19/2/24

O Atlas Farnesio


O Atlas Farnesio é unha escultura romana do século II d. C. en mármore, que representa a Atlas soportando sobre as súas costas un pesado globo celeste. Trátase da máis antiga representación escultórica do titán Atlas. É tamén unha das máis antigas e completas imaxes do globo celeste cos signos do zodiaco que se coñece.

O nome Atlas Farnesio débese a que a escultura foi adquirida polo cardeal Alexandre Farnesio.

O Atlas Farnesio é de mármore cun 1,91 metros de alto, cargando un globo de 65 centímetros de diámetro. Cabeza, brazos e pernas corresponden a unha restauración realizada posiblemente xa no século XVI. Representa ao titán Atlas condenado por Zeus a soportar o peso do ceo, que carga sobre as súas costas, apoiando o xeonllo dereito sobre o pico dunha montaña. O globo mostra en superficie unha serie de baixorrelevos de aproximadamente seis centímetros con corenta e cinco constelacións (os doce signos del zodiaco máis 19 constelacións boreais e 14 austrais antropomorfas ou en forma animal).

Atópase no Salón da Meridiana noMuseo Arqueolóxico Nacional de Nápoles. Salón que orixinalmente estivo ocupado pola Real Biblioteca. O salón foi decorado con frescos no teito, obra de Pietro Bardellini, que mostran A Virtude coroando a Fernando e María Carolina. Nas paredes colocáronse 18 telas de Giovanni Evanxelista Draghi. O reloxo de sol que fai referencia ao nome del salón (iso es o que quere dicir meridiana en italiano) está debuxado no chan da sala e data del século XVIII, cando se pensaba instalar un observatorio astronómico no edificio.

1 comentario:

Perú dijo...

I'm thankful for the positive impact your blog has had on my life.