Recentemente estiven unhas horas en León. Cidade marabillosa pola arte que contén. Hoxe toca presentarvos a fachada do convento de san Marcos
O convento de San Marcos é unha das
grandes xoias da arquitectura da cidade española de León. Atópase hoxe
convertido en parador, ademais de igrexa consagrada e Museo de León, é un dos
monumentos máis importantes do Renacimiento español.
As orixes deste edificio atópanse no
século XII, cando en tempos do rei Alfonso VII, a infanta Sancha de Castilla
realizou unha donación destinada á construción dun modesto edificio nos
arredores da cidade amurallada e a beiras do río Bernesga, no cal puidesen “hospedarse
os pobres de Cristo”, converténdose así nun templo-hospital para refuxio dos
peregrinos que realizan o Camiño de Santiago.
No século XVI derribouse este edificio e
realizouse unha nova obra grazas a unha donación de Fernando o Católico, para
os cabaleiros da Orde de Santiago, quen rexentaban a institución axudados por
frades. Os arquitectos designados para esta obra foron: Juan de Orozco
(igrexa), Martín de Villarreal (Fachada) e Juan de Badajoz o Mozo (claustro e sancristía).
A construción abarcou un gran espazo temporal sendo finalizado na século XVIII.
Como xa se dixo, é un dos monumentos
máis importantes do Renacimiento español. A súa fachada é unha perla do
plateresco que se empezou a construír cara ao ano 1515. É dun só lenzo con muro
de dous corpos, rematado en crestería calada e candeleros. No zócalo preséntase
medallóns con personaxes greco-latinos e da historia de España. No sobrezócalo
represéntanse cabezas de anxos.
A torre palaciega data do 1711 ao 1714.
Está decorada con cruz de Santiago e un León e presenta catro frisos con
entablamento.
A fachada está decorada con medallóns e
estatuas (moitas delas perdidas) con temas que exaltan a monarquía universal de
Carlos I, mesturados con motivos xacobeos e personaxes do mundo clásico. A
portada principal ten dous corpos máis peineta. No primeiro corpo hai un gran
arco de medio punto con roseta e intradós decorado. A clave é de tipo exaltado
representando a San Marcos. Medallóns con inscripcións bíblicas; altorrelevo de
Santiago triunfante na batalla de Clavijo. Van de estilo barroco, con Escudo de
Armas de Santiago e os do Reino de León. Na peineta están representados o
Escudo de armas reais e unha estatua da Fama, obra de Valladolid. Óculo en
forma de rosetón. Curiosamente, a parte de fachada que se sitúa entre este
pórtico e o río é un engadido do século XVIII realizado por Juan de Rivero e
Martín Susniego, con tan extraordinaria fidelidade á anterior que se crea a
sensación de ser obra dunha mesma época.
Actualmente, este edificio ten tres usos: Parador Nacional con
categoría 5 estrelas. Este uso dáselle desde 1964, igrexa consagrada desde 1541 e Museo de León desde 1869.
Pero a historia do edificio foi convulsa, tendo un gran número de usos ao
longo da súa historia, principalmente trala supresión do seu uso como
convento en 1836, destacando os seguintes:
Prisión: Un dos seus “residentes” máis ilustres foi Francisco de
Quevedo, o cal foi recluído aquí por orde do Conde-Duque de Olivares durante
case catro anos; Instituto de Segundo Ensino; Casa de
misioneros e corrección de eclesiásticos;
Escola de veterinaria; Casa de misións da compañía de Xesús; Hospital
penitenciario; Parada de sementais; Casa central de estudos dos Pais Escolapios:
oficinas do Estado Maior do Sétimo Corpo do Exército; prisión militar e campo de concentración de
prisioneiros republicanos durante a Guerra Civil (desde o 25 de xullo de
1936) e a posguerra. Foi entre 1936 e 1940 un dos establecementos represivos
máis severos e saturados da España franquista, alcanzando unha poboación
recluída de 6.700 homes. Foi o símbolo da represión en León e parte de España
e custou 791 fusilados, 1563 paseados e 598 sen asignar (executados,
paseados, mortos nos campos, etc.) ademais de 15.860 prisioneiros políticos
distribuídos por campos e prisións leonesas e nacionais. Tamén foi Cuartel de
cabalería, sé da Deputación da diócesis, do Ministerio de Guerra, Facenda ou
do de Educación.
Ata en 1875 o Concello tratou de derrubalo, destino do que por sorte se
librou, non así outras edificaciones singulares da cidade que foron
derruidas.
O texto procede da Wikipedia e de Artehistoria. As fotos son de
Iniciarte.
1 comentario:
Magníficas fotografías Antonio, con una luz preciosa que resalta los tonos dorados de la piedra. Saludos.
Publicar un comentario