22/4/13

Picasso e as supersticións


Patrick O´Brian na súa obra “Pablo Ruiz Picasso” (1976) escribe deste xeito sobre sobre un dos fetiches do noso artista “Para Picasso, as chaves tiñan unha importancia nada desprezable, aínda que mal definida. Levaba un paso fato delas, e cando as chaves rachan os petos dos seus pantalóns (…) atábaas cunha corda e as colgaba do seu pescozo”.


Antonina Vallentin (“Picasso”, 1957) afirma que Picasso lle contara “Encántanme as chaves, paréceme moi importante ter unha. A verdade é que, a cotío, as chave me teñen obsesionado. Na serie dos bañistas sempre hai unha porta que intenta abrir cunha gran chave”.

Segundo ten contado Maya, a filla de Picasso, o pintor non deixaba que ninguén tocara ou lavara os seus pantalóns posto que, entre outras cousas, tiña medo a perder calquera cousa que houbese nos petos, ademais, claro está, das chaves.

O artista envía regularmente á Marie Thérese as súas uñas e os seus pelos cortados para que os conservara para que ningún seguidor/a da maxia negra ou do budú se puidera facer con eles. Cando morreu Marie Thérese, a súa filla Maya atopou eses restos orgánicos envoltos en papel de seda.

A mesma Françoise Gillot (“Vida con Picasso”, 1996) confirma isto cando afirma: “O máis seguro era transportar os cabelos cortados en saquiños, ata un lugar secreto, e alí desfacerse deles. Pablo pasábase meses enteiros co pelo demasiado longo sen decidirse a entrar nunha perrruquería. Se me atrevía a mencionalo, era un drama…” Este medo ao corte de pelo durou ata que Picasso atopou un perruqueiro da súa confianza, Eugenio Arias. Ademais de constatar que boa parte das persoas da máxima confianza do artista era españolas tamén hai que dicir que este Eugenio facía desaparecer os cabelos dun xeito misterioso”.

Outro costume (?) curioso de Picasso era que cada vez que toda a familia tiña que saír da vivenda por unha viaxe, Pablo, segundo conta Françoise Gillot, tiñan que “xuntarnos nunha habitación e ficar sentados sen dicir ningunha verba durante polo menos dous minutos, tras o cal xa podíamos partir tranquilamente. Se durante este ritual un dos nenos (refírese a Claude e a Paloma) ría ou dicía algo, había que empezar de novo. Ou ben Pablo negábase marchar.Ría dicindo “Fágoo porque é divertido. Se moi ben que non vén a conto, pero en fin…”

Chaves, cabelos, viaxes… máis asuntos peculiares? Pois si. Picasso tivo unha temporada na que gozou extraordinariamente das… sesións de espiritismo. Segundo Adrián Maeght, tal e como recolle o neto do pintor, Olivier: “En 1947, Marguerite Ben Houra (coñecida de Picasso)… organizaba veladas de espiritismo nas que facía xirar pratos. Nestas sesións, Pablo estaba tan aterrorizado coma impresionado…” páx. 366.

Citaa de: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003.

1 comentario:

Gonzalo Durán dijo...

¡Vaya manías la del Señor Picasso! Lo de las uñas y el pelo es un poco asquerosillo, ¿no te parece? Saludos.