31/7/09

Monte do Facho (Cangas): Castro e santuario


Moi preto da casa do bo amigo Beni (Cangas do Morrazo, Pontevedra) e coa compaña máis atlética posible, visitei o castro do Monte do Facho, situado no extremo occidental da Península do Morrazo. Parece ser que xa antes do castro existira un poboado, entre os séculos X a.C. e VII a.C. na ladeira leste, sobre o que aínda hai pouca información pero parece ser que tiña un gran tamaño.


No século VI a.C. faise o castro que chegará ata os inicios da romanización, alá polo I a.C. Pódense contemplar os cimentos de varias vivendas (circulares e pequenas), restos das murallas, dos foxos e, tamén, dun basuereiro (lembrade a gran importancia arqueolóxica das zonas do lixo)


Mías tarde, xa entre os séculos II e IV d.C., en plena civilización galaico romana, fíxose un santuario adicado ao deus Berobreo, tamén no cumio do monte. Atopáronse moitos altares votivos así como restos de columnas que indican a existencia dunha construción. Estas aras estaban situadas, parece ser, a ceo aberto e fincadas na terra. Había tantos destos pequenos altares que tiñan que ser estreitos e altos dando lugar a unha auténtica "fraga de aras".


Xa no século XVIII construíuse un posto de vixiancia costeira con fins militares quedando hoxendía a garita.


Se algún día visitades a fermosísima ría de Aldán tedes que subir ao Monte do Facho.





30/7/09

Sen comentarios (VII)


Edificación ubicada no polígono de Sabón (Arteixo)
Sen comentarios, pero sen comentarios, eh?

29/7/09

Lugo romano: editado un deuvedé





Os restos históricos da antiga capital da Gallaecia setentrional foron a base para o desenvolvemento da obra.
A reconstrución virtual achega datos da vida diaria de Lucus Augusti e da historia arqueolóxica local.

Co fin de dar a coñecer o rico patrimonio arqueolóxico da cidade de Lugo, o Concello coordinou cientificamente o deuvedé Lvcvs Avgvsti. Lugo Romano , realizado pola firma Tresdeseos. Este produto ofrece información contrastada cientificamente xurdida das escavacións feitas na antiga urbs romana. Textos, fotografías e reconstrucións virtuais axudan a entender, a través dos seus restos, as orixes romanas daquela cidade que foi capital da Gallaecia setentrional.


Este traballo consta de sete capítulos de fácil navegación. Na introdución ofrece unha completa historia das investigacións sobre a cidade romana, coas primeiras noticias dela, cos pioneiros da arqueoloxía local no século XIX, ademais de mostrar a arqueoloxía sobre a cidade romana no século XX e a súa xestión entre 1986 e o 2006, con máis de 300 intervencións.


A historiografía do Lugo romano comezou no século XVI e foi a finais do XX cando a investigación avanzou de modo formidable. Desde 1986 a actividade arqueolóxica converteuse na gran fonte de información sobre a orixe da cidade. O disco contén dous vídeos coa evolución histórica de Lugo ata a invasión sueva, desde aquel campamento militar fundado por Caivs Artistivs Vetivs no século I antes de Cristo para lanzar ataques radiais que permitiron completar a conquista do Noroeste. Outro amplo capítulo mostra a cidade romana, reconstruída virtualmente, cos seus edificios, rede viaria, obras hidráulicas, infraestruturas termais, domésticas, a relixión e a muralla do século IV. A súa artesanía, téxtiles, talleres e o mundo funerario.


Outro apartado analiza o territorio, con enclaves castrexos e poblamiento romano. A análise dos materiais achados, a visita cultural e un amplo apartado de bibliografía, clasificada por temas, fan deste disco unha ferramenta moi didáctica para todo tipo de público que poida emocionarse coa importancia que tivo Lucus.

Texto e ilustracións vía La voz de Galicia.

28/7/09

Fotografía: "Paul Strand. No principio foi Manhattan"

Artigo que publiquei o domingo 26-VII-09 en Galicia hoxe.

Un libro feito en Galicia recibe o premio á mellor obra de fotografía do ano

PhotoEspaña 2009 premia o volume de Rafael Llano ‘Paul Strand. No principio foi Manhattan’, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, coa coordinación técnica, o tratamento de imaxes, o deseño e a maquetación da empresa galega de artes gráficas tresCtres e coa fotomecánica e impresión da tamén galega Eurográficas


O certame PhotoEspaña 2009 acaba de dar a coñecer os seus premios anuais. Na categoría de Mellor Libro de fotografía de España o gañador foi Rafael Llano polo volume Paul Strand. En el principio fue Manhattan, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, coa coordinación técnica da empresa galega de artes gráficas tresCtres, coa supervisión e tratamento de imaxes de Juan Rodríguez / tresCtres, co deseño e maquetación de tresCtres e coa fotomecánica e impresión de Eurográficas. Como vemos, un libro feito en Galicia e por galegos.

O xurado que ditaminou este prestixioso galardón estivo composto por Gisele Tavernier, crítica de arte do Le Journal des Artes; Alberto Corazón, deseñador; Pablo Berástegui, coordinador do Matadero de Madrid; e Alberto Anaut, presidente de PhotoEspaña.

Esta obra foi editada como catálogo da exposición Paul Strand. Retrospectiva 1915-1976, que desde o 3 de xuño de 2008 e ata o 11 de xaneiro de 2009 se puido contemplar nas sedes da Fundación Barrié da Coruña e de Vigo. O catálogo recolle 114 orixinais vintage de todos os períodos da carreira do fotógrafo norteamericano e foi posible grazas á colaboración da Aperture Fundation de Nova York, depositaria do Arquivo Paul Strand, e do Philadelphia Museum of Art. O libro, ademais das fotografías orixinais de Strand, vai ilustrado con outras de fotógrafos tan salientables como Alfred Stieglitz, Lewis Hine, Clarence White, Dorothea Lange, Walker Evans, Behn Shahn, Arthur Rothstein, Mathew Brady e Alexander Gardner.

O profesor Rafael Llano Sánchez, que o foi o comisario da mostra, realizou un profundo estudo da obra do Strand ao longo das 440 páxinas de texto (o libro conta tamén coa tradución ao inglés polo que o número total de páxinas se eleva ata as 598). As primeiras páxinas da obra xa son moi clarificadoras da personalidade do fotógrafo: estudou na Ethical Cultural School de Nova York, que fora creada segundo os principios pedagóxicos do John Dewey; recibiu, fóra do horario lectivo como actividade extraescolar e desde 1906, as primeiras nocións de fotografía do seu profesor de Ciencias, nin máis nin menos que de Lewis Hine, o fotógrafo da chegada dos inmigrantes á illa de Ellis en Manhattan. Anos máis tarde e recordando as actividades que facía con Hine,
Paul Strand afirmaría que grazas ao seu mestre comprendería que "a fotografía é un dos medios de expresión máis significativos da nosa época".

Sendo imposible dedicarse profesionalmente á fotografía, Paul Strand alternou o traballo no negocio familiar coa súa actividade fotográfica nas fins de semana, ao tempo que continuaba a súa formación artística, coñecendo as exposicións que sobre as vangardas artísticas –fundamentalmente europeas– se expoñían en Manhattan, así como experimentando coa súa cámara fotográfica con luces difusas e lixeiros desenfoques. Tamén experimentaría, e mesmo se dedicaría profesionalmente, co cinema. Mais axiña definiría o seu propio estilo, influído por Stieglitz, cunha fotografía directa e sen ningún tipo de alteración posterior ao propio disparo. É a época dos retratos de estudantes, do traballo na Clínica Mayo, da fotografía publicitaria, das primeiras viaxes e dos primeiros filmes de reportaxe social (lémbrese o seu Heart of Spain, editado por Strand e Hurwitz e que amosa a visión republicana da Guerra Civil Española). Co tempo, Paul Strand foise instalando na fotografía de forte contido social.

Un dos feitos que marcaría vitalmente a existencia deste fotógrafo foi a inclusión da Photo League, que utilizaba a fotografía como arma defensora dos dereitos civís en Norteamérica e na que Paul Strand participara desde os seus inicios, nas listas dos grupos "comunistas ou subversivos" da época da caza de bruxas iniciada polo xeneral McCarthy. Se con anterioridade a este incidente Strand xa iniciara unha serie de viaxes (Nova Inglaterra, México), desde entón a categoría da "viaxe" incorporaríase, xunto ao retrato, definitivamente á súa axenda profesional. Foi así como chegou a Europa en 1949 (xa estivera en 1911), instalándose definitivamente en Francia en 1950.

Os seus novos traballos serían froito da estadía de varios meses, e mesmo nalgunha ocasión dun ano, en lugares onde necesitaba familiarizarse e simpatizar coas xentes e paisaxes. Foi precisamente nos seus traballos nas viaxes (anacos da realidade en branco e negro) así como nos retratos das xentes dos lugares que visitaba ou de persoeiros famosos como Picasso, onde mellor se poden apreciar as cualidades artísticas deste extraordinario fotógrafo.

Foi Paul Strand un fotógrafo que evolucionou desde o pictoralismo imperante no Camara Club de Nova York, á experimentación de enfoques e obxectos a retratar para situarse preto das vangardas artísticas europeas, e que camiñaría axiña cara a unha máquina obxectiva, a un traballo sinxelo e sorprendente, na busca da espontaneidade das xentes a retratar ata chegar a unha metodoloxía sumamente realista: non hai alteracións posteriores ao disparo, non hai buscas de efectos alleos ao retratado, só o tempo recollido nun instante. Xa no final dos seus días escribiría: "Onde queira que vaia parar, no suroeste americano, en México, nun pobiño de Italia, en Ghana ou en Exipto, en Marrocos ou nas Illas Hébridas, busco os signos desa prolongada asociación que proporciona a cada lugar a súa cualidade peculiar e que creou o perfil das súas xentes."

27/7/09

Roberto González Fernández. Punto e seguido


Dos agasallos recibidos ultimamente o que máis ilusión me fixo foi Roberto González Fernández. Pinto e seguido, editado polo Concello de Ferrol no 2007.

Xa sabedes canto aprecio a obra de Roberto González e a calidade da súa páxina web. Neste extraordinario catálogo feito co gallo da súa última gran exposición en Galicia, contamos cun magnífico artigo de Xosé Manuel Lens, un recorrido póla súa obra da man de Antonio Garrido, unha análise do seu sitio web de Javier Mazorra, un estudo dos seus traballos en vídeo asinado por David Trullo, así como as claves da súa biografía e da súa obra. E sempre con magníficas reproducións. Todo un luxo de libro.



Ilustracións vía: RGF

26/7/09

O racionalismo en Vigo: Edificio de vivendas Sanchón





O arquitecto Francisco Castro Represas deseñou en 1935 para o promotor Natalio Sanchón este edificio de catro alturas na rúa Policarpo Sanz, 28-34 de Vigo.

O edificio Sanchón é un nítido resultado do intento do arquitecto. Por facer convivir dúas linguaxes arquitectónicas en principio contrapostas: o emprego dos modos tradicionais de construción, exemplificadas pola local e certeira utilización do granito en todas as súas versións con elem
entos formais que proveñen dunha linguaxe renovadora, no que a simplicidade de formas era fundamental.

Todo elo queda reflectido na fachada: emprego de material nobre, permitíndose elementos decó, esgrafiados uns, enfatizando na súa simetría o elemento central con franxas verticais rematadas nunha “peineta” que sobrepasa as limas laterais da cornixa. Convive nos laterais, a efecto de horizontalidade, con apaisadas ventas d
e gran tamaño, iso si, flanqueadas con elementos cilíndricos. Os balcóns remátanse en curva, empregando as varandas de sección circular metálicas. A simetría queda parcialmente rota coa aparición duns ollos de boi nun dos extremos.

Esta convivencia de linguaxes chega ao extremo na adopción dos elementos estruturais: fachada portante en cantería de granito e estrutura metálica e de formigón armado nos forxados e piares, que permitir
án racionalizar as distribucións de vivendas e oficinas. Ramátase a cuberta cunha terraza, onde se engadiu unha planta recuada da fachada".


José Luis Varela Alén. Arquitectura racionalista en Vigo. Fundación CaixaGalicia, 2004. Cita da páxina 17.
Fotos: Iniciarte.

25/7/09

A hemeroteca da semana

Sábado, 25-VII-09:

Pierres et Gilles provocan en Berlín.

Exposición para ver Madrid doutro xeito.

Reportaxe-entrevista con Christo.

Venres, 24-VII-09:
Rehabilitación da fortaleza de Salvaterra do Miño.
Protección para o dolmen de Toques.
Exposición do fotógrafo brasileiro Reisewitz.
A igrexa intenta censurar, outra vez, a arte.
Aberto un centro dedicado a Cristino de Vera en Tenerife.
Ilustración do "Forno de Mouros" vía La voz de Galicia.


Xoves, 23-VII-09:
Vendidas máis de 50 obras de Picasso, Miro e Tamayo en Nova York.
Odyssey alega que o tesouro non é de España.

Mércores, 22-VII-09:
Volve a mostrarse o trunfo do amor de Tiziano.
O museo máis rendible de España: O Dalí de Figueres.
Photoespaña bate o seu récord de visitas.
A Natinal Gallery ofrece 250 obras para o iPhone
No 2010 exposición sobre obras falsas na National Gallery.
Ilustración O trunfo do amor de Tiziano vía El País.


Martes, 21-VII-09:
Antoni Muntanas Premio das Artes Plásticas 2009.
Novidades na pintura do XVIII.
Exposición sobre a muller grega na Antigüidade.
Exposición en Berlín sobre o 90 aniversario da Bahaus.


Luns, 20-VII-09:
No COAG de Santiago: A arte do roterio de creación.
Pontevedra, única representante galega na rede de cidades romanas.
O director do Reina Sofía presidirá o concurso do CGAC.
15 anos restaurando a igrexa de santa María de Godos.


Domingo, 19-VII-09:
A paixón erótica a treveso da arte no Thyssen no outono.
Patrimonio galego en perigo.
O canteiro Antelo Premio Español de Artesanía 2009.
Pode ser falsa a cabeza de Hatshepsut do museo de Berlín.
Máis polémica sobre a foto de Capa.
Flickr, a fotografía coma arte global.
Foto de Capa vía La Voz de Galicia.

23/7/09

A arquitectura española máis vangardista

Hoxe o xornal El Mundo publica un álbum fotográfico adicacado ao que entende como "A arquitectura española máis vangardista". Nin que dicir ten que ista é unha máis das posibles seleccións. Ao meu entender estase a buscar o poderío da imaxe ou da sinatura do proxecto. Como xa saberedes non gusto nada da arquitectura concibida como unha escultura no espazo. Non obstante hai varias obras que me aprecio especialmente pero non vos direi cales.

La más ambiciosa y vanguardista arquitectura se hace un hueco entre la incalculable (y milenaria) riqueza artística española. Es el caso de esta imagen, el centro de operaciones para las misiones de mantenimiento de paz de la ONU, el primero de España y el segundo de Europa, que se erigirá en 2010 en Quart de Poblet (Valencia). Foto: Delegación del Gobierno de la Comunidad Valenciana.

Por Héctor Llanos


Situado entre el Puente de L'Assut de L'Or y el Oceanográfico, el Ágora de Santiago Calatrava será una nueva pieza clave para La Ciudad de las Artes y las Ciencias de Valencia. Este edificio, concebido como un espacio multifuncional, cuenta con una estructura metálica de planta similar a una elipse apuntada y mantiene la uniformidad del complejo arquitectónico en el que se ubica, vestido a base de paneles de vidrio en su cubierta. Son 4.811 metros cuadrados con vocación de versatilidad cuyos responsables esperan que esté listo, al menos en su mayor parte, para acoger su primer compromiso con la ciudad: el torneo de tenis Valencia Open 500, que se celebrará a principios de noviembre. Su espacio duplicará el de las instalaciones de Roland Garros. Foto: Ciudad de las Artes y las Ciencias de Valencia.


La iraquí Zaha Hadid es la responsable de la Torre Espiral. Edificio de oficinas que será sede del Campus Interuniversitario del Besós, en Barcelona. Más de 27.000 metros cuadrados y una inversión de 53 millones de euros que se verán materializados a finales de este 2009. La nueva construcción será puerta arquitectónica de la Ciudad Condal y unirá urbanísticamente las areas del Forum 2004, el distrito tecnológico 22@ y el Campus Interuniversitario de Besós, ubicado en el límite de Barcelona con Sant Adriá, al final de la Avenida Diagonal. Foto: El Consorcio de la Zona Franca de Barcelona.



Más allá del Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (Musac), la ciudad de León es todo un ejemplo de convivencia arquitectónica que respeta la tradición sin apartar la vista del más próspero de los futuros. El Auditorio Ciudad de León, de Emilio Tuñón y Luis Moreno Mansilla, guarda las proporciones adecuadas para no romper con la naturaleza urbanística leonesa. La antigua azucarera de la ciudad también sufrirá la metamorfosis estética que la ciudad está viviendo en los últimos años y se convertirá en el nuevo Palacio de Congresos, diseñado por el reconocido arquitecto Dominique Perrault, Premio Mies van der Rohe. Foto: Auditorio Ciudad de León.

El edificio Mediapro destaca por "su precisa y adecuada solución estructural, así como su resistencia, sencillez y multiplicidad", afirmó recientemente el jurado del premio BigMat de arquitectura, cuyo galardón principal (dotado con 18.000 euros) recayó en este edificio creado por los arquitectos Carles Ferrater, Patrick Genard y Xavier Martí. Situado en el innovador distrito 22@ de Barcelona, esta construcción ha renovado los antiguos terrenos de la emblemática fábrica textil de Ca l'Aranyó y dedica más de 50.000 metros cuadrados a la industria audiovisual. Especialmente valorado en este proyecto ha sido su capacidad por convertir los problemas en soluciones desde el punto de vista urbanístico, estableciendo una perfecta comunión entre los intereses del Ayuntamiento de la ciudad y los de la poderosa empresa dueña del inmueble.

Foto: Carlos Ferrater Partnership.

Parece la sede de un museo de arte contemporáneo pero realmente es un templo religioso. La Iglesia de Santa Mónica de Rivas Vaciamadrid (a 15 kilómetros de Madrid) ha despertado el interés de la comunidad arquitectónica internacional y las iras de los vecinos de la localidad madrileña, en su mayoría perpetuos votantes de Izquierda Unida. La creación de Ignacio Vicens y José Antonio Ramos se inauguró a finales del 2008 tras más de una década en construcción. Inmediatamente después fue escogida por la prestigiosa revista 'Wallpaper' como uno de los proyectos más interesantes del planeta. En este caso, esta explosión de cristal y acero aporta una buscada inquietud en el entorno urbano que rodea a esta iglesia. La ruptura con lo establecido deja fuera del conjunto un símbolo imprescindible en una iglesia, la cruz que corona un campanario también inexistente. Foto: Estudio Vicens+Ramos.

También polémica es la Torre Cajasol que debe construirse en Sevilla con el diseño del argentino César Pelli, responsable de las célebres Torres Petronas que marcan el tope arquitectónico desde Kuala Lumpur (Malasia). Un espectacular edificio de 180 metros amenaza la hegemonía estética de La Giralda, la mitad de alta y situada a menos de dos kilómetros del solar en el que se pretende construir este nuevo hito arquitectónico. La Unesco ya se ha posicionado y ha instado recientemente la paralización de las obras de construcción de la Torre debido al impacto que puede ejercer sobre los bienes del Patrimonio Mundial (el conjunto que conforman el Alcázar, el Archivo de Indias, y la Catedral con la Giralda). Este rechazo significa que el conjunto histórico de Sevilla podría quedar fuera del catálogo de la Unesco, algo que la organización no ha dudado en hacer con la ciudad alemana de Dresde hace apenas dos meses.Imagen: Cajasol.


De nuevo Barcelona. El estudio de arquitectura Willy Müller ha sido el encargado de llevar a cabo el proyecto de remodelación, adecuación y construcción del nuevo Mercabarna-Flor, asentado en un edificio de forma angular y multicolor cercano al Aeropuerto Internacional del Prat y con marcada intención de utilidad pública. Según Müller, "el gran reto del proyecto ha sido agrupar los tres sectores, que tienen necesidades totalmente diferentes, bajo una misma estructura arquitectónica, y que cada uno de ellos disfrutara de las infraestructuras necesarias para su exposición, conservación y comercialización". Foto: Mercabarna-Flor.


Willy Müller Arquitectos es uno de los quince arquitectos que participa en la construcción de Sociópolis, un proyecto que va a convertir a Valencia en capital arquitectónica y cuyo objetivo es crear un nuevo modelo de barrio de vivienda asequible, que responda a las necesidades de las nuevas unidades familiares. El edificio de Müller es una estructura de organización vertical, que "se comporta como un champiñón en un área rural. Mínima ocupación, mínimo impacto, máximo rendimiento", explica la memoria del proyecto. La transformación urbana viene guiada por la voluntad de proteger el máximo de superficie de huertos urbanos, cuidados por los propios habitantes del barrio, además de centros de arte y zonas deportivas que acompañen a las viviendas. Foto: Willy Müller Arquitectos (WMA)

Texto e foto vía El Mundo.

Vigo, a cidade das ondas


Outro dos libros recibidos como agasallo é Vigo. A cidade das ondas con fermosos textos do xornalista Eduardo Rolland e fotografías de Javier Teniente. O libro comezo coas seguintes palabras:


“Desde as illas Cíes, que a gardan do Atlántico coma sentinelas, ata a paz da enseada de Rande, onde o mar se fai espello, a ria de Vigo escintila de vida. A cidade, extensa, téndese nun sinuoso carrusel desde as alturas do Castro ou da Guía, para caer logo polos vales suaves da terra do Fragoso. Desde a ria, a urbe é rotunda, sólida, de altos edilicios e un longo porto ao que se arriman os xigantes do mar. En moitos recunchos, a cidade exhibe o seu poder económico, a súa forza. Pero, noutros, transpórtanos ao Vicus que foi, ao sinxelo burgo mariñeiro sobre un estuario natural de prodixio".

22/7/09

Architecture in the Netherlands


Philip Jodidio é o autor deste Architecture in the Netherlands editado por Taschen en 2006 dentro da súa serie de Arquitectura contemporánea "Nación por nación." Fai unha selección das obras máis recentes construídas nos Países Baixos: A biblioteca universitaria de Utrech, unha tenda de Dolce&Gabana, un recinto musical en Breda, unha vivenda na auga, un centro cultural en Apeldoorn, unha tenda en Amsterdam, unha vivendas colectivas con biblioteca pública en Almere, o Lloyd Hotel en Amsterdam...

Recolle obras de catorce arquitectos algúns moi coñecidos internacionalmente (Rem Koolhaas ou MVRDV) e outros tan só admirados en Holanda. Un interesante recurso para coñecer que se está a facer dun dos países máis interesantes, arquitectonicamente falando.

21/7/09

Arquitectura racionalista en Vigo


Preséntovos a partir de hoxe algúns dos libros de arte que recibín como agasallos nos últimos meses.


O arquitecto vigués, licenciado na Coruña, José Luis Varela Alén, comisario de varias exposicións do COAG en Vigo, é o autor desta Arquitectura racionalista en Vigo, editado pola Fundación CaixaGalicia en 2004.


Conta cunha excesivamente pequena introdución sobre o movemento racionalista em España e en Galicia, para logo analizar, cun criterio de ubicación e finalidades, algunhas das construcións racionalistas máis salientables da cidade olívica tanto das existentes como das desaparecidas. Aporta fotografias e algúns planos. Remata con seis pequenas biografias doutros tantos arquitetos.

19/7/09

E os domingos Bruce Springsteen (XXVIII): She´s the one

Pois para non deixar algunha peza do Born to run sen poñer nesta bitácora, vexamos hoxe She´s the one:

Na xira de The Rising:


En 1975:

18/7/09

A hemeroteca da semana

Sábado, 18-VII-09:
Zaha Hadid trunfa con Bach.
Atopados 100 novos guerreiros en Xian.
Arte salgado e profundo.

Venres, 17-VII-09:
A maior pinacoteca de Vigo cambia de ubicación.
Exposición " O descubrimento de España" en Escocia.
A nova programación do Macba.
Unha nube de arte cubre a mesquita de Córdoba.
A maior aposta educativa do Prado.
Photoespaña: aqueles anos incómodos.


Xoves, 16-VII-09:
Saíra á venda o retrato que Warhol lle fixo a Michael Jackson en 1984.
Arquitectura en Shanghai.
O mural da historia de México de Diego Rivera está sendo restaurado.
Exposición de Martin Parr en París.
Photoespaña: exposición de Philippe Ramette.
O souvenir, horterada ou arte?.


Mércores, 15-VII-09:
Máis achédegos romanos en Pontevedra.
Zaha Hadid deixará a súa pegada en Barcelona.
Un ARCO máis cativo para o 2010.
Un novo mural no paseo marítimo coruñés.
Novo achédego arqueolóxico no Perú.
Ilustración "Torre espiral" no campus interuniversitario de Zaha Hadid en Barcelona, vía El Mundo.


Martes, 14-VII-09:






A nova arquitectura relixiosa.
Ilustración da igrexa de santa Mónica en Rivas Vaciamadrid de Nacho Vicens, vía Bellostes.
Solana matiza as súas declaracións sobre o Reina Sofía.
Retrospectiva fotográfica sobre África.
Photoespaña: a vida persoal das cousas.


Luns, 13-VII-09:
Certame andaluz de Graffiti.
Problemas de espazo na Academia de Belas Artes.
Papá Estado resolve os problemas económicos do Thyssen.
Entrevista con Cristina García Rodero.
Ilustración: Graffiti gañador en Andalucía, inspirado en Divine, vía El País.


Domingo, 12-VII-09:
Unha ollada a Laxeiro a través do coleccionismo privado.
Arte contra a Sida.
Arte e terrorismo.
Ilustración de Laxeiro vía Xornal.

16/7/09

Timelapses.TV. Videos de arquitectura contemporánea de Madrid

Fermosos vídeos sobre Madrid de Timelapses.TV (Luis Cal Devilla). Non deixedes de velos. Son moi curtos pero moi espléndidos.

15/7/09

Novos achédegos romanos en Pontevedra


Restos Pontevedra segue a súa pegada romana

No último cuarto de século localizáronse no municipio cinco miliarios, os dous últimos o luns, nas escavacións para o AVE en Salcedo.Autor:

Pontevedra segue destapando a súa pegada romana. Dous novos miliarios pasaron a engrosar a lista dos outros tres localizados no último cuarto de século no municipio. O luns foron os veciños da zona de Salcedo quen se toparon con estes restos nas escavacións previas á construción da liña do AVE na parroquia. O achado foi completamente casual, ata o punto de que a alcaldesa en funcións, Teresa Casal, desprazouse ao lugar despois de que fose unha veciña do lugar quen sospeitase ao toparse coas dúas pezas. A principal é unha pedra labrada cunha altura de 2,77 metros, segundo puido constatar o arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro.

Soledad Vilela, a veciña que localizou o miliario, explicou que se topou cunha estraña pedra cando camiñaba cara a unha leira da súa propiedade. Comunicoullo ao seu marido, que se puxo en contacto coa Asociación de Veciños Heroes do Campo dá Porta. Cando limpou a pedra de lodo, descubriu a lenda en latín labrada.

Tras o descubrimento paralizáronse estas obras do AVE, aínda que Casal incidiu onte en que espera que esta suspensión «sexa mínima». Engadiu que a nova peza «é un miliario laudatorio, non de sinalización de distancias». No fondo da gabia aínda quedaba onte o outro miliario.

O arqueólogo que traballa nas obras do tren de alta velocidade terá agora que realizar un estudo, documentar os achados e facer algunha nova sondaxe, «porque pode aparecer o indicio de algo máis». Onte apuntábase a posibilidade de atopar unha calzada romana.

Desde 1988, as distintas escavacións arqueolóxicas realizadas en Pontevedra permitiron descubrir en total cinco miliarios. Ese ano, localizouse no Burgo o Miliario de Adriano (134 d. de C.) nunha escavación baixo a dirección de Antonio de la Peña A peza permitiu vincular a orixe da cidade do Lérez á mansión romana Turoqua, na vía romana XIX.

Na mesma zona, no 2006 atopouse o miliario dedicado ao emperador Gaius Valerius e, no 2007, outra nova peza que estaba pendente de datación. O miliario extraído agora en Salcedo, curiosamente e segundo Castro, «parece xemelgo do que foi localizado na ponte de Couso e que se conserva no Museo Provincial». Aquel achado tivo lugar fai un século e tamén nunhas obras da vía férrea.

Texto e foto vía La voz de Galicia.

Visitando exposicións: O bodegón español no Prado

Tal e como xa informou reiteradamente Iniciarte, desde o 24 de xuño e ata 0 20 de setembro pódese ver na se coruñesa da Fundación Caixa Galicia esta exposición que forma parte do Programa Prado Itinerante.

Tradicionalmente temos considerado ao bodegón como un xénero menor dentro da historia da pintura, ao igual que a paisaxe. Un xénero que como moito podería aceptarse en canto exercicio técnico, en canto pintura de aprendizaxe, en canto dominio do óleo, da composición e da perspectiva. Tamén é certo que, a pesar de todo, socialmente tivo o seu público, a súa clientela.

Sen dúbida esta exposición axúdanos a desmontar estes tópicos porque podemos apreciar auténticas marabillas que percorren as distintas fases evolutivas da escola española, desde o Barroco ata o Romanticismo, dende o século XVII ata mediados do XIX (Juan de Espinosa, Francisco de Zurbarán,Tomás Hiepes, Juan de Arellano, Luis Meléndez, Francisco de Goya...) Tamén, teño que dicir, que hai obras das que non gustei nada, nin pola composición, nin póla temática, nin póla perspectiva, nin pola técnica.

Dentro deste conxunto de naturezas mortas, cociñas, bodegóns e floreiros, poderíanse salientar moitas obras pero é especialmente significativa, outra vez, a evolución tanto temática como estilística de Francisco de Goya.

Ilustración: Francisco de Zurbarán, Bodegón, vía Fundación Caixa Galicia.

14/7/09

Arte e literatura: A praia dos afogados


Continuando coa pequena discusión establecida nos comentarios e que se iniciou a raíz na dunha entrada sobre novas propostas do estudo de arquitectura A-Cero, lede, por favor o seguinte parágrafo da obra en galego mais vendida nos últimos meses,

"-(…) Xa viches como deixaron a vila (Panixón en Nigrán) e a praia nuns anos. Non queda rastro das dunas, non queda rastro de nada –lamentouse-. Se polo menos o fixesen ben... Antes, cando os mestres de obra construían as casas, aquí non se facía algo feo nin a propósito. Ata as vivendas mais modestas tiñan algo... Non sei a quen carallo se lle ocorrería iso de substituílos por arquitectos. Mira ti o que lograron. Vivendas racionalistas, chamábanas. E sabes o que son en realidade? Unha merda, Caldiñas, iso é o que son. "

Porto de Panxón (Nigrán)

Para Anxova, blogmáster de Lérias Várias.

Domingo Villar. A praia dos afogados. Vigo, Galaxia, 2009, páx. 172-173.

Ilustración da portada do libro, vía Editorial Galaxia.
Foto do porto de Panxón vía: Vigo en fotos.

13/7/09

Sen comentarios (VI)


Pois os seus ollos ven moi ben. A mismísima Torre de Hércules nunha vivenda unifamiliar. Está situada en Venezuela, nunha praia do estado de Miranda, a unha hora e media de Caracas, segundo informa o xornal A Opnión de A Coruña.

11/7/09

A hemeroteca da semana

Sábado, 11-VII-09:
Iniciouse a limpeza da Muralla de Lugo.
Os agasallos de Granell a Breton.
Arte tamén na mesa.
Novo premio europeo para Santiago Calatrava.
Museos: templos de arte e ocio.
A auga coma arte.
Unha visión fotográfica de Asia.
Autocrítica do director do Reina Sofía.
A vida máis íntima de Van Gogh.
Ilustración vía ABC.


Venres, 10-VII-09:
Exposición en Valencia: Picasso e os seus amigos.
Os restos arquitectónicos de Babilonia en perigo.
Sobre o proxecto da Guggenheim en Abu Dabi.
O espírito de Warhol na Casa Encendida.
Sobre as reformas do Guggenheim de Bilbao.
Entrevista a David Barro.


Xoves, 9-VII-09:
Exipto logra rematar co monopolio estranxeiro nas súas escavacións.
A Fundación Barrié adquire arte contemporánea internacional.
Un cadro de Ribera véndese por 4,45 millóns.
O panfleto coma arte no Macba.
A National Gallery de Londres e os paisaxistas.
Richard Rogers entre o Pompidou e a T-4.
Photoespaña: Cosmovisións árabes.
A Fundación Tápies abrirá no 2010.
160 Grabados de Goya en Sant Cugat del Vallés.
Ilustración vía La Voz de Galicia.


Mércores, 8-VII-09:
A Xunta limpará a Muralla de Lugo.
Exposición en Valencia: arte xeométrica.
Entrevista a Richard Rogers.
Richard Rogers en Caixa Forum de Madrid.


Martes, 7-VII-09:
Descuberta a canteira do templo de Xerusalén.
Medina Azahara non será Patrimonio Mundial da Unesco.
A arquitecta que soterra cadros.
Exposición do fotógrafo Enrique Meneses.
Exposición conxunta de Robert Capa e Gerda Taro.
Capa e Taro, polémica sen fin.
Fotografía en Barcelona de G. Taro vía El País.


Luns, 6-VII-09:
O auténtico retrato de Miguel Anxo.
As cidades tamén queren ser sostibles.
As historias dos Guggenheim.
Esculturas vivas en Trafalgar Square.
As dificultades do Museo Arqueolóxico Nacional.
Fotografía: China vista polas súas xentes.
Un novo museo para Dalí en Florida.
Fotografía vía ABC


Domingo, 5-VII-09:
Arte sacro desaparecido en Castela-León.
A Acrópole ateniense terá que agardar.
Exposición sobre o humor gráfico na prensa.
O patrimonio galego e o turismo.
Grafiti por encargo.

10/7/09

Madrid 2008: un vídeo

Desde o fermoso blog Plasticarte, é sendo de Timelapses.TV (non deixedes de ver o seu traballo sobre a baixada da marea en Ares), chéganos este fermoso vídeo de Madrid (haberá máis...)

Madrid 2008 from timelapses.tv on Vimeo.

9/7/09

A-Cero: novas propostas

Casas prefabricadas

El estudio A-cero, dirigido por el reconocido arquitecto Joaquín Torres, ha lanzado al mercado un producto de arquitectura modular, basado en los principios de la construcción industrializada. Un ejemplo, sin duda, de que la exclusividad arquitectónica no está reñida con las técnicas de obra más modestas y que persiguen, ante todo, el ahorro.


Máxima luminosidad

Las ventajas de esta novedosa obra para casas de lujo, con producción en taller y montaje en obra, recaen en tiempos más cortos y mano de obra más especializada. Algo que incrementa los resultados en cuanto a calidad y precio del producto final, mucho más bajo que en la construcción tradicional.


Como la producción de automóviles

En esta nueva construcción se aplican los mismos procedimientos de estandarización, modularidad, tecnología, control de calidad y tiempos que en otros muchos campos de la actividad humana. Un claro ejemplo de este sistema sería el de la producción de automóviles con ya más de 100 años bajo los planteamientos de producción en cadena de Henry Ford.


Espacio geométrico y calculado

A-cero desarrollará dos modelos de vivienda con dos y tres dormitorios con un coste y precio final muy ajustado. Realizará para ello un cuidado estudio de la distribución y de los espacios habitables. La obra de las viviendas piloto y el estudio simultáneo de varios encargos ya está en marcha.


Edificicación al alcance de todos

Como ejemplo, se expondrá una vivienda de 82 metros cuadrados valorada en 69.000 euros sin amueblar y 85.000 completamente equipada. Con este reto, A-cero apuesta por popularizar el diseño y la calidad constructiva, buscando qeu la arquitectura de diseño no quede relegada a una elite cultural y económica.

Textos (penosos) e fotos vía El Mundo.