11/4/13

Picasso e "A pel de oso"


A partir de 1913 as obras de Picasso comezarán a ser vendidas a un prezo que permitirán ao malagueño vivir cunha certa comodidade. Mais non é moi coñecido que nesta situación tivo moito que ver un grupo inversor chamado “A pel de oso” creado en 1903.

Este grupo, feito co gallo do Salón de Outono de París, marcárase como obxectivo mercar cada ano obras de arte por un valor duns 2.750 francos (case un 9.000 euros da época) durante uns dez anos e de artistas novos para seren vendidas dez anos despois. O grupo foi creado por un marchante de arte, André Level, que convenceu aos seus irmáns e a un primo. O único especialista en arte, André Level, mercará algunha tea post-impresionista pero sobre todo fauvistas e…”Picassos”. Merca directamente aos artistas, como Matisse e a marchantes, especialmente a Berthe Weill: tres Matisse e unha ducia de obras de Picasso por un total de 2.750 francos.

En 1906, Level pídelle proponlle aos seus socios que gasten todo o orzamento nun só artista, en Picasso. Ante a demanda, outros marchantes tamén tratan de facerse con teas do malagueño.

En 1907, Picasso é quen se pon en contacto con “A pel do oso”, ou se queredes, con André Level xa que os seus primeiros marchantes deixaron de demandar as súas novas obras ante o camiño tanto novidoso que estaba a tomar a súa carreira. Pablo necesita cartos. Ofrece “A familia de saltimbanquis” que pintara en 1905 e sobre o que non recibira unha oferta satisfactoria de Vollard. Level ofrecelle, sen embargo, 1.000 francos (máis de 3.000 euros). Entrégalle uns 300 como sinal e un mes despois o resto do pactado. En 1909, Level merca “Cesta de froitas”.

Pablo Picasso. Familia de saltimbaquis. 1905, óleo sobre lienzo, 
2,12 x 2,29 mWashington, National Gallery.

Ante as adquisicións de “A pel do oso”, outros marchantes desexan volver contar cos favores de Picasso. Mais é Level que merca en 1909 e 1910 as “Tres holandesas” (M.N.A.M. Centro G. Pompidou) e o “Arlequín a cabalo” (colección Mellon, EUA). A partir de 1912 o pequeno presuposto de “A pel do Oso” xa non da para mercar máis obra de Picasso.

Axiña pasaron os dez anos da fundación deste peculiar grupo de investimento na arte máis actual, polo que organízase a primeira venta en puxa (a primeira importante do século XX?) con campaña en prensa e a elaboración dun coidado catálogo. Deste xeito o 2 de marzo de 1914 a expectación é inmensa . No local onde se procederá a venta hai marchantes, intelectuais, celebridades do momento. Que cantidade en vendas púidose acadar? Pensade que o orzamento anual era de 2.750 francos… Pois nin máis nin menos que 116.545 francos (máis de 300.000 euros). Cuadriplicaron o investimento inicial en tan só dez anos. De toda esa cantidade o 27   % corresponde a pezas de Pablo.

Cal sería a resposta da prensa conservadora? Menudo escándalo se montou. Acusaron os compradores, maioritariamente estranxeiros e moitos deles alemáns, de tratar de destruír a arte nova dos franceses ao demandar obras de estranxeiros e dun mal gusto manifesto.

A partir de entón, Picasso deixará de ter necesidades económicas… cando ademais “A pel do oso” decidiu entregar a cada artista o 20% do prezo acadado polas súas obras na poxa. Desde entón Level e o malagueño serán amigos ata a morte do francés en 1946.

Bibliografía: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Muy interesante esta serie de entradas sobre las etapas de Picasso. Un furte abrazo desde el sur.