Nunha das longas saídas coa bici fixen una paradiña na
capela de San Cosme de Irixoa, non sei ben se pola beleza da capela e da súa
carballeira ou polos quilómetros de subida que levaba nas pernas.
É una capela dun románico serodio, do século XIII. Na súa
contorna é tradicional o xantar dos parroquianos de Mántaras pois o lugar é ben
fermoso. O primeiro que chama a atención é a súa ubicación a uns cincocentos
metros de altura sobre o val do Mandeo e, logo, o macizo da súa construción
pois practicamente non ten vano ningún que aporte luminosidade á edificación.
A súa portada, o máis ornamentado do seu exterior ademais
dos canzorros, ten dobre arquivolta lixeiramente apuntada sobre columnas de
capiteis ornamentados con temas vexetais na esquerda e animais na dereita.
O tímpano representa tres figuras que habitualmente adoitan
ser identificadas como san Cosme e san Miguel adorando a Xesús. A figura
central, a de pé, vai acompañada dun animal, parece ser que é un porco,
relacionable con santo Antonio e que podería simbolizar a luxuria e a
tentación. As figuras laterais están axeonlladas.
Pero hai outro elemento decoración que sempre me cha a
atención, son os corenta e seis canzorros que soportan a cornixa. Pódense
apreciar elementos xeométricos, rostros humanos e cabezas de animais.
O interior, que non puiden observar, din que ten una
estrutura románica nos escasos elementos ornamentais e na súa escuridade, pois
a seteira sobre a porta pouca claridade pode ofrecer ao coro (elevado e con
estrutura de madeira).
O espazo entre a única nave e a ábsida atópase delimitado
polo arco triunfal apoiado sobre columnas adosadas e estrutura aérea con
armazón de madeira o cal reduce a altura da nave. O presbiterio está máis
elevado.
Hai anos esta fermosa capela estivo nos medios de
comunicación polo sistema empregado polo sacerdote do lugar para tratar de
solvetar os problemas que ocasionaban as polillas na estrutura da cuberta de
madeira. Parece que a solución non foi a máis axeitada. Hai moitas referencias
na Voz de Galicia sobre a cuestión e mesmo algún vídeo.
1 comentario:
:Eso pásalles por ter cura. (E ter creencias)
(¿"Era bo, coma os outros curas"? Dicía a xente)
Cando un cura ponse a obrar (tamén no opus) é porque él
xa meteu no peto ao contratista. ¿Ou acaso fixo él so a merda da obra?
Non fillo, non.
)Estes homes de nehro calquer día inmatriculan tamén o ar que rodea
a capela.
Os curas sonche precindibels; a arte dos edificios non
Publicar un comentario