Antonio Canova (1757-1822) representa coma ningén o espirito revolucionario de finais do século XVIII. Orfo desde os tres anos, quedeou ao coidado do seu avó, aprendedo axiña o aficio de canteiro onde amosou grandes habilidades. Tras unha pouca formación co escultor Coballa en Venecia, xa aos dezaseis anos recibe o seu primeiro encargo, traballando sen descanso ata que en 1779, con vintedous anos, fai a súa primeira exposición. Para continuar formándose viaxo ata Roma onde recibe o encargo da familia dun principe para a realización dun monumento escultórico dedicado ao papa Clemente XIII e destinado á Basílica de san Pedro. O monumento foi inagurado en 1792.Influido por Winckelmann, o primeiro historiador moderno da
arte occidental, e defensor dun regreso aos clásico, tras o descobrimento das ruínas de Pompeia e Herculano, Canova utilizara a mitoloxía como principal tema nas súas obras. Así fará un Hércules e Lichas. Sendo xa famoso foi chamado por Napoleón Bonaparte a París, onde realiza varias obras(Busto de Napoleón, Napoleón divinizado, Paulina Borghese). Tras o seu regreso a Roma, pasando antes pola corte austríaca, foi enviado polo Papa de novo a París, mais agora co encargo de solicitar a devolución das obras artísticas usurpadas polo emparador francés durante a súa guerra de conquista en terras italianas.
O nome de Canova asóciase esencialmente a esculturas de mármore de acabado e pulido perfectos, que encarnan a beleza ideal e son frías e distantes, libres da expresión de calquera sentimento ou turbación. Este escultor, que encarna de marabilla o gusto do seu tempo, plasmou a beleza natural en repouso, libre de calquera movemento espontáneo e cunha monocromía e simplicidade que contrastan vivamente coa etapa barroca precedente. Canova ten, ademais, o mérito de renovar profundamente o xénero do sepulcro monumental, grazas aos que esculpiu para os papas Clemente XIII e Clemente XIV. Entre as moitas efixies oficiais que realizou é particularmente soada o Napoléon espido, cabal ilustración dos ideais neoclásicos. A súa fama como artista lle abriu numerosas portas e converteuno nun home enormemente influínte.
Foi un escultor caracterizado pola plasmación dunha beleza ideal, polo interese polo corpo humano, pola elegancia na liña, pola textua suave, pola claridade compositiva e pola utilización do mármore e do bronce.Hai que reñoñecer a Canova a importancia que tivo na conservación dos mármores do Partenón levados a Londres polo conde de Elgin, xa que foi el quen sentenciou a autenticidade e a importancia da colección levada á capital británica. Ademais xa tiña desaconsellado con anterioridade a restauración destas únicas pezas de Fideas.
Obras:Orfeo y Eurídice (1773); Dédalo e Ícaro (1779); Apolo coroándose a si mesmo (1781); Teseo vencedor do Minotauro (1783); A Meliceci do Moiete (1782); Tumba do papa Clemente XIV (1784); Tumba do papa Clemente XIII (1792); Eros (Cupido) e Psique ou O amor de Psique (1793); Monumento fúnebre de María Cristina de Austria (1798-1805); Estatua de Esculapio Perseo coa cabeza de Medusa (1801); Monumento fúnebre de Vittorio Alfieri (1804-1810); Busto de Napoleón Bonaparte; Napoleón como Marte Pacificador ou Napoleón divinizado (1806); Paulina Bonaparte (1807); Hércules e Lichas (1815); As tres Gracias (1816); Hebe (1816); Venus e Adonis.
