Mostrando entradas con la etiqueta Arte Dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte Dixital. Mostrar todas las entradas

14/5/12

Jaume Plensa: The Crown Fountain (Chicago)


O deseñador desta escultura-fonte é o barcelonés Jaume Plensa (1955). 

Consta dunha dupla estrutura prismática no lado sur-oeste do Millennium Park de Chicago. Foi inaugurada en xullo de 2004, a partir dunha idea plasmada no 2000 e construída desde 2003. Forma parte dun extraordinario conxunto de esculturas situados por todo o downton e das que Iniciarte xa vos falou (Picasso, Moore, Miró, Kaspoor, ) 

Consta de dúas torres paralelas creadas con bloques de vidro de case 16 metros de altura proxectando permanentemente imaxes de caras de cidadáns de “cidade do vento” seleccionadas entre máis dun milleiro de voluntarios fotografados polo propio deseñador catalán, en pantallas LED. Á altura da boca destes cidadáns xorde auga en intervalos temporais regulares, polo que na primavera e no verán fórmase un pequeno estanque para o goce da cidadanía. 

En palabras do propio escultor: “Unha fonte é a memoria da natureza, o marabilloso son dun pequeno río nas montañas trasladado a unha cidade. Para min, unha fonte no só significa un gran chorro de auga. Significa humidade, a orixe da vida”. 

O magna obra foi construída coa colaboración dos arquitectos Ronal Krueck e Mark Sexton (Krueck & Sexton Architects) que trataron de converter en realidade as ideas de Plensa. A fonte, ou fontes, está realizada con 22.000 bloques de vidro, realizados en Pensilvania. Estas pezas tiñan que ser da cor da “auga branca” para que non modificaran as cores a proxectar ou a producir na pantalla LED. Ademais deberían ser moi finas, só dúas pulgadas de espesor, para evitar a distorsión das imaxes. Cada un destes vidros está colocado sobre unha cuadrícula de aceiro inoxidable agochada pero que facilita o cambio de calquera vidro que se poida estropear. 

Cada pantalla LED é de 24 pes de ancho por 50 de altura, composta por 294 paneis conectados. En cada unha das pantallas prodúcense máis de 4,4 trillóns de cores. Algo que chama poderosamente a atención é que estas pantallas son enfriadas con ventiladores do garaxe situado debaixo do parque. As imaxes proxectadas proceden dun bucle aleatorio e continuo entre os cidadáns de Chicago fotografados por Plensa. 


Todas as persoas participantes na iniciativa (alcalde Richard M. Daley), o deseño (Plensa), financiación (Familia Crown) e construción (Krueck & Sexton) da obra teñen manifestado a súa satisfacción polo uso que a cidadanía de Chicago está a facer da fonte tal e como se pode apreciar no libro de Russ. 

Bibliografía Cesar Russ. The Crown Fountain. Millennium Park. Chicago. 2009, Realviews. 

Post dedicado a Marta V., quen gozou tanto da arte de Chicago coma nós porque como di o fotógrafo madrileño César Russ, esta cidade “sempre te da máis do que podes imaxinar”. 



14/10/11

Berlín: arte en 3 D

Ultimamente a nosa compañeira Susana non para de enviarnos interesantísimos vídeos. Mirade o seguinte:


7/3/11

Roma en 3D desde Flickr

A partir dos millóns de fotos que hai Flickr, algúns usuarios atrevéronse a recrear en tres dimensións algúns espazos moi coñecidos: O Coliseo, a Fontana de Trevi, A Pietá do Vaticano de Miguel Anxo e tres lugares moi importantes de Berlín. Agardo que vos guste.



Visto en La brújula verde.

23/1/11

Que frío!!!

Que frío vai estes días... non si?

17/9/10

Desperate Housewives: arte na televisión

Iniciamos un novo curso e hai que facelo amodiño... E que mellor que principiar cun vídeo dunha serie de televisión?

Cantas obras obras de arte poderá recoñecer o meu novo alumnado neste vídeo?
Algunha?

E, ao final do curso poderán recoñecer algunha máis?


24/10/09

Matrix en C.S.I. Os dous minutos máis caros da TV

Os dous minutos máis caros e lentos da historia da televisión. Matrix en CSI. Que vos parece?



Vía Spinoff.

8/9/09

Setglass: páxina recomendada


Hoxe quixera presentarvos Setglass, unha páxina feita en Cataluña, sen referencias á súa webmáster, polo que respetarei o seu silenzo e non a identificarei.


A páxina é pura arte, pura fotografía, puro deseño, pura calidade. Unha caixa sen fondo. Inmensa. Imposoble gozala toda dun tirón. Chea de sorpresas.


Coa súa propia revista on-line e outras seccións.


Fainos adorar as súas viaxes.


Non está actualizada, pero quen dixo que a arte ten data de caducidade?


A disfrutala.

25/12/08

Arte dixital: o corpo

23/10/08

Cambio climático: unha animación

Agora que hai algún que se atreve a falar dos "profetas apocalíptico do cambio climático" e que chega a dubidar da súa existencia e da responsabilidade humana no mesmo, mirade esta fermosa e impactante animación dixital.




Global Warming from ivan oviedo on Vimeo.


Vía: Artecg.

20/7/08

Dentro dun cadro de Van Gogh

Post dedicado a Sara, blogmáster de Artechachi.
Vía o noso blog amigo Trafegando ronseis, coñecín este vídeo de Manuel Vuelta, no que poderemos sentírmonos protagonistas dun cadro de Van Gogh.

6/7/08

Arte dixital e só dixital

Grazas á nosa amiga Charo Sánchez-Gabriel, webmáster do blogue amigo Mesturas podo presentar este post. O texto é de Mesturas.


"Dqbooks é unha iniciativa de varios fotógrafos e artistas gráficos que, de momento, só esta dispoñibel de forma gratuita na rede. Por agora podemos gozar destas catro publicacións virtuais que, de seguro, veremos pronto incrementadas. Unha idea francamente interesante que poderíamos discutir no seu momento cando nos preguntamos se a arte é posible fóra das canles habituais. Os catro libros exhiben temáticas moi diversas e estan executados por artistas moi diferentes. Todas as presentacións traen un fondo musical incorporado".