Tal e como xa informou reiteradamente Iniciarte, desde o 24 de xuño e ata 0 20 de setembro pódese ver na se coruñesa da Fundación Caixa Galicia esta exposición que forma parte do Programa Prado Itinerante.
Tradicionalmente temos considerado ao bodegón como un xénero menor dentro da historia da pintura, ao igual que a paisaxe. Un xénero que como moito podería aceptarse en canto exercicio técnico, en canto pintura de aprendizaxe, en canto dominio do óleo, da composición e da perspectiva. Tamén é certo que, a pesar de todo, socialmente tivo o seu público, a súa clientela.
Sen dúbida esta exposición axúdanos a desmontar estes tópicos porque podemos apreciar auténticas marabillas que percorren as distintas fases evolutivas da escola española, desde o Barroco ata o Romanticismo, dende o século XVII ata mediados do XIX (Juan de Espinosa, Francisco de Zurbarán,Tomás Hiepes, Juan de Arellano, Luis Meléndez, Francisco de Goya...) Tamén, teño que dicir, que hai obras das que non gustei nada, nin pola composición, nin póla temática, nin póla perspectiva, nin pola técnica.
Dentro deste conxunto de naturezas mortas, cociñas, bodegóns e floreiros, poderíanse salientar moitas obras pero é especialmente significativa, outra vez, a evolución tanto temática como estilística de Francisco de Goya.
Ilustración: Francisco de Zurbarán, Bodegón, vía Fundación Caixa Galicia.

1 comentario:
Pues mira, no tenía pensado ir porque no me llamaba mucho la atención...pero gracias a ti se ha encendido cierta curiosidad!! zurbarán...mmmm....!!!
Saludos
Publicar un comentario