26/7/09

O racionalismo en Vigo: Edificio de vivendas Sanchón





O arquitecto Francisco Castro Represas deseñou en 1935 para o promotor Natalio Sanchón este edificio de catro alturas na rúa Policarpo Sanz, 28-34 de Vigo.

O edificio Sanchón é un nítido resultado do intento do arquitecto. Por facer convivir dúas linguaxes arquitectónicas en principio contrapostas: o emprego dos modos tradicionais de construción, exemplificadas pola local e certeira utilización do granito en todas as súas versións con elem
entos formais que proveñen dunha linguaxe renovadora, no que a simplicidade de formas era fundamental.

Todo elo queda reflectido na fachada: emprego de material nobre, permitíndose elementos decó, esgrafiados uns, enfatizando na súa simetría o elemento central con franxas verticais rematadas nunha “peineta” que sobrepasa as limas laterais da cornixa. Convive nos laterais, a efecto de horizontalidade, con apaisadas ventas d
e gran tamaño, iso si, flanqueadas con elementos cilíndricos. Os balcóns remátanse en curva, empregando as varandas de sección circular metálicas. A simetría queda parcialmente rota coa aparición duns ollos de boi nun dos extremos.

Esta convivencia de linguaxes chega ao extremo na adopción dos elementos estruturais: fachada portante en cantería de granito e estrutura metálica e de formigón armado nos forxados e piares, que permitir
án racionalizar as distribucións de vivendas e oficinas. Ramátase a cuberta cunha terraza, onde se engadiu unha planta recuada da fachada".


José Luis Varela Alén. Arquitectura racionalista en Vigo. Fundación CaixaGalicia, 2004. Cita da páxina 17.
Fotos: Iniciarte.

No hay comentarios: