15/2/16
18/2/13
Baldaquino da catedral de Santiago de Compostela
No altar maior da cetdral de Santiago, atópase o Baldaquino, unha das obras máis senlleiras do barroco compostelá.
Dun xeito resumido, Artehistoria, conta que:
"A historia deste gran baldaquino que coroa e monumentaliza a tumba de Santiago tivo o seu inicio xa en 1643, cando o Cabildo propuxo reformar a Capela Maior, pedindo trazas en 1648 a dous mestres de Madrid; o Cabildo optaba por un retablo de prata situado baixo o Tabernáculo xa existente, idea que rexeitou de plano Vega y Verdugo, tanto pola estreitez do espazo da Capela Maior como porque un retablo non era apropiado para visualizar o lugar da tumba. A súa proposta está dominada pola idea da consecución dunha corrección óptica que permita captar o espazo da Capela Maior como un gran recinto aéreo e dinámico, o que levará a utilizar como soporte columnas salomónicas e a erixir o baldaquino sobre catro grandes anxos en voo superando, segundo as súas propias palabras, "ao de Roma (o baldaquino de Bernini) mellorado, pois si alá columnas o sosteñen, acá anxos estanlle sustentando".
Pola súa banda, o profesor da Escola de Arquitectura da Coruña, José Ramón Alonso Pereira ten publicado o seguinte artigo sobre a arquitectura do baldaquino, titulado: "Excelencias arquitectónicas del Tabernáculo compostelano":
7/3/12
Santiago Matamouros en Logroño
A portada foi realizada na segunda metade do século XVII por Juan Raon, e a hornacina que acubilla a Santiago Matamouros, dun escultor flamenco de nome descoñecido, está datada en 1737.
5/3/12
Pedro de Mena: Magdalena penitente
1/3/12
Gregorio Fernández: A Piedade
Tras coñecer algo máis o seu Cristo Xacente, imos hoxe deternos na obra Piedade do lugués Gregorio Fernández que tamén podémola contemplar no Museo Nacional de Escultura de Valladolid. Lembremos que o de Sarria é considerado coma o mellor expoñente da escultura barroca castelá, da escola de Valladolid, dunha escola que pretendía transmitir relixiosidade polo impacto visual das súas obras, polo impacto emocional que transmiten as súas esculturas.
Trátase dunha obra en madeira policromada por Marcelo Martínez e con vidro nos ollos. Podemos datala en 1616 e a súa pintura no ano seguinte. Procede da Confraría da Nosa Señora das Angustias de Valladolid. Debemos dicir que inicialmente formaba parte do paso procesional “Paso da Sexta Angustia”. Foi mandada realizar para sustituír ao vello “papelón” pois así chamábanse aos pequenos pasos nos que se empregaba, ademais de madeira e tea, cartón encolado. Como se pode apreciar nas fotos, o conxunto que hoxe podemos ver consta da Virxe, Cristo morto e os dous ladróns crucificados, mais orixinalmente tamén figuraban María Magdalena e san Xoán.
Loxicamente a nosa atención deberá deterse na figura feminina do conxunto, onde apreciamos como, cun xeonllo, a Virxe soporta o peso do seu fillo recén morto, mesmo semellando que esbara. María suplica ao ceo coa mirada e co brazo dereito. Xa non é un tipo compositivo coma o da Piedade do Vaticano de Miguel Anxo. Aquí xa non hai unha composición, pechada, piramidal e equilibrada, senón que priman as liñas diagonais e as asimetrías, como debe ser en toda obra obra barroca.
O corpo morto marca unha liña diagonal, dándolle ao conxunto unha clara asimetría. Ademais, Gregorio Fernández volve amosar o seu dominio técnico, a súa capacidade de transmitirnos o verismo das súas obras, a través do corpo espido. Fronte á figura do Cristo espido, saliéntanse as vestimentas da súa nai: grandes panos en que marcan fortes contrastes lumínicos. É dicir, puro teatro, puro teatro barroco.
O rostro do Cristo volve ser todo un exempro do dominio técnico de Fernández. E... por suposto, coa boca entreaberta.
Tedes máis información sobre a obra deste lugués, no blog de Paco Hidalgo, Artetorreherberos. As fotos son de INICIARTE.
23/2/12
Gregorio Fernández: Cristo xacente
Talla en madeira policromada. 46 x 74 x 191 cm.
Comitente: Casa Profeta da Compañía de Xesús en Madrid. Ubicación actual: Museo Nacional de Escultura, Valladolid. É propiedade do Estado desde 1767 coa expulsión dos xesuítas.
Bibliografía:
Martín González, Juan José. El escultor Gregorio Fernández. Madrid, Ministerio de Cultura, 1980.
Martín González, Juan José. Escultura barroca en España, 1600-1770. Madrid, Cátedra, 1983.
30/3/11
Catedral de Santiago: esculturas barrocas do Obradoiro
Fotos de Iniciarte.
2/4/09
A escultura barroca española: unha introdución
A escultura española da arte barroca ten unha evolución distinta á europea. Fronte á escultura barroca de Italia e Francia de orixe berniniana, en mármore e bronce con amplo uso da mitoloxía e da alegoría, en España cultívase a escultura en madeira policromada de carácter exclusivamente relixioso, que se pon por enteiro ao servizo da piadosa sensibilidade contrarreformista, que procura aproximar a realidade do feito relixioso representado para mover a sensibilidade do crente, quen asiste, así, en certo modo, ao feito (ao “paso”) da Paixón de Cristo, ou sinte ós santos como persoas vivas e reais, próximas enteiramente á súa realidade cotiá.
Mirade como o Museo Nacional de Escultura aborda este tema para introducir a figura do galego Gregorio Fernández:
"No século XVII, nun contexto de illamento fronte a Europa e de clara decadencia política, social e económica por esgotamento da monarquía dos Austrias, prodúcese un dos momentos máis brillantes da escultura española. O estamento eclesiástico, principal promotor deste xénero, convértese, fronte ao movemento protestante, en decidido defensor do valor pedagóxico e moral das imaxes e reforza a súa utilización como instrumento de achegamento da mensaxe doctrinal aos fieis, fixando normas para facelas claras e comprensibles, verosímiles, e capaces de emocionar e conmover.
A escultura española, partindo destes principios, desenvolve unha personalidade propia utilizando o realismo como linguaxe plástica máis idóneo, policromando as figuras con cores sobrias para evitar a distracción do fiel e empregando postizos (ollos de cristal, dentes de marfil...) para reforzar ese achegamento ao real. Tállanse figuras de intenso dramatismo, pero de actitudes acougadas, alleas ao dinamismo berninesco imperante en Europa.
Un novo programa temático adaptado aos postulados contrarreformistas con episodios da Paixón de Cristo, escenas de exaltación mariana e variada representación de santos (mártires, penitentes, místicos...) ponse ao servizo dos fins comentados. Serán dous os centros escultóricos que, por diferentes vías, chegan a elaborar esta nova linguaxe: Castela e Andalucía".
Ilustración: Cristo Xacente de Gregorio Fernández vía Ua.es
Finalmente, observade estes dous vídeos sobre as escolas de Castela e de Andalucía:
27/3/09
Bernini: O éxtase de santa Tareixa

ta de chama. O anxo afundiu varias veces o dardo no seu corazón producíndolle unha dor intensa, pero deixándoa ao mesmo tempo consumida polo amor de Deus. Bernini ofrécenos de novo unha imaxe momentánea: o momento en que o anxo levanta o dardo para volvelo a cravar. Pero o que realmente nos presenta é unha visión do feito. Cando nos arrodillamos na capela o artista creou ante os nosos ollos esta visión. De feito, o grupo escultórico da santa e o anxo é só unha parte da visión total. A santa, esculpida en mármore puído branco, cae desvanecida cara atrás sobre unha nube de cor máis escura, mentres os raios dourados da iluminación divina se esparcen desde arriba, iluminados por unha fiestra oculta. Na bóveda superior, os ceos ábrense revelando máis anxos. E a autenticidade da visión queda reforzada pola irrupción da estrutura arquitectónica cara a nós e pola presenza das figuras de fieis esculpidas en balcóns a cada lado da capela pouco profunda.

