Mapping Sant Climent de Taüll from Mapping Sant Climent de Taüll on Vimeo.
Mostrando entradas con la etiqueta Pintura románica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pintura románica. Mostrar todas las entradas
27/11/16
14/11/15
Frontal do altar de san Quirce de Durro (Lleida)
98 x 129,3 x 6,5 cm
Adquisición da "Junta de Museus" na campaña de 1919-1923
Num. de catálogo: 015809-000
Procede da ermita de Sant Quirc de Durro (La Vall de Boí,
Alta Ribagorça).
Temple sobre táboa
Na última visita que fixen ao Museo Nacional de Arte de Catalunya tiven tempo para gozar
desta peza.
Lembremos as características básica da pintura románica naPenínsula Ibérica:
Caracterízase a pintura románica polo escaso estudo da
natureza que revelan as súas figuras, pola seriedade e uniformidade dos rostros
na forma humana, pola simétrica pregadura dos panos, polas violentas actitudes
que se dan aos personaxes ao representar unha escena e o ríxido hieratismo
cando as figuras non han de expresar accións, polos seus contornos demasiado
firmes ou acentuados e, en fin, pola falta de perspectiva que ofrece a
composición en conxunto. Polo tanto non se rexe por imitación da natureza senón
por unha conceptualización racional. Isto fai que as figuras sexan planas,
alargadas e sen perspectiva. Os personaxes
escalónanse e adoptan diferentes
tamaños en función da súa relevancia. Os ollos e mans adquiren desproporcionada
dimensión pois son as partes da anatomía humana máis expresivas espiritualmente
falando.
As cores empregadas son intensas e brillantes (vermello,
amarelo, laranxa e azul) e dispóñense en franxas contiguas de cores moi
contrastadas entre si. A cor negra servía para perfilar as figuras.
A pintura románica sobre táboa desenvolveuse especialmente
en Cataluña. Decoraba principalmente frontais de altares e pequenos retablos. A
diferenza da pintura mural ao fresco, utilizábase a técnica do temple. Todo o
referente á pintura mural é válido para a pintura en táboa no referente á
iconografía (claramente relixiosa) e a estética que segue baseándose no
hieratismo simbólico románico. A gama de cores é a mesma así como a súa
figuración.
Sobre a pintura románica catalá sobre táboa podemos afirmar que durante o século XII comezou unha nova etapa de evolución da
pintura románica catalá apoiada e favorecida polo poder dos condes e a
organización da Igrexa. Xurdiron unha serie de artistas pintores establecidos
en talleres sen a necesidade de facer un traballo itinerante. As obras que
saíron deses obradoiros foron esencialmente, frontais de altar (chamados tamén
antipendios) realizados sobre táboa. Os temas iconográficos son escenas
narrativas sobre a Biblia e vida de santos. Non se coñecen datas polo que o seu
estudo desenvolveuse de acordo coas fórmulas estilísticas e o lugar e
circunstancias onde sexan atopadas estas obras, que por outra banda constitúen
un material abundante. As pinturas sobre táboa atopadas na rexión histórica de
Cataluña Vella representan unha obra excepcional da época medieval en Europa.
Moitas se conservan no MNAC.
Esta táboa está adicada aos santos Xuliña e Quirce. Que é o
que representa?
Tomando como base a información facilitada pola Wikipedia,
os santos Xuliña ou Xulieta e o seu fillo Quirico, tamén coñecido como Quirce,
eran cristiáns naturais de Licaonia (Asia Menor) que emigraron a Tarso fuxindo
da persecución decretada polo emperador Diocleciano. A tradición cristiá relata
que no ano 303 foron detidos polo gobernador Domiciano, e que o pequeno Quirce
morreu por declarar a súa fe, durante o martirio da súa nai, asasinado con
brutalidade polo propio xuíz que vixiaba o cumprimento da sentenza. Ambos
cadáveres foron arroxados a unha fosa común, de onde uns cristiáns, segundo a
tradición, sacáronos para darlles sepultura.
O culto dos santos Quirico e Xuliña difundiuse rapidamente
en Oriente, venerándose de especial modo en Antioquia onde se conservaban as
súas reliquias. En Europa occidental o encargado de difundir a súa devoción foi
o bispo Amador de Auxerre cara a finais do século IV e inicios do V, quen se
supón trasladou as súas reliquias desde Antioquía ata Marsella.
Durante a Idade Media tivo a súa gran difusión por España e
por Italia. O papa Vixilio (537-555) erixiu unha igrexa a nome dos mártires en
Roma á altura dos foros. Hoxe é título cardinalicio.
Quirico e Xuliña son considerados avogados dos pobres, dos
serradores e dos nenos.
Son varias as localidades en España que veneran a Xuliña e
Quirico. A localidade catalá de San Quirze (ou Quirico) do Vallés toma o seu
nome da abadía consagrada en 1050 polo bispo de Barcelona. En Durro (LLeida)
hai unha igrexa románica dedicada aos santos; nela figuraban unhas pinturas do
século XII alusivas ao martirio e foron levadas, pola súa calidade, ao Museo de
Arte de Cataluña, en Barcelona.
Seguindo ao sempre admirado Juan Diego Caballero, esta táboa
é de autor descoñecido, aínda que probablemente do obradoiro da Seo de Urgell,
e de mediados do século XII. Narra o martirio desta nai e do seu fillo case a
xeito dun cómic actual: dentro dun marco
repetitivo atópase no centro, cal améndoa mística, a Xuliña e a Quirce no seu
colo, para, nos lados e situados de dous a dous, amosar catro escenas do
martirio, que de abaixo a arriba e de esquerda a dereita son as seguintes:
O mergullamento nun
caldeiro de aceite fervendo da nai e do fillo coa “axuda de dúas persoas que
tratan de afundirlle as cabezas en composición moi simétrica.
Coiteladas varias ao fillo. Especialmente curiosos son os
canons corporais aplicados así como as disposicións dos pés.
Finalmente, martilleo de cravos na testa do santo por dúas
persoas que, coma nos casos anteriores van vestidas con túnicas vermellas.
Volve ser curioso o tamaño das testas e as posición dos pés.Fotos de Iniciarte.
Etiquetas:
Arte medieval,
Arte románica,
Pintura románica
12/1/11
O Pantocrátor de Taüll por Juan Carlos Ortega
O Pantocrátor de Sant Climent de Taüll é o símbolo do románico español. Juan Carlos Ortega pregúntase por que, a diferenza dos habitantes do século XII, vemos o románico como unha arte bela e se, en realidade, temos a verdade da visión estética. Ortega visita o Pantocrátor orixinal, no Museu Nacional d'Art de Cataluña, e a copia deste, situado precisamente na ábsida da igrexa pirenaica. Coñeceremos o simbolismo que esconde esta pintura mural e como foi o proceso de arranque e traslado das pinturas a Barcelona. E o máis importante: os motivos.
Etiquetas:
Arte medieval,
Arte románica,
Obras,
Pintura románica,
Vídeo
10/1/11
A pintura románica
A xeito de resume da pintura románica, imos ver esta presentación de Alberto Rubio (IES Julio Caro Baroja, Fuenlabrada)
Pintura RomáNica
View more presentations from instituto julio_caro_baroja.
Etiquetas:
Arte medieval,
Arte románica,
Pintura medieval,
Pintura románica
23/12/08
A pintura románica: os vídeos
San Climent de Taüll
San Isidoro de León
Etiquetas:
Arte medieval,
Arte románica,
Obras,
Pintura medieval,
Pintura románica,
Vídeo
13/1/08
A Pintura Románica: a construción do espazo
Nas imaxes da pintura románica debía quedar fóra as características temporais e accidentais das cousas e permanecer só os caracteres máis sobranceiros e permanentes e, por iso, os máis perfectos.(...) A preocupación pola percepción ou polos seus compoñentes, a busca das leis non estivo ausente no mundo medieval pero na pintura románica non pode definirse un sistema de perspectiva... O espazo románico xurde dun proceso de construción non unitario que ha de entenderse na orde do simbólico e no do formal. (...) O pintor románico considera entón a superficie como un lugar de proxección de imaxes que pretende que sexa simulacro do verdadeiro e iso apártase do
desexo e da necesidade de atopar un modelo ou sistema que permita transcribir o que ve, posto que en todo caso carece de importancia. (...) Para o pintor, o espazo que debía de transcribir debía construílo a partir dunha integración, dunha suma de conceptos plásticos que se organizaban tendo como punto de partida a totalidade unificadora da superficie de soporte. A través da representación os distintos elementos figurados ían definindo o seu propio espazo unitario e por relación posicional o narrativo.
(...) Idealmente a composición románica tería unha expresión radial centrada na ábsida. (...) Os muros laterais son espazo-camiño; neles o narrativo suplanta o sintético.”
Texto adaptado de Joan Sureda. La pintura románica en España. Alianza, 1985.
(...) Idealmente a composición románica tería unha expresión radial centrada na ábsida. (...) Os muros laterais son espazo-camiño; neles o narrativo suplanta o sintético.”
Texto adaptado de Joan Sureda. La pintura románica en España. Alianza, 1985.
SlideShare Link
Etiquetas:
Arte medieval,
Arte románica,
pintura,
Pintura románica
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

