Este pintor, nado en Monforte de Lemos (Lugo) en 1948 estudou belas artes na Academia de san Fernando de Madrid entre os anos 1969 e 1974. Desde o ano 1977 vive entre Edimburgo e Madrid pero con estadías frecuentes na Coruña.
É, sen dúbida, un dos pintores galegos con maior presenza no realismo. Nos últimos anos ven traballado en soporte dixitais. Conta cunha abundante producción artística que se amosa espallada por moitos mueso e galería. Mantén activa unha magnifíca e completísima páxina web.
Xa no ano 1989, o concello da Coruña organizoulle unha exposición retrospectiva. No catálogo desa exposición pódese ler o seguinte comentario:
“Desde o principio, o seu traballo pictórico estivo rexido por unhas constantes que lle permitiron desenvolver un programa iconográfico cheo de referencias paralelas, creando unhas imaxes moi individualizadas, cargadas dun forte contido simbólico.
(...) En lineas xerais na pintura de RGF (e no seu caso entendo por pintura non só o seu traballo en óleo senón tamén e naturalmente toda obra realizada con lapis e tintas) chama a atención o seu compromiso cunha serie de ideas e intereses que reflicte en complexas pero depuradísimas composicións, case sempre centradas ao redor das relacións humanas. Para poder desenvolver ese proxecto, está convencido, tras ter experimentando noutros estilos, de que no seu caso o idóneo é utilizar unha estética ilusionista que se podería encadrar dentro do ambiguo termo do Realismo. Ao mesmo tempo, habería que deixar claro que esa visualización tan minuciosa e exaustiva está totalmente posta ao servizo da maior claridade do contido significativo e que en ningún caso responde a unha finalidade en si mesma.

A súa traxectoria, desde princpios dos setenta, logo dun período de aprendizaxe e procura dun camiño propio, (...) presenta unha gran homoxeneidade con clarísimos denominadores comúns no que respecta tanto á forma como ao contido, observándose unha serie de proxectos ou grupos de obras perfectamente diferenciados que van enmarcando un progresivo desenvolvemento estilístico. Ao longo destes anos a figura humana, sempre punto de referencia, aparece e desaparece das imaxes dun xeito pendular aínda que a súa pegada non deixará de estar presente a través de simbólicos obxectos ou significativas arquitecturas. As formulacións compositivas vanse facendo máis complexos con inusitadas referencia iconográficas clásicas perfectamente integradas no seu universo pictórico. Doutra banda, a cor que case sempre está utilizado de xeito subxectivo, vaise enriquecendo ata dominar unha paleta chea de contrastes e sorpresas. E unha e outra vez aparecen os mesmos motivos, as mesmas obsesións que xorden e crecen a partir do seu propio contorno pero que terminan sendo verdadeiras alegorías contemporáneas a temas universais como a soidade, o desamor, a amizade, a creatividade ou a morte”.
Javier Mazorra ( 1989)
Javier Mazorra ( 1989)
Vía: RGF
No hay comentarios:
Publicar un comentario