Fiel á súa cita anual, o pasado venres 28 de novembro foi inaugurada a exposición correspondente á XXV edición do Certame de Pintura Concello de Cambre. É un certame de recoñecido prestixio a nivel galego (o máis importante dos que organizan os concellos de menos de cincuenta mil habitantes como lembrou o alcalde Antonio Varela) e español. Cada ano, cinco personalidades de recoñecido prestixio no ámbito das artes (pintores, escultores, ilustradores, arquitectos…) e do académico (docentes universitarios) forman parte do xurado. Nesta edición, o xurado estivo composto, nin máis nin menos, que por:
Agustín Ibarrola Goicoechea, escultor e pintor (Bosque de Osma, Bosque encantado de Salamanca, pedras de Allariz)
Guillermo Pérez Villalta, arquitecto, pintor (neomanierista entre a relixiosidade e a mitoloxía)
Concha Jerez, artista interMedia e profesora universitaria en Salamanca.
Pepa Cerviño Lago, profesora universitaria na Coruña.
En edicións anteriores calquera artist
A calidade das case trescentas obras presentadas foi salientada polo secretario do xurado, Xosé Cobas, auténtico protagonista, moi ao seu pesar, do emocionante e emocionado acto da inauguración, pois confirmou que despois de 25 anos organizando o Certame este ofoi o seu último traballo e que cómpre iniciar unha nova xeira na organización do concurso. Sen dúbida, Xosé Cobas, ilustrador bo onde os haxa (admirade o seu último traballo O libro das viaxes imaxinarias xunto ao seu amigo Xavier P. Docampo), ten ben merecido un descanso e tamén, sen dúbida, ten merecido unha homenaxe pública.
Os premiados foron:
Premio Extraordinario, dotado con 10.000 euros.
Ana María Sánchez González (Madrid): Augas do mundo.
1º Premio
Lola Berenguer Suárez (El Ejido, Almería): Once del doce.
2º Premio
Jorge Juan Vázquez Carmona (A Coruña): Trama Pi.
Accésit: José Manuel Vela Caballero (pozuelo de Alarcón, Madrid): Pintor con cerdo.
Mónica Santos Godoy (A Coruña): Sentido.
O catálogo, como sempre, foi magnificamente editado pola Deputación da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario