Mostrando entradas con la etiqueta Impresionismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Impresionismo. Mostrar todas las entradas

31/3/16

Mary Cassat

6/4/15

Cezanne

3/4/14

Monet en 3D

31/3/14

Manet: O almorzo na herba

12/4/11

Impresionismo: crítica á segunda exposición, 1876

Comentario crítico, e desafortunado, á segunda exposición impresionista (Degas, Monet, Pissarro, Renoir, Sisley e Berthe Morisot)

"A rúa Le Peletier ten mala sorte. Despois do incendio da Ópera ocorre un novo desastre no barrio. Acaba de inaugurarse no estudo de Durand-Ruel unha exposición que se di é de pintura. Ingresei nela e os meus ollos arrepiados contemplaron algo espantoso. Cinco ou seis lunáticos, entre eles unha muller, reuníronse e expoñen alí as súas obras.Un grupo de desgraciados tocados pola tolemia da ambición, déronse cita para expor as súas obras. Vin persoas desternillándose de risa fronte a estes cadros, pero a min me angustiaron. Estes pretendidos artistas considéranse revolucionarios, "impresionistas". Toman un pedazo de tea, cor e pinceis, o embadurnan cunhas cantas manchas de pintura postas ao azar e asínano co seu nome. Da mesma forma, os tolos do manicomio de Ville-Evrard recollen pedras e figúranse que recolleron diamantes.


Espantoso espectáculo de vaidade humana que se extravía ata a demencia. A ver quen explica ao señor Pisarro que as árbores non son violetas! Que alguén lle diga ao señor Degas que en arte hai algunhas calidades que teñen un nome: o debuxo, a cor, a execución. Que intenten explicarlle ao señor Renoir que o torso dunha muller non é unha morea de carnes en descomposición con manchas verdes, violáceas".

Albert Wolf. Le Figaro, 3 de abril de 1876.

Ilustración: Renoir. Espido ao sol. 1875-76, óleo sobre lenzo, 81 x 65 cm. Museo de Orsay

1/5/10

1º de Maio: Os cepilladores do parqué


Gustave Caillebotte, Os cepilladores do parqué
1875, 102 X 146,5 cm Museo d´Orsay

Gustave Caillebotte foise unindo ao grupo de pintores impresionistas a comezos da década de 1870.
Sería Monet quen marcou os seus inicios como pintor impresionista aínda que sempre predominou o seu autodidactismo ata que se matriculou, para estudar arte, na Escola de Belas Artes. Un trazo característico, fronte ao grupo inicial masculino do Impresionismo, era a súa boa situación económica, o que lle permitía adquirir cadros das súas amizades e así axudarlles. Todas as súas compras artísticas acabaríaas doando ao Estado Francés coa condición de que fosen expostas ao público. Tras a morte de Caillebotte en 1894, o seu albacea, Renoir, tivo grandes dificultades para que a autoridades parisienses aceptasen a doazón por non considerar apropiada a exposición desta colección impresionista. Finalmente Renoir só conseguiu doar unha parte da obras, entre elas atópase “Os cepilladores do parqué”.

Esta obra pode ser enmarcada dentro dun conxunto impresionista dedicada ao mundo do traballo. Recordemos Os cargadores de carbón de Monet (1875), As planchadoras de Degas (1884), As limpadoras de Signac (1885-86) ou A lavadora de vaixela de Pissarro (1882). En todos os casos son representacións urbanas fronte ás campesiñas da Escola de Barbizon.

Sen dúbida este tema tivo que ser motivo de sorpresa para os coetáneos do noso autor, pensemos que Gustave proviña dunha familia burguesa e que a representación duns sinxelos traballadores cepillando o chan de madeira dunha habitación era un tema moi alleo ao mundo da pintura e máis aínda se esta é de grandes dimensións. Probablemente por este motivo o xurado do Salón rexeitou a obra que acabaría sendo exposta na exposición impresionista de 1876.

Son tres traballadores axeonllados, co torso espido sobre o parqué dunha habitación vacia. Predominan os tons beigue, marrón e negro que vense acentuados polos fortes contrastes lumícos ocasionados pola luz que penetra pola fiestra. É unha pintura do mundo proletario urbano axeitada, creo, para celebrar artisticamente este Primeiro de Maio.

23/4/10

Día do libro: Renoir "Muller lendo"


Renoir, "Muller lendo", 1875
Museo de Orsay, 45 x 37 cm, óleo sobre lenzo


"Renoir é o gran pintor de figuras dentro do grupo impresionista. Nesta delicada escena que contemplamos atopamos as características do estilo do mestre a mediados da década de 1870: pincelada longa e zumenta que recorda o estilo tardío de Manet; emprego de rostros rosados e luminosos identificativos da súa formación como pintor de porcelanas; utilización dunha luz tomada do natural que proxecta sombras coloreadas; efectos atmosféricos; intimismo. Que lonxe aínda están as figuras das bañistas nas que o debuxo modela a figura e dótaas de clasicismo case monumental. E é que nestas datas a admiración pola luz e a cor definen os traballos dos mestres impresionistas como Monet, Pissarro, Cézanne, Degas ou Renoir, reaccionando de diferentes xeitos á perda de formas ao que estaba abocado o novo estilo. Esta obra foi adquirida polo tamén pintor Gustave Caillebotte e formou parte do legado que entrou a formar parte das coleccións do Museo do Louvre tras o falecemento do seu propietario".


Texto vía Artehistoria.

3/4/10

Impresionismo: exposición na Fundación Mapfre

Hai unhas semanas estiven en Madrid e sorprendeume a cantidade de xente que quería acceder á Fundación Mapfre para ver a Exposición "Impresionismo. Un nuevo renacimiento". E digo sorprendeume porque son os moi coñecidas do Museo D´Orsay de París. A exposición conta cunha magnífica páxina web, onde poderedes acceder á Presentación, a moita información, aos vídeos, a unha extraordinaria visita virtual, Póñovos algúns vídeos da exposición. Tamén podedes ver un estupendo vídeo feito na Televisión Española. A gozar.



8/3/10

Berthe Morisot. Psique


Berthe Morisot. Psiqué (O espello de vestir)
Óleo sobre lenzo, 65x 54 cm.
Madrid, Museo Thyssen-Bornemisza

Para celebrar o Día da Muller Traballadora que mellor que este cadro de 1876, exposto na exposición impresionista de 1877. É a única obra con título significativo dos oito cadros pintados por Berthe con temática feminina dese ano 1876.


Esta moza, Psiqué, estase a contemplar no espello nun habitando moi ben iluminada por dúas xanelas que inundan de claridade a escena. Sen dúbida a moza está encantada de contemplarse. Fixádevos na posición dos brazos e das mans o que alude á clásica historia de Amor e Psique (quen ten por símbolo a unha bolboreta) e coas que tamén podería estar abrindo o corsé. A pincelada é moi solta, moi, diríamos, impresionista, predominando sobre o debuxo (o sofá está creado polas manchas de cores e non por liñas debuxadas)


No século XX Psiqué está considerada como a representación da alma inmortal, representada como unha muller nova con ás de bolboreta. Mais nesta obra, Psiqué non aparece como unha figura clásica, senón como unha muller coetánea da pintora que observa a súa figura nun espello. Quen non aparece por ningún lado é o Amor, o amante. Pero, a imaxe da alma –a unión dos praceres e dos sufrimentos do amor- reflicte a situación de Morisot en 1976 posto que levaba dous anos casada con Eugéne Manet, o irmán máis novo do pai do impresionismo Edouard Manet. Os intentos de conciliar, que diríamos hoxe, matrimonio e maternidade coa súa profesión de pintora, topáronse con múltiples dificultades. En 1890 Berthe escribiu no seu diario:

A verdade é que o noso valor radica no sentimento, na intuición, na nosa mirada, que é máis sutil que a dos homes. Podemos acadar algo, presupoñendo que non o botemos todo a perder pola afectación, a pedantería e o sentimentalismo… Agora, Quero seguir o meu deber (fronte á miña obra) ata a miña morte; gustaríame que os demais non mo puxeran moi difícil


Cita de Karin H. Grimme. Impresionismo. Tachen, 2008, páx. 58

De Berthe Morisot INICIARTE xa vos ten falado ao igual que doutras mulleres pintoras inxustamente esquecidas. O Museo Thyssen ofrécenos unha biografía e información engadida sobre esta obra.


17/1/10

O impresionismo, un novo renacemento

1/6/09

Claude Monet: Mapoulas



Claude Monet (1840-1926) Mapoulas. 1873. Óleo sobre lenzo, 50x65 cm.
Museo de Orsay (París). Doazón de Etienne Moreau-Nélaton.

Este óleo será un dos que Monet presente na primeira exposición do colectivo de artistas que pasarán á historia da pintura co nome de “Impresionistas”. Naquela exposición, realizada nos antigos obradoiros do fotógrafo Nadar, Monet xa amosaba nitidamente as características do seu estilo.

É unha obra de 1873 realizada ao plen air en Argenteuil, lugar de residencia do pintor entre 1871, tras o seu regreso de Londres, e 1878. Son uns anos nos que se apoia nos outros pintores, especialmente en Renoir, e no seu marchante Paul Duran-Ruel. O lenzo representa un paseo por un campo de papoulas, un paseo pola natureza, protagonista esencial nestes anos na obra de Monet, da súa muller, Camille, e do seu fillo, Jean, que son acompañados por outra parella ao fondo.

O Museo de Orsay describe deste xeito a obra:

"Monet dilúe os contornos e a partir da evocación das mapoulas constrúe unha rítmica coloreada, mediante manchas cuxo formato desmesurado, no primeiro plano, mostra a prevalencia acordada á impresión visual, franqueando así un primeiro paso cara á abstracción.
Nesta paisaxe, ambas as parellas, nai e neno do primeiro plano e do segundo, tan só son un pretexto para implementar unha oblicua que estrutura o cadro. Dúas zonas distintas desde o punto de vista da gama de cores defínense deste xeito: unha dominada polo vermello, a outra por un verde azulado".

Desde Artehistoria engaden:

"A liña do horizonte pobóase de árbores e o azul do ceo vese interrompido polas brancas nubes que se desprazan nunha magnífica sensación de movemento. A iluminación do atardecer alaga de sombras malvas o campo, destacando a tonalidade avermellada das mapoulas coas que conseguiu crear o efecto de montículo. A pincelada é solta e produce unha paulatina desaparición da forma ante o protagonismo que adquiren cor e luz".

Finalmentes, unhas mapoulas de Castela con Plácido Domingo:




Post adicado a unha docente web 2.0 (Blog, Facebook, Twitter...) que ten por flor favorita as mapoulas.

4/5/09

Claude Monet: unha selección de vídeos

Monet, Claude Oscar (1840-1926) pintaba ao aire libre paisaxes e esceas da sociedade burguesa, transgredindo con frecuencia os convencionalismos artísticos tradicionais en beneficio dunha expresión artística máis directa. Os seus experimentos á luz do día fixéronse cada vez máis atrevidos na busca da reprodución da luz do día por medio dunha aplicación libre de cores brillantes. Nas décadas de 1870 e 1880 aplica a cor con pinceladas cortas e vigorosas. A mediados da década de 1880 é xa un pintor recoñecido. A partir dos anos noventa, na súa finca de Giverny as pinceladas serán cada vez máis longas e a non definición das formas un anticipo da pintura do século XX.



30/4/09

Os inicios do Impresionismo: Manet, Almorzo na herba





Unha obra fundamental na historia da pintura contemporánea é o Almorzo na herba de Édouard Manet (1832-1883). Está depositada no Museo de Orsay de París.É un óleo sobre lenzo de 2,08x2,64 metros. Este museo nos describe a obra do seguinte xeito:

"Rexeitada polo xurado do Salón de 1863, esta obra é exposta por Manet co título Le Bain (O Baño) no "Salón dos Rexeitados" autorizado ese ano por Napoléon III. Converteuse na principal atracción, obxecto de burlas e fonte de escándalo.

No entanto, Manet reivindica no Almorzo sobre a herba o legado dos
mestres antigos e inspírase en dúas obras do Louvre. O Concerto campestre de Tiziano, entón atribuído a Giorgione, bríndalle o tema, mentres que a disposición do grupo central inspírase nun gravado segundo Rafael: O xuízo de Paris.Pero no Almorzo sobre a herba, a presenza dunha muller espida no medio de homes vestidos non está xustificada por ningún pretexto mitológico ou alegórico. A modernidade dos personaxes fai obscena, aos ollos dos seus contemporáneos, esta escena case irreal. Maneta divírtese ademais chamando o seu cadro "Parte cadrada".

O estilo e a factura chocaron case tanto como o tema. Manet abandona os habituais degradés para entregar contrastes abruptos entre sombra e luz. Por iso, repróchaselle a súa "teima de ver por manchas". Os personaxes non parecen perfectamente integrados neste decorado de maleza máis esbozado que pintado, no que a perspectiva é ignorada e a profundidade ausente. Co Almorzo sobre a herba, Manet non respecta ningunha das convencións admitidas, senón que impón unha liberdade nova con respecto ao tema e aos modos tradicionais de representación".

Un crítico da época valoraba así esta obra:
Percibe con claridade a natureza e tradúcea simple e lumniosamente. O seu gran cadro (...) produce a impresión no espectador dun buraco aberto na campiña. Todo ao seu arredor, as paisaxes máis atrevidas parecen rostros aos que esta viril e vigorosa coloración fai palidecer; pero unha vez máis, señor, tanto vostede coma min, só veremos alí un sorprendente, un admirable bocexo; ninguén podería recoñecer nel a afirmación triunfante dunha arte nova, porque aínda que todo o que a arte reclama dun mestre está indicado, nada marca a estela do traballo levado a cabo (...) Nunha palabra, a devandita obra inacabda sería solemne. No estado en que o señor Manet nola entrega, só é interesante: é condicional, non efectiva”.
Desnoyers. Le Petit Journal, 11 de xuño de 1863 (Reproducido en Visualarte. Vicens Vives, 2004
, páx.311)

Sen dúbida todo un escándalo por varios motivos. En primeiro lugar polo tema: quen parecer ser unha prostituta amósase espida ante dous cabaleiros, mentres ao fondo outra muller está a bañarse. Tamén foi un escándalo pola técnica empregada: ausencia de claoscuros, utilización de cores planas e as sombras son simple manchas xustapostas. Igualmente pola composición: catro figuras que non semellan relacionarse entre si. O debuxo tamén é novidoso posto que as figuras están pintadas sen liñas que modelen as súas contornas. Toda unha revolución que anunciaba o Impresionismo.

Finalmente poderíase engadir que Manet empregou como modelos ao seu irmán Eugéne e ao escultor holandés Ferdinand Leenhoff, quen no futuro sería seu cuñaado, e a muller espida era a súa modelo predilecta, Victoria Meurent.

Ilustracións vía Educastur.



5/1/09

Degas: Lección de danza

Esta semana o suplemento dominical XL Semanal, ofrécenos o seguinte comentario de "Lección de danza" de E. Degas

El más solitario de todos los impresionistas fascinó al mundo con sus bailarinas, como éstas de Le foyer de la danse…, que pueden verse en la Fundación Mapfre de Madrid hasta el 6 de enero.

1. La obra: un descanso durante la actuación
Las bailarinas profesionales se desplazaban hasta el estudio del pintor, donde las dibujaba en diferentes poses y actitudes. Esta obra, tan naturalista en apariencia, es, como otras de ballet de la década de 1870, fruto de la composición de dibujos que Degas repetía una y otra vez, cambiando las figuras continuamente. La escena muestra el foyer al que los abonados a un mínimo de tres funciones semanales tenían acc

2. El momento: una instantánea fotográfica
Aquí, Degas nos muestra un único momento del ensayo en La Ópera parisina. Una bailarina se dispone a realizar un ejercicio mientras que el maestro le da instrucciones y el violinista espera intervenir. Algunas bailarinas miran, otras se desentienden, las del fondo siguen con sus estiramientos… En ocasiones, Degas usa encuadres poco frecuentes y pinta figuras cortadas como si de una foto se tratase. Así, la puerta abierta nos muestra el detalle de otra bailarina, una pierna y parte de su falda.

3. La bailarina: objeto de estudio
Su escaso interés por el paisaje lo separaba de los impresionistas, aunque, curiosamente, observa sus modelos con una desinteresada objetividad, como si de un paisaje se tratara. No idealizaba a las bailarinas, las mostraba con piernas fuertes y musculosas. Le interesaba el movimiento del cuerpo en el espacio, quería dar al espectador una impresión de la realidad de la escena y reflejar el complejo mundo de la danza, los pasos del ballet, captando los movimientos en cualquier momento.

4. El perfeccionista: clásico y moderno
Degas demostró que las viejas reglas valían en un mundo moderno. Mantuvo conceptos clásicos del arte, como el dibujo, al tiempo que revolucionó otros. Su representación de la realidad fue hasta tal extremo que muchos de sus modelos aparecen en poses y actitudes poco favorecedoras, como la bailarina sentada al lado del maestro, evidentemente cansada. Es conocida su dificultad para dar por terminada una obra, las repinta y retoca con el afán de mostrar lo que realmente no se ve.

5. La composición: inusual y excéntrica
La barra de ejercicio roja, las columnas que dotan al espacio de una gran elegancia, el atril del violinista o el palo que el maestro golpea para dar el compás estructuran la composición de esta obra, que, sin embargo, resulta sorprendente: adopta una agrupación asimétrica dejando el área central, que tradicionalmente habría sido el foco de la pintura, vacío. A través de varios grupos en diferentes dependencias, confronta bruscamente lo cercano con lo lejano.

6. El juego de luz: reflejos sobre el cuerpo humano
Las dimensiones nobles del espacio le dan a la obra, llena de luz procedente de varios ventanales, un aire clásico. Las faldas de tul son un esquema de varios blancos, gasas y muselina sólo interrumpido por cintas de colores, marcando las cinturas de las bailarinas. A Degas, un gran maestro de interiores, no le interesaba el estudio de la luz natural que tanto cautivó a otros impresionistas. Según el propio artista, lo fascinante no era mostrar el origen de la luz, sino sus efectos.

Suzana Mihalic

29/9/08

Recuperado un cadro de Renoir roubado en 1975

Un cadro do pintor impresionista francés Pierre-Auguste Renoir, roubado en 1975 a un coleccionista privado de Milán, foi recuperado pola Policía italiana, que detivo a tres persoas. O cadro, que mostra a unha muller de costas, sentada e espida, corresponde á etapa de madurez do mestre do impresionismo.
O óleo foi roubado xunto a outras obras do taller dun restaurador de Milán, onde o coleccionista, do que non se coñece o nome, levouno fai 33 anos para reparar un pequeno dano.
Durante a operación policial para recuperar o cadro detívose baixo a acusación de tráfico de arte a tres persoas: Amedea Setti, galerista de 68 anos; Francesco Attisani, 59 anos e con antecedentes por falsificación de obras de arte; e Aniello Ambrosio, de 50 anos, con condenas por tráfico internacional de estupefacientes. Os investigadores están intentando agora pescudar como caeu nas súas mans o cadro de Renoir.
Ao descubrimento chegouse grazas á intervención dun famoso crítico de arte italiana, Vittorio Sgarbi, a quen un dos arrestados dirixiuse en maio pasado para unha valoración da obra e a procura dun posible comprador. Estes esperaban vender o cadro de Renoir, valorado en 500.000 euros (730.000 dólares), xunto con outra obra atribuída a Edouard Manet (1832-1883), tamén roubada, pero que resultou ser falsa.

6/5/08

Eva Gonzales: as pintoras impresionistas (III)



Filla do escritor español nacionalizado francés, Enmanuel Gonzales, a moza burguesa empezou os seus ensinos no estudo de Caharles Cahaplin en 1865 e mais tarde no taller de Edouard Manet para converterse en modelo e alumna. Nesa época o mestre tamén tiña por alumna a Berthe Morisot.



A influencia de Manet, do mesmo xeito que a de Pissarro e Monet, na súa pintura é moi significativa ata 1872, en que empeza un estilo máis persoal, especializandose en obras ao pastel e tonalidades claras.



En 1879 casou cun dos irmáns do gravador Henri Guerard, nacendo desta relación a súa filla Julie. Faleceu 5 días logo da morte de Manet, por mor dunha embolia motivada por un parto cando contaba con pouco máis de 34 anos.



Tedes máis información sobre esta pintora e sobre as súas obras en museos nesta ligazón.




Esta entrada vai dedicada a Loló, amiga entre as amigas.

1/5/08

O Impresionismo: pequenas biografías

Pequenas biografías dos cinco principais pintores impresionistas. Nesta pequena relación deixo fóra a Manet, como precursor do Impresionismo, a Cézanne, a pesar de ter unha etapa impresionista e ás pintoras impresionistas.


Monet, Claude Oscar (1840-1926) Pintaba ao aire libre, paisaxes e esceas da sociedade burguesa, transgredindo con frecuencia os convencionalismos artísticos tradicionais en beneficio dunha expresión artística máis directa. Os seus experimentos á luz do día fixéronse cada vez máis atrevidos na busca da reprodución da luz do día por medio dunha aplicación libre de cores brillantes. Nas décadas de 1870 e 1880 aplica a cor con pinceladas cortas e vigorosas. A mediados da década de 1880 é xa un pintor recoñecido. A partir dos anos noventa, na súa finca de Giverny as pinceladas serán cada vez máis longas e a non definición das formas un anticipo da pintura do século XX.



Renoir, Auguste (1841-1919) De neno traballou como decorador de porcelanas, logo pintou sobre abanicos, lámparas e persianas. Nos seus primeiros anos de pintor traballará con Monet, pero paseniñamente irase determinando a súa obra no interese pola figura humana individual ou en retratos de grupos. As súas composicións nunca deixarán de ter un certo aire academicista. Durante os seus últimos vinte anos de vida padeceu artrite. Aínda que lle resultaba imposible mover as mans libremente, continuo traballando cun pincel atado ao brazo.



Degas, Edgar (1834-1917) Fillo dunha acaudalada familia de banqueiros. Tivo unha formación clásica no debuxo e rexeitou a pintura ao aire libre, xa que non lle interesaba o estudo da luz natural sendo unha alternativa ao impresionismo. Os seus temas preferidos foron os ambientes do teatros, as carreiras de cabalos e a danza, tentando atrapar as posturas máis naturais e espontáneas. O estudo dos gravados xaponeses levouno a experimentar con ángulos de enfoques inusitados e composicións asimétricas. Na década de 1880, cando vai perdendo visión, comezou traballar coa escultura e o pastel. Non gozou de recoñecemento artístico ata despois da súa morte.



Pisarro, Camille (1830-1903) Formado co paisajxsta Camille Corot estivo na Escola de Barbizon uníndose logo aos impresionistas. Durante a súa estancia en Inglaterra coñeceu o traballo de J. M. W. Turner. Na década de 1880. desacougado co seu traballo, experimentou co Puntillismo. Foi un pintor do sol, dos xogos da luz, de esceas rurais e urbanas, de paisaxes e de ríos. Entre os seus alumnos estiveron Paul Gauguin, Paul Cézanne, o seu fillo Lucien Pisarro e a pintora impresionista estadounidense Mary Cassatt.



Sisley, Alfred (1839-1899) Nacido en París de pais británicos, a súa obra tivo escaso recoñecemento. As súas pinturas, suaves e idílicas esceas das cercanías de París, revelan a influencia sempre presente de Camille Corot, sobre todo nas súas suaves e harmoniosas cores.


30/4/08

Mary Cassatt: as pintoras impresionistas (II)


Filla dun banqueiro norteamericano que nunca foi partidario da súa vocación artística, Mary Cassatt formouse inicialmente en Filadelfia, continuaría os seus estudos artísticos en París partir de 1868. Son anos nos que admira o realismo naturalista de Courbet. Tras unha viaxe por Italia en 1871, descubrirá toda a potencia creativa de xenios como Velázquez ou Rembrandt, polo que viaxará a España e a Holanda.

Instalarase definitivamente en París en 1877, iniciando a súa relación con Degas quen a animará a integrarse no grupo dos pintores impresionistas. A partir dese momento o seu estilo achégase máis a Renoir e a Degas, participando en catro das oito exposicións impresionistas cos seus cadros de nenos e mulleres, temas que serán os seus favoritos.



Debido á súa desafogada situación económica, Mary comprou un bo número de obras aos seus compañeiros e ata animou a algúns millonarios norteamericanos a que investisen en pintura impresionista.



En 1904 Francia concedeulle a Lexión de Honra e, aínda que foi unha peza decisiva para a difusión da obra impresionista entre os coleccionistas estadounidenses, o recoñecemento no seu país chegoulle con máis atraso que en Francia, recibindo a medalla de ouro da Academia de Arte de Pennsylvania. A partir de 1912 ponse de manifesto en Mary unha cegueira parcial que provocará a perda progresiva de visión, abandonando a pintura desde ese momento.

O estilo de Cassatt continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara a unha honesta e simple copia da realidade. Cara a 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e empezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo podemos observar que case un terzo das súas pinturas móstrannos escenas domésticas e retratos de nais e fillos en íntima relación. A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, ata se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre estas destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat preséntolle Camille Pisarro. Tamén destaca a súa faceta como gravadora na que mostra unha marcada influencia da estampa xaponesa.



29/4/08

Berthe Morisot: as pintoras impresionistas (I)

Tanto a HISTORIA, como a HISTORIA DA ARTE son enormemente machistas, en canto ciencias sociais escritas por homes e para homes. A muller non figura coa importancia social, política, económica e artística que se merece. Non é que xa sexa máis da metade da poboación senón que a súa achega a estas dúas ciencias do saber foi, é e será determinante. Na historia da arte unha das maiores inxustizas é o considerar ás pintoras impresionistas como artistas de segunda fila. Fixémonos no caso de Berthe Morisot:


Nacida no seo dunha familia burguesa, foi precisamente a súa familia quen animou a Berthe e á súa irmá Edma a iniciarse na arte.

Á idade de 20 anos, Berthe Morisot coñeceu a Camille Corot, importante paisaxista da Escola de Barbizon. Este admitiuna como a súa discípula e introduciuna nos círculos artísticos. Pronto adquiriu a técnica impresionista de pintar ao aire libre, onde creaba pequenos cadros e esbozos para grandes obras que terminaba no estudo. A súa primeira participación no Salón de París foi en 1864 con dúas paisaxes e continuou exhibindo continuamente no Salón ata 1874, ano da primeira exposición impresionista. En 1868, coñeceu a Édouard Manet e en 1874 casou con Eugène Manet, o seu irmán menor. Ela foi a que convenceu ao mestre de pintar ao aire libre e atraeuno ao grupo de pintores que sería posteriormente os impresionistas.


Do mesmo xeito que Mary Cassatt, Eva Gonzalès ou Marie Bracquemond, Berthe Morisot foi relegada á categoría de "artistas femininas" pola súa temática da vida cotiá (mulleres, nenos e escenas domésticas). Con todo, como mandaba a doutrina impresionista, Morisot pintaba a inmediatez, o que vía na súa vida normal. Como unha muller da alta burguesía, estaba habituada a escenas domésticas, deportes campestres e un amplo círculo de mulleres e nenos, xa que o mundo masculino estáballes vetado. Sen excepción, os seus cadros mostran uns temas equivalentes ao dos seus colegas masculinos. As mulleres impresionistas pintaban a súa contorna social baixo o enfoque impresionista. A pesar disto, a figura de Berthe Morisot, xunto ás doutras mestras da pintura, quedou ensombrecida polo conxunto do movemento e en especial dos pintores masculinos.

A partir de 1880, a influencia de Renoir reflíctese na súa obra. A frescura luminosa da súa paleta, a factura libre e vigorosa, así como, a atmosfera poética dos seus lenzos, son recoñecidas e admiradas.




A vida de Berthe Morisot viuse ensombrecida pola morte de Édouard Manet en 1883, a do seu esposo, Eugène Manet, en 1892, e a da súa irmá. Educou soa á súa filla, Julie Manet, con quen mantivo sempre lazos moi fortes. Ao morrer aos cincuenta e catro anos, confiou a súa filla aos seus amigos, Degas e Mallarmé. Berthe Morisot morreu en 2 de marzo de 1895 en París.






25/4/08

Impresionismo: o nacemento da pintura contemporánea

O movemento impresionista, que rachou con decisión as súas relacións co pasado e abriu o camiño á investigación artística moderna, formouse en París entre 1860 e 1870. Deuse a coñecer por vez primeira en 1874 cunha exposición de artistas “independentes” no estudo do fotógrafo Nadar. As figuras que sobresaen do grupo son Monet, Renoir, Degas, Cézanne, Pissarro e Sisley. Non formaba parte Manet, se ben foi considerado como o precursor. De feito Manet, máis vello e coñecido, desenvolvera en senso esencialmente visual a tendencia realista e, despois de 1870, acercárase cada vez máis ao impresionismo ao eliminar o claroscuro e os tons intermedios, reducindo as relacións tonais a relacións cromáticas.

Estes pintores non tiñan ningún interese común de tipo ideolóxico ou político. Non tiñan ningún programa pictórico concreto. Sen embargo, durante as discusións no café Guerbois puxéranse de acordo en rexeitar da arte académica e oficialista, ter unha orientación realista, preferencia temática pola paisaxe, rexeitar de principiar as obras debuxando os trazos para lograr ir ao claroscuro e á cor, traballar en plein air, estudo das sombras de cor e das relacións entre as cores complementarias (referencia á teoría óptica de Chevreul sobre os contrastes simultáneos)

A ciencia da época, interesada no estudio da cor, concluíu que a gama cromática dependía duns cantos tons puros que se mesturan opticamente na retina. Os impresionistas decidiron demostrar que esa teoría era certa pintando con pinceladas pequenas e de cores puras que, unidas, conseguían a tonalidade requerida se o observador se colocaba a suficiente distancia do cadro. Era necesario observar baixo o efecto da luz natural o que se quería plasmar.

Debemos considerar, ademais, que a aparición da fotografía remexeu a concepción tradicional da pintura e que tamén a arte xaponesa da estampa influíu dun xeito moi notorio.

Incluso antes da exposición de 1874, os intereses dos diversos compoñentes do grupo non son idénticos. Monet, Renoir, Sisley e Pissarro realizan un estudo directo e experimental sobre a realidade: traballando preferentemente ás beiras do Sena, propóllense dar, da forma máis inmediata e cunha técnica rápida e sen retoques, a impresión luminosa e a transparencia da atmosfera e da auga con puras notas cromáticas, independentemente de toda gradación de claroscuro e evitando usar o negro para escurecer as cores á sombra. Ao ocuparse exclusivamente da sensación visual evitan a “poetización” do motivo e a emoción e conmoción románticas. Cézanne e Degas, en cambio, consideran o estudio histórico tan importante como o da natureza.

A súas características técnicas poderíanse resumir nas seguintes: –teoría das cores e abandono do debuxo e a silueta pechada; -plasmación da luz; –aparencias sucesivas; -coloración das sombras; -rexeitan o claroscuro, que sustitúen polos contrastes entre cores complementarias; -pincelada solta e longa, as veces corta; -pintura ao aire libre; -pasa a ser fundamental a captación da atmosfera.

O impresionismo supón un paso máis cara ao “ensimesmamento” da arte. O fin vai ser a obra de arte en si mesma, liberándose cada vez máis dos contidos o que conducirá cara á autonomía da arte. Os temas son meros pretextos par experimentar a arte, polo que os temas históricos e de xénero serán abandonados.



Podedes contemplar este vídeo sobre as orixes do Impresionismo. Será con este movemento pictórico cando a MULLER adquira un certo protagionismo artístico. Déixovos un vídeo que resume a importancia feminina no Impresionismo, onde destacaría Berthe Morisot (vídeo) eMary Cassat( vídeo)