Sobre os baldaquíns desta igrexa, Románico digital, conta o seguinte:
Encostadas a ambos os muros consérvanse esculturas procedentes de dous baldaquíns que se situaban no extremo oriental da nave, flanqueando o arco triunfal; ao ampliar a igrexa en 1895, foron desmontados e recolocados dunha maneira inconexa e sen respectar unha lectura lineal no seu emprazamento actual; ademais algunhas pezas deste conxunto atópanse no Museo de Pontevedra.
A riqueza iconográfica das esculturas segue os principais modelos galegos que, unida á calidade das tallas, convértenas nun ambicioso conxunto; desgraciadamente o desmonte e a colocación arbitraria das pezas alteraron a lectura do programa.
Os últimos estudos levados a cabo por Feijoo Martínez, Hervás Herrera e Marañón López sosteñen que os baldaquíns pertenceron a outro edificio e foron trasladados a Ventosa.
A época probable de realización sexa os comezos do século XVI.
Textos de Románico Digital, Galicia pueblo a pueblo.
Fotos: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario