A primeira filla de Picasso, Maya, naceu o 5 de
setembro de 1935, cando o seu pai tiña 54 anos. Foi inscrita no rexistro co
nome de María de la Concepción, como a irmá morta do pintor. Mais de Conchita,
axiña pasou a ser chamada María pero como a nena non era que de pronuncialo
correctamente, foi chamada como o facia a cativa: Maya.
Mirade que historia tan curiosa podemos ler a base
de testemuñas nos días da Liberación de París na II Guerra Mundial (por certo,
hai moito que contar sobre Picasso e os nazis…)
Conta Maya (nove anos) que como durante a guerra
case non saían na súa vivenda “Como a
acuarela tarda moito en secar, papá fixera unha montaxe ao redor de todo o
salón con cravos e cordas, e colgabamos as nosas obras unhas á beira das outras
con pinzas de roupa”.
Texto citado en Olivier Widmaier Picasso. Picasso.
Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.
Maya lembra que “Cando os americanos chegaron, contoume a miña nai -que garda intactas na súa memoria as imaxes
destoutro “desembarco”-, empezaron por facerlle fotos á última obra de Picasso.
Puxemos un gran retrato que me fixo o meu pai, vestida co meu pequeno delantal
vermello, sobre unha cadeira española cun casco americano (é o mesmo cadro que
presidía o comedor da miña infancia en Marsella). Aos americanos pareceulles
que era unha foto moi fermosa: o casco americano sobre a cadeira e, detrás, o
cadro de Picasso. Como tiñan ganas de facer máis fotos, fotografaron todas as
obras que había colgadas polo salón na corda tendida… O máis terrible é que papá e eu mesturaramos
as nosas obras cando as puxemos a secar: papá, Maya, papá, papá, Maya… Fixeron as fotos sen preguntar nada e
enviáronas a Estados Unidos. E os xornais publicaron as últimas obras de
Picasso… En casa rímonos moito porque
fotografaran as miñas obras ¡e atribuíronllas a Picasso!”
Texto citado en Patrick O´Brian. Pablo Ruiz Picasso.
París, 1979.
Outra visión coincidente é transmitida por Françoise
Gilot (única das múltiples mulleres de Picasso que o abandonou, levándose aos
dous fillos, Paloma e Claude)
“…de golpe, Picasso converteuse no “home de moda”.
Durante as semanas posteriores á Liberación non se podía camiñar polo seu
estudo sen tropezar cos corpos deitados dalgúns soldados americanos. Todos ían
ver a Piaso, pero estaban tan cansos que apenas se tiñan forzas para chegar ata
o estudo antes de caer rendidos. Unha vez contei vinte mozos adormecidos, en distintos lugares
do estudo. Ao principio, eran sobre todo novos escritores, artistas,
intelectuais; despois, eran como turistas. No primeiro lugar da súa lista,
xunto á torre Eiffel, estaba o taller de Picasso”.
Françoise Gilot. Vivir con Picasso. Barcelona,
Ediciones B, 1991.
No hay comentarios:
Publicar un comentario