30/04/09

Os inicios do Impresionismo: Manet, Almorzo na herba





Unha obra fundamental na historia da pintura contemporánea é o Almorzo na herba de Édouard Manet (1832-1883). Está depositada no Museo de Orsay de París.É un óleo sobre lenzo de 2,08x2,64 metros. Este museo nos describe a obra do seguinte xeito:

"Rexeitada polo xurado do Salón de 1863, esta obra é exposta por Manet co título Le Bain (O Baño) no "Salón dos Rexeitados" autorizado ese ano por Napoléon III. Converteuse na principal atracción, obxecto de burlas e fonte de escándalo.

No entanto, Manet reivindica no Almorzo sobre a herba o legado dos
mestres antigos e inspírase en dúas obras do Louvre. O Concerto campestre de Tiziano, entón atribuído a Giorgione, bríndalle o tema, mentres que a disposición do grupo central inspírase nun gravado segundo Rafael: O xuízo de Paris.Pero no Almorzo sobre a herba, a presenza dunha muller espida no medio de homes vestidos non está xustificada por ningún pretexto mitológico ou alegórico. A modernidade dos personaxes fai obscena, aos ollos dos seus contemporáneos, esta escena case irreal. Maneta divírtese ademais chamando o seu cadro "Parte cadrada".

O estilo e a factura chocaron case tanto como o tema. Manet abandona os habituais degradés para entregar contrastes abruptos entre sombra e luz. Por iso, repróchaselle a súa "teima de ver por manchas". Os personaxes non parecen perfectamente integrados neste decorado de maleza máis esbozado que pintado, no que a perspectiva é ignorada e a profundidade ausente. Co Almorzo sobre a herba, Manet non respecta ningunha das convencións admitidas, senón que impón unha liberdade nova con respecto ao tema e aos modos tradicionais de representación".

Un crítico da época valoraba así esta obra:
Percibe con claridade a natureza e tradúcea simple e lumniosamente. O seu gran cadro (...) produce a impresión no espectador dun buraco aberto na campiña. Todo ao seu arredor, as paisaxes máis atrevidas parecen rostros aos que esta viril e vigorosa coloración fai palidecer; pero unha vez máis, señor, tanto vostede coma min, só veremos alí un sorprendente, un admirable bocexo; ninguén podería recoñecer nel a afirmación triunfante dunha arte nova, porque aínda que todo o que a arte reclama dun mestre está indicado, nada marca a estela do traballo levado a cabo (...) Nunha palabra, a devandita obra inacabda sería solemne. No estado en que o señor Manet nola entrega, só é interesante: é condicional, non efectiva”.
Desnoyers. Le Petit Journal, 11 de xuño de 1863 (Reproducido en Visualarte. Vicens Vives, 2004
, páx.311)

Sen dúbida todo un escándalo por varios motivos. En primeiro lugar polo tema: quen parecer ser unha prostituta amósase espida ante dous cabaleiros, mentres ao fondo outra muller está a bañarse. Tamén foi un escándalo pola técnica empregada: ausencia de claoscuros, utilización de cores planas e as sombras son simple manchas xustapostas. Igualmente pola composición: catro figuras que non semellan relacionarse entre si. O debuxo tamén é novidoso posto que as figuras están pintadas sen liñas que modelen as súas contornas. Toda unha revolución que anunciaba o Impresionismo.

Finalmente poderíase engadir que Manet empregou como modelos ao seu irmán Eugéne e ao escultor holandés Ferdinand Leenhoff, quen no futuro sería seu cuñaado, e a muller espida era a súa modelo predilecta, Victoria Meurent.

Ilustracións vía Educastur.



29/04/09

A Ópera de Oslo, de Snøhetta, Premio Mies van der Rohe


El nuevo edificio de la Ópera y el Ballet Nacional de Noruega, el mayor centro cultural construido en este país en los últimos 700 años, proyectado por el estudio de arquitectos Snohetta, ha ganado hoy el Premio de Arquitectura Contemporánea de la Unión Europea-Mies van der Rohe. Los miembros del jurado, presidido por Francis Rambert, destacan que «es más que un simple edificio, puesto que se trata de un espacio urbano, un regalo para la ciudad, que se puede considerar un catalizador de todas sus energías y un emblema de la regeneración de su tejido urbano».

El estudio Snohetta, conocido por su proyecto la nueva Biblioteca de Alejandría, fue fundado en Oslo en 1989 y lo integran actualmente Kjetil Trædal Thorsen (1958), Tarald Lundevall (1948) y Craig Dykers (1961).

El jurado ha concedido la mención especial al Arquitecto Emergente al croata Studio up (Lea Pelivan y Toma Plejic) por el Gimnasio 46° 09′N/16°50′E, de Koprivnica, en Croacia. El proyecto consiste en un edificio con doble piel de policarbonato que alberga un instituto y un polideportivo, conectados por una calle interior.

Texto e fotos vía El Tiralineas-La Voz de Galicia.

Non deixedes de ver esta ligazón: é a candidatura áos premios (espectaculares ilustracións)

Os frescos de Pompeia recuperan o seu esplendor

La mejor colección de pintura romana antigua del mundo se exhibe tras diez años de restauración

Los frescos de la ciudad de Pompeya volverán a exhibirse desde mañana en Nápoles (sur de Italia) con su esplendor original después de un proceso de restauración que ha durado más de 10 años y que ha mantenido oculta al gran público la que es probablemente la mejor colección de pintura romana del mundo. En total son 400 frescos, conservados excepcionalmente por la ceniza del volcán Vesubio que arrasó esta ciudad en el año 79 d.C., los que componen la colección del Museo Arqueológico Nacional de Nápoles, y que volverán a exponerse en este espacio, indicó un comunicado de esta institución.

Los frescos, en los que el arqueólogo August Mau se basó para realizar la subdivisión de los estilos de pintura mural de la Antigüedad romana, fueron arrancados de las paredes de las casas pompeyanas en los siglos XVIII y XIX y fueron trasladados al museo. Ahora se han dispuesto en un nuevo orden, basado tanto en la cronología como en la recreación del ambiente y disposición original de las viviendas pompeyanas de las que las pinturas fueron arrancadas, con salas dedicadas a la Casa de Meleagro, la Casa de los Dióscuros o la Villa de Boscoreale.

Detalles nunca vistos

"Colores antiguos y detalles nunca vistos" se han desvelado gracias a los trabajos de limpieza y restauración de las obras, que han permitido a los especialistas profundizar en su conocimiento de las corrientes artísticas, los géneros y las técnicas de la pintura romana, según el comunicado. La colección contiene algunas de las obras más importantes de los distintos estilos de la pintura romana antigua -tal y como los dividió Mau- exceptuado el Primer Estilo (150-80 a.C.), cuyas pinturas no fueron arrancadas porque no eran figurativas.

El Segundo Estilo, llamado también de pintura arquitectónica, tiene su mejor exponente en la Villa de Boscoreale, donde príncipes, filósofos y personificaciones de dioses se perfilan sobre un fondo de rojo pompeyano, el color típico de esta ciudad, fabricado con cinabrio. La sala dedicada al Tercer Estilo comprende una serie de elementos decorativos y grandes cuadros en los cuales el paisaje predomina sobre la forma humana.

Finalmente, el Cuarto Estilo (60-80 d.C.), el más presente en la ciudad, cuenta con ejemplos tan destacados como la Casa de Meleagro, la Casa de Marte y Venus y la Casa de los Dioscuros, reconstruidas a partir de sus pinturas murales: Las bodas de Hera y Zeus, Aquiles en Esciro, Marte y Venus o Ariadna abandonada, entre otras.

Un viaje por el mundo greco-romano

La exposición pretende ser "un viaje por imágenes a través del mundo greco-romano": dioses, héroes, rituales, escenas de la vida cotidiana y del erotismo se suceden, permitiendo al visitante considerar estas pinturas no sólo desde el punto de vista formal, sino "sobre todo en razón de su modo de expresar un imaginario colectivo quizá no tan lejano" del nuestro.

No sólo se exhibirán las pinturas de la ciudad destruida por el Vesubio, sino que también tendrán su lugar en la exposición dibujos preparatorios, sinopias (bocetos para los frescos), cuencos para la mezcla de los colores e instrumentos de medida.

Texto e foto vía El País.

Unha exposición do CGAC repasa a diversidade sexual na arte desde os anos 60


Estará composta por 150 obras de máis de 70 artistas e é un proxecto comisariado por Juan Vicente Aliaga.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugurará o 14 de maio a exposición «En todas as partes», na que se repasa a diversidade sexual na arte desde os anos sesenta.

A mostra estará composta por 150 obras de máis de 70 artistas e é un proxecto comisariado por Juan Vicente Aliaga.

«En todas as partes» presenta unha panorámica sobre as representacións e narracións da diversidade sexual na arte desde os anos sesenta ata a actualidade, segundo informou o museo compostelán.

Con esta mostra, Juan Vicente Aliaga continúa o seu proxecto no centro compostelán a partir do punto onde quedou a exposición «A batalla dúas xéneros», presentada en 2007.

Centrada entón no momento fundacional que foron os anos setenta para o feminismo e as teorías de xénero, Aliaga dilata agora a dimensión temporal da súa investigación e abarca a multiplicidad de expresións sexuais identificadas coas siglas LGTBQ (lesbiana, gai, transexual, bisexual e queer).

A exposición está estruturada ao redor de varias seccións coas que, a partir dos conceptos e ideas relacionadas cun período histórico concreto, o comisario propón trazar guías para comprender algunhas claves estéticas e experiencias complexas.

O título da exposición, «En todas as partes», fai referencia a que as imaxes, as representacións, a cultura visual e a política que se desprende das obras seleccionadas proceden dun número variado de países, distintos e distantes entre si.

Alude, así mesmo, segundo a mesma fonte, «a realidades humanas, desexos, comportamentos, hábitos e formas de vida extensibles a todo o planeta, á marxe da cor da pel, da lingua, da relixión e da ideoloxía: a diversidade sexual é global».

A exposición ocupará o soto e a planta baixa do CGAC durante catro meses, e complementarase cun seminario, un ciclo de cine e vídeo, e un taller.

Texto e foto vía La Voz de Galicia.

28/04/09

Exposición de Juan Muñoz: crónica dunha visita

O pasado fin de semana, e para darme un paseo por Madrid, visitei a retrospectiva do escultor Juan Muñoz no Reina Sofía e da que Iniciarte deu boa conta.

Moitas son as sensacións que se meten dentro dos visitantes ao contemplarmos as obras de Juan Muñoz. Todas intensas, todas sorprendentes. A escultura de Juan Muñoz amosa a capacidade de transmitir o que non está representado:
-o xogos de luces e sombras nas súas figuras crean todo tipo de sensacións: sorpresa, inquedanza, medo, desacougo,
-os balcóns baleiros semellan espazos sen vida en demanda de persoas,
-as figuras con ollos tapados (sen ollos?) reflicten a incomunicación, o illamento,
-os grupos escultóricos fannos pasar da aparente ledicia colectiva á falta de comunicación, da igual que desexen saudarse, tocar tambores ou pasear,
-os espazos baleiros crean o desacougo no visitante,
-os espellos con figuras (ou figuras con espellos?) son toda unha provocación creativa,
-as pequenas obras mecanizadas escondidas ás miradas crean ruídos desafiantes,
-as figuras colgadas (tantas?, demasiadas?) crean o rexeitamento inicial para logo provocar admiración,
-o realismo do Descarrilamento fainos pasar da admiración polo dominio técnico á incerteza do simbolismo da obra.

Sorprendeume os seu traballos con materiais pictóricos: sinxelos pero cheos de forza expresiva.

Os materiais que dominan na exposición son as resinas, o ferro e o bronce. O domino técnico é apabullante pero é que a capacidade creativa do escultor consegue consagrar como materiais salientables aos materiais sintéticos e novidosos como as resinas.

Crónica visual da visita:

27/04/09

Anuncio dos "Caprichos" de Francisco de Goya

A serie de 80 grabados de Goya, un artista moi presente en Iniciarte, coñecida como "Los Capichos" é unha mordaz crítica á sociedade española de finais do XVIII. Posta á venda en 1799 só estivo dispoñible 14 días porque foi retirada polo autor ante o medo á Inquisición. En 1803 Goya cedeu as planchas e os orixinais editados á coroa a cambio dunha pensión vitalicia.

Lede con atención este anuncio. Respetei a ortografía orixinal.

"Colección de estampas de asuntos caprichosos, inventadas y grabadas al agua fuerte, por Don Francisco Goya. Persuadido el autor de que la censura de los errores y vicios humanos (aunque parece peculiar de la elocuencia y la poesía) puede también ser objeto de la pintura: ha escogido como asuntos proporcionados para su obra, entre la multitud de extravagancias y desaciertos que son comunes en toda sociedad civil, y entre las preocupaciones y embustes vulgares, autorizados por la costumbre, la ignorancia ó el interés, aquellos que han creído más aptos á subministrar materia para el ridículo, y ejercitar al mismo tiempo la fantasía del artífice.

Como la mayor parte de los objetos que en esta obra se representan con ideales, no será temeridad creer que sus defectos hallarán, tal vez, mucha disculpa entre los inteligentes: considerando que el autor, ni ha seguido los ejemplos de otro, ni ha podido copiar tan poco de la naturaleza. Y si el imitarla es tan difícil, como admirable quando se logra; no dexará de merecer alguna estimación el que apartándose, enteramente de ella, ha tenido que exponer á los ojos formas y actitudes que solo han existido hasta ahora en la mente humana, obscurecida y confusa por la falta de ilustración o acalorada con el desenfreno de las pasiones.


Sería suponer demasiada ignorancia en las bellas artes el advertir al público, que en ninguna de las composiciones que forman esta colección se ha propuesto el autor, para ridiculizar los defectos particulares á uno u otro individuo: que sería en verdad, estrechar demasiado los límites al talento y equivocar los medios de que se valen las artes de imitación para producir obras perfectas.

La pintura (como la poesía) escoge en lo universal lo que juzga mas a propósito para sus fines: reúne en un solo personaje fantástico, circunstancias y caracteres que la naturaleza presenta repartidos en muchos, y de esta combinación, ingeniosamente dispuesta, resulta aquella feliz imitación, por lo cual adquiere un buen artífice el título de inventor y no de copiante servil.

Se vende en la calle del Desengaño nº 7 tienda de perfumes y licores, pagando por cada colección de a 80 estampas 320 rs. vn."

Diario de Madrid” 6 de febrero de 1799.

Texto citado en Historia del Arte. Anaya, 1986, pp.657-658. Ilustración vía Wikipedia.

26/04/09

E os domingos Bruce Springsteen (XXI): Born to run (e II)

Hoxe, 26 de abril, tócame disfrutar correndo do Maratón Popular de Madrid, o MAPOMA. Acompáñanme na carreira Pili e Julio, e animado un montón de amigos e amigas (grazas). Son 42.195 metros. Á hora da publicación deste post dase a saída. A crónica da carreira poderedes lela en Club de Atletismo Panadería d´Osedo. Por ista razón permítome reproducir esta entrada de decembro de Nado para correr:


En 1975 merquei o vinilo Born to run. E desde entón continúame parecendo o mellor de Bruce. Foi o seu terceiro traballo de estudo e o seu primeiro gran éxito comercial. De ser cualificado como a promesa do rock, ou o sucesor de Dylan (?), pasou a se converter na mellor figura da música actual. En el Rincón de Javier podedes ler a letra desta canción.

Un directo en 1975.





Outro directo en Toronto (1984).




En versión acústica.




25/04/09

A hemeroteca da semana

Sábado, 25-IV-09:
Hoxe non podo facer a hemeroteca, mais podesdes ler La Voz de Galicia, El País, El Mundo, La Vanguardia ou ABC.

Venres, 24-IV-09:
Adeus ás colas no Prado.
Véndense trece cadros de Hitler.
Fidel Goás expón en Atlántica.

Xoves, 23-IV-09:
O MOMA inaugura a súa máis grande mostra de debuxos.
David Hockney sustitúe o pincel polo píxel.
Un Sorolla inédito á venda.
Ilustración de Sorolla "Nena entrando no baño" vía El Mundo.

Mércores, 22-IV-09:
Valoración sobre o novo auditorio de Ávila.
Exposición de Juan Muñoz no Reina Sofía.
Pinturas e cerámicas africanas en Braga.
Atopados no Sinaí catro templos faraónicos.
Un tribunal francés clausura a exposición "Bodies".
A Feira de Colonia como termómetro da arte.

Martes, 21-IV-09:
Critican ao príncipe Carlos polas súas opinións arquitectónicas.
Pintan a Berlusconi coma un anxo namorado dunha ministra.
Unha fotografía de Pulitzer.
Ilustración: Obra de F. Panseca vía El País.

Luns, 20-IV-09:
Reencontro no labirinto de Juan Muñoz.
O Reina Sofía exibe a retrospectiva de Juan Muñoz.
Entrevista sobre arquitectura con Beatriz Colomina.
Unha biblia mozárabe puido inspirar a Picasso para o "Guernica".
Performance no Reina Sofía.

Domingo, 19-IV-09:
Cristina Iglesias fala sobre Juan Muñoz.
Cosmopoética leva á rúa e á carcere a arte.
A poesía de Aleixandre faise arte.
Toda a arte dunha botella baleira.
Arquitectura nas adegas.
Ilustración vía El País Semanal.

24/04/09

Exposición: O Rijksmuseum na Coruña

Os cadros máis emblemáticos da Escola da Haia recalan na Coruña
A mostra poderá visitarse na sala de exposicións de Palexco.

Os cadros máis emblemáticos da escola pictórica de Haia, movemento de finais do século XIX inspirado en grandes paisajistas, estarán expostos na Coruña.
A mostra, que inclúe un total de 74 pezas, óleos e acuarelas de autores como Veermer, Isräels ou Mauve, exhibirase na sala de exposicións de Palexco.
A exposición, titulada »A Escola da Haia. Obras mestras do Rijksmuseum« é a segunda vez que se instala en España, xa que permaneceu durante dous meses en Vigo.
Trátase das dúas únicas cidades españolas polas que pasarán estes cadros antes de regresar á súa localización habitual en Amsterdam no Rijksmuseum ou museo nacional, que alberga a colección de pinturas do denominado Século de Ouro holandés.
As pezas emblemáticas deste movemento, asentado na cidade da Haia, recollen parte da testemuña da Escola de Barbizón francesa e mostran nos lenzos o protagonismo das paisaxes rurais e as súas xentes sinxelas.
Ademais das obras de Roelofs, Mesdag e Isräels, »Paseo dacabalo pola mañá na praia« de Antón Mauve, guía dos primeiros pasos artísticos de Van Gogh, ou »No mes de xullo« de Gabriëls, referente de Piet Mondrian, son dous das obras de arte que integran esta exposición.
»Os «Nenos do mar», de Josef Isräels, unha das xoias das coleccións do Rijksmuseum, a máis vendida entre os diferentes artigos que comercializa a institución na súa tenda, é outro dos baluartes desta mostra.
A exposición divídese en sete apartados que explican cada un a evolución dos autores e a temática desa etapa e que levan por título: «Tras os pasos da Escola de Barbizón», «A Haia», «En busca do rústico», «O mar», «A luz», «Pintura en estado puro» e «Acuarelas».
Nun século de exaltación nacionalista en Europa, estes autores volveron a súa mirada ao século XVII holandés, recuperando dos seus antecesores o protagonismo dunha paisaxe real, habitado por xentes sinxelas como pescadores e campesiños.
Contemplar a paisaxe desde unha perspectiva humana e plasmalo en obras nas que se reflectía o estado de ánimo do artista foi unha das principais innovacións desta corrente pictórica que ademais utilizou a luz como ingrediente fundamental.
A Escola da Haia, tamén coñecida como a «escola gris», pola utilización dunha paleta tonal monótona, exerceu con todo unha influencia transcendental sobre o xenial Van Gogh, a quen Mauve facilitou o seu primeiro xogo de pinturas de acuarela e a primeira oportunidade para traballar con cores.
A exposición será inaugurada polo director xeral do Rijksmuseum, Wim Pijbes, ademais do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayosom, entidade que financia a mostra, comisariada por Renska Suijver.
Texto completo en La Voz de Galicia.

23/04/09

Juan Muñoz no Reina Sofía


Esta semana inaugúrase a retrospectiva de Juan Muñoz no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (o sábado poderei vela, gozala, disfrutala...) A exposición xa estivo na Tate Modern de Londres (perdinna por unhas semana) e no Guggenheim de Bilbao. Iniciarte xa vola presentou cunha pequena biografía, unha selección de fotografías, unha grabación sonora e un vídeo. Polo tanto, hoxe faremos un reposo aos recursos dispoñibles na rede.

O Reina Sofía preséntanos así a exposición:

"Fecha: 21 de abril - 31 de agosto de 2009.Lugar: Edificio Sabatini. Planta 1. Planta 3. Jardín Sabatini.Organización: Exposición organizada por Tate Modern, Londres, en asociación con el Museo Nacional Centro de Arte ReinaSofía.Comisariado: Sheena Wagstaff.Coordinación: Osbel Suárez.Itinerancia: Tate Modern, Londres: 24 de enero - 27 de abril, 2008/ Museo Guggenheim, Bilbao: 27de mayo - 28 de septiembre, 2008/ Fundación Serralves, Oporto: 31 de octubre, 2008 - 18 de enero, 2009.Patrocinador: Fundación Banco Santander

La exposición que el Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía dedica a Juan Muñoz (Madrid, 1953-Ibiza, 2001) es la retrospectiva más completa realizada hasta el momento sobre el artista. Esta muestra ha sido enriquecida con obras nunca expuestas hasta la fecha y ocupan diversas salas del museo así como el Jardín Sabatini. Junto a numerosas esculturas se exponen dibujos, escritos, obras sonoras y piezas radiofónicas.
Juan Muñoz es un referente en la renovación de la escultura contemporánea internacional. Los dieciséis años que median desde 1984, fecha de su primera exposición individual, hasta 2001 en que realiza su última obra, le permiten crear un corpus artístico de una excepcional narratividad.
En su obra existe una gran tensión entre los espacios irreales y los tangibles. Sus figuras poseen una presencia física extraordinaria y en ellas el silencio y la soledad adquieren un protagonismo especial. Acróbatas, enanos, bailarinas o personajes orientales acompañan a sus famosas figuras humanas con base esférica que interaccionan entre sí, formando su serie emblemática conocida como “escenas de conversación”. Su producción indaga en la idea de que ‘la obra es tanto la solución como su búsqueda’ especialmente en su obra cumbre Double Bind (Doble vínculo, 2001), que fue además su última creación.

Tras recibir en el 2000 el Premio Nacional de Artes Plásticas, Juan Muñoz es el primer artista español invitado a exhibir su creación en la Sala de las Turbinas de la Tate Modern de Londres en junio de 2001. Muere dos meses después en la cima de su carrera a los 48 años, poco antes de inaugurarse su retrospectiva en el Hirshhorn Museum de Washington."

O xornal El País ofrécenos unha magnífica documentación on-line con entrevistas, comentarios, informacións e valoracións. De especial interese é a entrevista coa súas compañeira e tamén interesantísma escultora Cristina Iglesias, da que destaco o seguinte parágrafo:

"La relación que cada uno tenía con su trabajo era muy personal. Cada uno teníamos nuestro estudio en la casa de Torrelodones (la casa que compartieron como pareja y en la que ella sigue viviendo con sus dos hijos). A Juan le gustaba que opinásemos y que habláramos de lo que cada uno estábamos haciendo, porque él tenía un carácter muy extrovertido. Era muy inquieto. Yo prefería que cada uno estuviera centrado en lo suyo, sin interferencias de ninguna clase".

Foto de Claudio Álvarez vía El País.

Tamén é do moito interese o artigo de Antonio Muñoz Molina sobre o noso escultor, titulado "Balcones de ausencia" do que me gusta especialmente:

"La poética de un artista se va haciendo en un proceso muy lento de filtración de la experiencia. Yéndose de la España áspera y cerrada de su primera juventud Juan Muñoz pudo educarse en sus caminatas por las capitales del mundo, por Londres y Nueva York, pero también por Roma, donde lo arrebató la desmesura de los espacios barrocos, la escenografía fantástica de los palacios, las iglesias y las ruinas, la sugestión de vuelo ingrávido de los ángeles de mármol sobre las tumbas de los papas y de las figuras pintadas en la distancia vertiginosa de las cúpulas. Y sin embargo, en este artista inmune a las identidades y a las fronteras, uno sospecha un fondo de pesadumbres españolas: esos enanos atónitos son los que los niños nacidos en los años cincuenta veíamos con un estremecimiento de pena y de miedo en los circos de pobres y en las corridas burlescas del Bombero Torero; esos balcones que parecen tan abstractos son balcones de ciudad de provincias española, de esa capital de provincia que se esconde todavía en el centro de Madrid. Son balcones de barrio popular, de clase media sin muchas perspectivas, balcones no de hotel cosmopolita y canalla con un letrero vertical de neón sino de pensión de medio pelo, una de esas pensiones hacia las que se subía por peldaños de madera gastada, por huecos de escalera en penumbra donde olía a humedad y a comida y donde había que orientarse deslizando la mano por la balaustrada. Con intuición poética fulminante Juan Muñoz incrusta una astilla tiznada en uno de sus pequeños balcones de los primeros tiempos y la convierte en una maja sombría, y de golpe toda su modernidad cobra la fuerza de una pintura negra de Goya."


A través dos blogues ¡Qué de arte! e de Músicas das Ulla coñecín o seguinte video da súa exposición en Bilbao.






Impresionante comuniciación, non si?

O admirado Octavi Martí tamén fixera outra reportaxe soobre unha exposición en Francia
e que publicara El País: Maira o que opinaba o comisario desa mostra:

"Para Guy Tosatto, director del museo y comisario de la primera gran exposición consagrada a Muñoz en Francia (celebrada en Nimes, en 1994), la obra de Muñoz es "la del primer artista de magnitud que, practicando la escultura, decide volver a la figuración. Se plantea y resuelve a su manera el dilema de cómo ser moderno y reanudar el hilo roto de la tradición". Las influencias absorbidas por el madrileño son muchas. En un primer momento, durante sus años de aprendizaje en Londres, "Naum Gabo era una referencia obligada". Luego fue ampliando su familia artística de manera que allí tuvieran cabida muchos: de Richard Serra y Robert Smithson ("porque con ellos el espacio pasa a ser un elemento esencial") a Giorgio de Chirico (porque en su pintura "la estatua asume el papel de tiempo detenido, de indiferencia al transcurso del tiempo"), tal y como Muñoz le revelara a Paul Schimmel en una entrevista del año 2000. Por el camino, Muñoz se reconcilió con el barroco y, en concreto, con Borromini, con Velázquez y, quién sabe, si con Buñuel."

Finalmente e grazas ao xornal El Mundo podemos ver a seguinte selección das obras expostas. Non deixedes ver a ligazón ao xornal xa que trae uns interesantes comentarios de cada obra.

22/04/09

A arquitectura no Camiño: a Torre da catedral de santo Domingo de la Calzada






















O edificio relixioso de maior altur
a de toda a Rioxa é a Torre barroca da catedral de santo Domingo de la Calzada.

Mandada construír polo bispo Andrés de Porra y Temes ten case 70 metros de altura e foi deseñada por Martín de Beratúa. Foi comezada o 23 de maio de 1762. É de planta cadrada de nove metros de lado, aproveitando o edifico do cárcere e unha pequena horta.

É a terceira torre que tivo a catedral. A primeira era dos séculos XII e XIII e foi destruída por un raio en 1450. E segunda tivo que ser derruída por graves problemas na súa cimentación.

Para evitar as correntes de auga subterráneas, foi construída exenta sobre unha masa compacta e dura de formigón, cal, area, pedra miúda e, atención, cornos de vacas.

Afortunadamente, os visitantes podemos subir ata o seu campanario e gozar, deste xeito dunha, magníficas vistas sobre a localidade e a súa bisbarra.


21/04/09

A Muralla Chinesa mide 2.000 quilómetros máis.


Una investigación oficial fija en 8.851 kilómetros la longitud del monumento

EFE - Pekín - 21/04/2009

La Gran Muralla china mide 8.851,8 kilómetros, unos 2.000 más de lo que antes se calculaba, según la última investigación de las administraciones estatales de Arqueología, Topografía y Cartografía de China, informó el oficial Diario del Pueblo..

Antes de esta investigación, que comenzó en mayo de 2007 y que se llevó a cabo con instrumentos avanzados de exploración y alta precisión, se pensaba que la Gran Muralla medía aproximadamente unos 6.500 kilómetros.

Como parte de este proyecto, que terminó de medir en diciembre de 2008 la Gran Muralla, una de las siete maravillas del mundo y elegida como Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO en 1987, se elaborará un proyecto de planificación para su protección.

El director de la Administración Estatal de Arqueología, Shan Qixiang, señaló que "aunque ahora la gente conoce la importancia de proteger la Gran Muralla, en los últimos años ha habido obras de carretera o ferrocarril que la han afectado".

"Se conocen tramos como Badaling, Mutianyu o Shanghaiguan, pero no se tiene conciencia de que la mayor parte de la Gran Muralla necesita más cuidados", recalcó Shan. La Gran Muralla atraviesa las provincias de Liaoning, Hebei, Shanxi, Gansu y Shaanxi, las municipalidades de Tianjin y Beijing y la región autónoma de Mongolia Interior.

Texto e foto vía El País.

Unha fotografía de Pulitzer


Un discurso bajo la lluvia de Obama, foto de Pulitzer

Las "memorables fotografías" que
Damon Winter publicó en The New York Times en la última campaña electoral de EEUU fueron galardonadas en el apartado de Reportaje Gráfico. The Washington Post, por su parte, consiguió su único galardón gracias a las "elocuentes columnas" que firmó Eugene Robinson sobre la elección del primer presidente afroamericano de la historia de EEUU.

Texto completo da nova e fotografías vía La Vanguardia.



20/04/09

INICIARTE: Finalista nos III Premios Espiral Edublogs 09



O xurado dos III Premios Espiral Edublogs 09 tivo a ben declarar a INICIARTE como blog finalista. Toda unha honra e unha ilusión.

Son moitos os blogs amigos que tamén mereceron o calificativo de finalista, pero, antes de citalos, deixádeme que amose a miña ledicia por Biblioafonso, blog colectivo da biblioteca esccolar "O Bosque Animado" no que tanto tempo, ilusión e cariño levamos posto. Outras bibliotecas amigas tamén son finalistas: Bibliocabe, Bemilladoiro. Ademais outros colegas de arte tamén son finalistas: Enseñ-arte e Linea serpentinata.

Boa sorte a todos e todas.

19/04/09

Velázquez: unha selección de vídeos

Toca xa, hora de repaso e de prepararnos para a pintura do XVIII e do XIX, lembrar a Diego Velázquez, sen dúbida, o mellor pintor español de todos os tempos. Quero chamarvos especialmente a atención sobre a reconstrución en 3D das Meninas.


E os domingos Bruce Springsteen (XXI): Not fade away

Un dos temas clásicos do rock, interpretado polo Boss:



E The Rolling Stones en 1964:

18/04/09

Proba de Renacemento español e arte barroca

LÁMINA Nº 1



LÁMINA Nº 2



DEFINICIÓNS
1.- Arco formeiro
2.- Imposta
3.- Presbiterio
4.- Veladura

A hemeroteca da semana

Sábado, 18-IV-09:
Visitas guiadas ao Pórtico da Gloria.
Reflexións de Antonio Saura sobre a arte.
Reportaxe sobre a incidencia da crise na arquitectura e no urbanismo.
Patinazo no Rijksmuseum.
A arte española na feira de arte de Pequín.
Catro galerías españolas na feira de arte contemporánea de Bruxelas.
As caixas apiladas coma arquitectura.
Ilustración ·Recreación de vivendas en Manhattan" vía El País.

Venres, 17-IV-09:
Exposición "Viaxe á intimidade".
Reportaxe sobre o deseñador Marcel Wanders.
Exposición cos arquivos da Bauhaus.
Exposición sobre o movemento LGBT na arte.
Exposición sobre a literatura ilustrada.
París homenaxea ao fotógrafo Henri Cartier-Bresson.

Xoves, 16-IV-09:
Obras no novo Centro Nacional de Artes Visuais.
Localización da tumba de Cleopatra.


Luns, 13-IV-09:

17/04/09

Arquitectura barroca compostelá: unha introdución

CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO

Importante aumento da poboación: 1591: 650.000 habitantes; en 1752: 1.300.000 hab. (duplica a densidade de Castela). Conquista de novos terreos para a agriculura, actividade económica complementada coa gandería, a pesca, o comercio e a industria. A sociedade estaba dominada polo clero, a nobreza e a fidalguía que son os grandes propietarios da terra, xa que o campesiñado traballa terras que non era súas senón que as traballaba en foro ou subforo. Politicamente a época estivo marcada polos enfrontamentos con Portugal: 1640-69 e na Guerra de Sucesión (enfrontamento a partir de 1704)


Na cidade de Santiago a igrexa era o núcleo social e político máis sobranceiro. Destacará o arcebispo Antonio Monroy (1686-1715) quen será o gran mecenas que impulsará definitivamente a arte barroca compostelá.


SÉCULO XVII

1ª Etapa (dous primeiros tercios) arquitectura de influencia manierista e clásica que provén do espírito da Contrarrefoma e da arquitectura herreriana e imprime ós edificios un carácter monumental e severo


2ª Etapa (terceiro tercio) caracterizada polo emprego de motivos ornamentais a base de froitas e elementos vexetais

-San Martiño Pinario: ampliación con varios arquitectos. Bartolomé Fernández Lechuga fai a cúpula segundo o modelo da Catedral de Granada.

-Claustro de san Martiño Pinario de Bartolomé Fdez. Lechuga (inspirado en Palladio)

-Fachada de san Martiño Pinario: ideada por Frei Gabriel de las Casas en 1691 e continuada por Fernando Casas Novoa a partir de 1709. Rematada cun san Martiño de Tours a cabalo e un escudo de España colocado en 1738

Catedral:

-Ciborio, Pórtico Real da Quintana (remodelado por Domingos de Andrade en 1695) Porta Santa e a Torre das campás na fachada foron deseñados por Xosé Peña de Toro, salmantino.

-Retablo da capela maior deseñada polo cóengo madrileño formado en Italia, José Vega y Verdugo (Santiago Matamouros de Mateu de Prado)

-Torre do reloxo ou Berenguela (1676-1680) sobre uns corpos do XIV de Domingos de Andrade (fai tamén o baldaquino da capela maior) plenamente barroco (Convento de santo Domingos de Bonaval)

-Fachada do Obradoiro de Fernando Casas Novoa (capela da Nosa Señora dos ollos grandes de Catedral de Lugo)


SÉCULO XVIII

A arquitectura céntrase no xeométrico, no espacial. Introdúcese o baleiro activo, empregando planos colocados en diferentes posicións, discontinuidade de superficies, aberturas, buscando efectos de profundidade. Así hai moitas fachadas escenográficas, fachadas-telón que só sertvían para pechar espacios ou prazas ou fermosear a cidade. Trátase de acadar as máis fermosas perspectivas. Por eso hai cornixas moi voadas, descomunais chemineas e desproporcionadas campanarios. O fundamental será a masa, o granito dominado a esencia da arquitectura.

-Fachada do convento de santa Clara (1719) de Simón Rodríguez

-Igrexa de san Francisco (1742) de Simón Rodríguez

-Retablo da capela do Pilar da Catedral de Fernando de Casas Novoa e Miguel de Romay

Praza das Praterías

Fonte barroca con figura da Fe engadida en 1829

Casa do Cabido, 1758 de Clemente Fernández Sarela autor,antes, da Casa do Deán.



16/04/09

Arquitectura no Camiño: a Catedral de santo Domingo de la Calzada

No Camiño de Santiago, ao seu paso pola Rioxa, atópase a catedral de Santo Domingo de la Calzada. O edificio ten unha longa evolución arquitectónica desde os seus inicios aló polo ano 1098. Pouco anos despois sería consagrada, pasando a ser colexiata en 1158 e catedral en 1232 como sé do bispo de Calahorra-La Calzada. Mais o edificio tal e como hoxe coñecemos foi iniciado no 1158 cunha gran reforma na parte dereita do transepto no século XVI para darlle cobillo á tumba do santo Domingo.

É unha fermosa igrexa urbana, de peregrinación, con deambulatorio ou xirola. Ao exterior destaca a súa ábsida románica con modillóns e canzorros, os arcobotantes, e a fachada sur ou de santo Domingo do XVIII porque a que sería a fachada occidental ou principal é de inicios do gótico (XIII) e non destaca moito polo entramado urbano.

Mención a parte merece a súa barroca e exenta torre, da que xa falaremos noutra ocasión.


No interior (tripla nave con cruceiro, bóvedas de cruceiría e cabeceira románica) é de salientar o retablo maior que actualmente está ubicado no lado norte do edificio. É obra renacentista de Damián Forment. Ten nove metros de ancho e trece de alto. Curiosamente é a única gran obra en madeira deste escultor porque a súa especialidade era o traballo en alabastro.

Un dos elementos máis chamativos do catedral é o galiñeiro gótico. Efectivamente un galiñeira nunha igrexa. E un galiñeiro cun galo e unha galiña vivos. Para comprender o motivo teredes que ler a historia do milagre da galiña que cantou despois de cociñada. Estas dúas aves son cambiadas cada mes.

Máis información na Wikipedia e en Arteguías e máis fotos en
Flickr.

15/04/09

Arquitectura barroca compostelá: A Casa do Cabildo


Tras uns días de relaxación, volvemos ás clases de arte. E continuamos coa arte barroca.

Dentro da arquitectura barroca de Santiago sempre me interesou especialmente a Casa do Cabildo. Unha peculiar edificación feita, nin máis nin menos, para dar por rematada fermosamente a Praza das Praterias formando un conxunto espectacular coa Fachada das Parterías, a Fachada do Tesouro da catedral e o edificio (poderíase derrubar?) do Banco de España. É unha obra seredia do barroco de placas e o seu autor foi Fernández Sarela. Mais deixemos que a especialista Ortega Romero nos analice esta peculiar obra.

"
Igualmente obra de Clemente A. Fernández Sarela é a Casa do Cabildo -1758-, en Santiago, como testemuña a inscrición da placa do seu balcón central. Típica fachada-telón, levántase como un mero efecto urbanístico para pechar artisticamente a praza das Platerías e embelecela. Non interesa a distribución da planta, pois só ten de fondo pouco máis de tres metros, unicamente é unha pantalla vistosa, realizada cunha gran xenialidade.

A principal característica é a desparición das ordes das columnas, utilizándose pilastras que parecen atar a fachada. Estas pilastras encaixadas e profundamente refundidas están decoradas con placas no seu parte inferior e superior, terminando nesta zona cun cilindro. Novamente un cilidindro colócase entre o ábaco e a voluminosa placa que pende da cornixa, acentuando o movemento e a inestabilidade. Debaixo da gran cornixa, crebada por enérxicos cortes, acubíllase un riquísimo e variado entablamento onde abundan cilindros, placas e asas ou grapas. Nos dous chaflanes da fachada unha gárgola acentúa máis, se cabe, o voo da cornixa.

Todo o conxunto se vivifica por unha balconada con bustos-retratos en lugar de balaustres e uns pedestais sostendo pináculos. No centro un fornelo con variada e rica decoración de volutas, placas, motivos xacobeos e un cilindro servindo de base a unha estrela. No dintel da porta da rúa central fai a súa aparición xa a rocalla, e en toda a fachada xa se advirte unha tendencia ao rococó".

Mª del Socorro Ortega Romero.
El barroco. En Historia del Arte Gallego. Madrid, Alambra, 1982, pp. 360-361.


14/04/09

14 de Abril: Día da República

Hoxe 14 de abril, conmemoramos o aniversario da proclamación da II República.

Este cartel, titulado Alegoría da República, creado por J. Barreira (c. 1931), atópase no Centro de Estudos Históricos Contemporáneos (Barcelona) e é a representación máis difundida do símbolo por antonomasia da forma de goberno republicana. Teño pendente por facer algunha entrada sobre o cartelismo que mantivo unha estreitísima relación coa política, destacando na Guerra Civil e, en Galicia, na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936.

Ilustración vía Ateneo Español de México.
Na clase xa falamos algunha vez do traslado de obras de arte do Museo del Prado, hoxe podemos ver un pequeno vídeo sobre o tema.



E aínda que eu non son nada de símbolos (bandeiras, etc) mirade o seguinte vídeo cunha canción dedicada á II República.

13/04/09

O Pritzker premia a Peter Zumthor, arquitecto de factura case artesá

As termas de Vals, en Suíza, o Museo Kolumba e a capela de San Benedito, entre as súas principais obras
O xurado valora o seu respecto pola primacía do lugar e por conservar o legado da cultura local.


Esta vez, o Pritzker non se saíu pola tangente. O suízo Peter Zumthor encabezaba as quinielas -un 30% dos enquisados pola web especializada Arch Daily apostaba por el, seguido do estudo xaponés Sanaa (Kazuyo Sejima + Ryue Nishizawa), Toyo Ito, Santiago Calatrava, Daniel Libeskind e César Pelli- e, ao final, levouse o premio. O equivalente ao Nobel da arquitectura volve ao país helvético (os suízos Herzog e De Meuron gañárono no 2001) e confirma que Centroeuropa é un dos maiores viveiros de talento arquitectónico.


Zumthor, nacido en Basilea en 1943, é fillo dun fabricante de mobles e mestre ebanista. Aínda que rexeitou integrarse na empresa familiar -onde traballou de aprendiz na súa mocidade- os coñecementos adquiridos na escola de deseño non fixeron senón aumentar o seu respecto pola artesanía. Tras ampliar estudos no Pratt Institute de Nova York, empezou a traballar coa mente posta en mixturar os conceptos artesanal e moderno. Así xurdiu a súa primeira obra coñecida, a capela de San Benedito, nunha pequena aldea do val do Rin. Unha actuación deliberadamente rústica coa que, ao achegar unha innovadora lectura do tradicional método construtivo local -fachada recuberta de grosos tachones de madeira-, abriuse camiño cara ao recoñecemento internacional.

Segundo o xurado do Pritzker, «nas habilidosas mans de Zumthor, como nas doutros artesáns consumados, os materiais son usados nun xeito na que se celebran a si mesmos, as súas calidades únicas, todo ao servizo dunha arquitectura de permanencia». Entre eses materiais sobresae especialmente o formigón, que o suízo elevou a cotas poéticas insospeitadas. O exemplo máis certeiro son os baños termais de Graubünden, en Vals, Suíza. Na ladeira do val destaca un rotundo e elegante búnker perforado por aberturas cadradas de diferentes proporcións; un edificio de plasticidad cegador en cuxo interior se respira un ambiente case litúrxico.

A comuñón dos seus edificios coa natureza é outra das virtudes de Zumthor. «Ten unha gran habilidade para crear lugares que son moito máis que un simple edificio -expresa Lord Palumbo, presidente do xurado-. A súa arquitectura expresa respecto pola primacía do lugar, o legado da cultura local e as leccións imposible de valorar da historia da arquitectura». Uns eloxios que lle valeron o medallón de bronce do Pritzker e a entrada no Olimpo da súa profesión.


Textoe fotos vía La Voz de Galicia.