No interior de igrexa cualificada como “a catedral do
románico galego” por Filgueira Valderde, pódense contemplar tres obras moi
salientables: un sepulcro, un baldaquino desmontado e situado nas paredes así
como unas pinturas renacentistas.
En canto ao sepulcro aínda que autores aluden que no seu
interior gárdanse os restos dun eclesiástico descoñecido, a maior parte dos
estudosos afirma que o seu “propietario” é o abade Lope de Ventosa.
É obra de finais do
século XIV e contén dúas figuras, na tapa con alto relevo e outra na fronte con
baixorrelevo. Queda protexido por figuras esculpidas de anxos portando libros e
aínda conservan restos de policromía así como por grandes animais na súa base.
Nos extremos hai anxos en xenuflexión.
O conxunto vese decorado con escenas relativas á morte: María co seu fillo nos brazos ademais de Salomé, á dereita e san Xoán Evanxelista á esquerda, ademais de María de Cleofás e María Magdalena cun bálsamo.
Sobre este fondo policromado do sarcófago hai outras
representacións simbólicas como son o sol e a lúa a xeito de bóveda celestial
que acolle ao falecido.
Por riba deste conxunto figuran dúas arquivoltas con rica decoración escultórica na que destacan escenas de vida cotiá.
Sobre a tumba hai dous frisos. No inferior, dez apóstolos que semellan que portan instrumentos da paixón de Cristo (como os anxos do Pórtico da Gloria)
e no friso superior hai un pantocrátor cos apóstolos Pedro e
Santiago e anxos cantores e músicos.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario