Practicamente desde toda Atenas pódese ver a súa Acrópole e,
como non, sobre unas espectaculares murallas. Sen contarvos de novo a historia
da Acrópole, si debo dicirvos que foi ocupada desde mediados do III milenio
a.C. como lugar habitacional e contaba xa cun pazo. Obviamente tamén xa
existían as murallas que, supostamente, rodeaban a coliña, tendo un grosos de
entre 4,5 e 5 metros. Esta muralla estaba construída con grandes bloques de
pedra, cimentada cun primixenio morteiro chamado emplekton.
Naquela época, a entrada principal miraba cara o leste. No
noroeste había outra entrada á que se chegaba por unha escaleira duns quince
chanzos escavados na rocha e que era a máis próxima ao pazo real. Tamén existía
unha pequena portiña con escaleira no
nordeste, coñecida como Clepsidra. Desta época aínda fican unhas pedras
diagonais mal labradas no lado sur.
Durante o período micénico, a Acrópole continuo sendo
ocupada e aínda que con moitos problemas, sempre tivo algunha función e algún
edificio ata o século VI a.C. De feito serviulle como cidadela fortificada a
Pisístrato (lembremos o seu golpe de
Estado no 561 tomando a Acrópole) pero no 510 as murallas serían derrubadas.
De novo levantadas e reparadas mesmo con madeira, a Acrópole serviu de acubillo aos atenienses
durante as Guerras Médicas, 480 a.C. Tras a batalla de Salamina, Cimón de
Atenas e Temístocles ordenaron a reconstrución dos muros en peor estado, os
norte e sur. Igualmente nivelouse o terro da cidadela, aumentado o seu tamaño
para poder asentar os cimentos dun novo e gran templo, o Partenón, mesmo
aproveitando os tambores dos chamado Pre-Partenón derrubado polos persas.
Fotos: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario