acceso ao interior do recinto faise pola última muralla que conta con tres portas de acceso e cinco ramplas.








O poboado semella estar estruturado a partires dunha rúa central ao longo da que se levantan edificacións rectangulares que, en moitos caso, comparten paredes. Tamén hai vivendas rectangulares pegadas á parte interna da última muralla.


Fotos: Iniciarte