Unha obra fundamental na historia da pintura contemporánea é o Almorzo na herba de Édouard Manet (1832-1883). Está depositada no Museo de Orsay de París.É un óleo sobre lenzo de 2,08x2,64 metros. Este museo nos describe a obra do seguinte xeito:
"Rexeitada polo xurado do Salón de 1863, esta obra é exposta por Manet co título Le Bain (O Baño) no "Salón dos Rexeitados" autorizado ese ano por Napoléon III. Converteuse na principal atracción, obxecto de burlas e fonte de escándalo.
No entanto, Manet reivindica no Almorzo sobre a herba o legado dos mestres antigos e inspírase en dúas obras do Louvre. O Concerto campestre de Tiziano, entón atribuído a Giorgione, bríndalle o tema, mentres que a disposición do grupo central inspírase nun gravado segundo Rafael: O xuízo de Paris.Pero no Almorzo sobre a herba, a presenza dunha muller espida no medio de homes vestidos non está xustificada por ningún pretexto mitológico ou alegórico. A modernidade dos personaxes fai obscena, aos ollos dos seus contemporáneos, esta escena case irreal. Maneta divírtese ademais chamando o seu cadro "Parte cadrada".
O estilo e a factura chocaron case tanto como o tema. Manet abandona os habituais degradés para entregar contrastes abruptos entre sombra e luz. Por iso, repróchaselle a súa "teima de ver por manchas". Os personaxes non parecen perfectamente integrados neste decorado de maleza máis esbozado que pintado, no que a perspectiva é ignorada e a profundidade ausente. Co Almorzo sobre a herba, Manet non respecta ningunha das convencións admitidas, senón que impón unha liberdade nova con respecto ao tema e aos modos tradicionais de representación".
Un crítico da época valoraba así esta obra:
“Percibe con claridade a natureza e tradúcea simple e lumniosamente. O seu gran cadro (...) produce a impresión no espectador dun buraco aberto na campiña. Todo ao seu arredor, as paisaxes máis atrevidas parecen rostros aos que esta viril e vigorosa coloración fai palidecer; pero unha vez máis, señor, tanto vostede coma min, só veremos alí un sorprendente, un admirable bocexo; ninguén podería recoñecer nel a afirmación triunfante dunha arte nova, porque aínda que todo o que a arte reclama dun mestre está indicado, nada marca a estela do traballo levado a cabo (...) Nunha palabra, a devandita obra inacabda sería solemne. No estado en que o señor Manet nola entrega, só é interesante: é condicional, non efectiva”.
Desnoyers. Le Petit Journal, 11 de xuño de 1863 (Reproducido en Visualarte. Vicens Vives, 2004, páx.311)
Sen dúbida todo un escándalo por varios motivos. En primeiro lugar polo tema: quen parecer ser unha prostituta amósase espida ante dous cabaleiros, mentres ao fondo outra muller está a bañarse. Tamén foi un escándalo pola técnica empregada: ausencia de claoscuros, utilización de cores planas e as sombras son simple manchas xustapostas. Igualmente pola composición: catro figuras que non semellan relacionarse entre si. O debuxo tamén é novidoso posto que as figuras están pintadas sen liñas que modelen as súas contornas. Toda unha revolución que anunciaba o Impresionismo.
Finalmente poderíase engadir que Manet empregou como modelos ao seu irmán Eugéne e ao escultor holandés Ferdinand Leenhoff, quen no futuro sería seu cuñaado, e a muller espida era a súa modelo predilecta, Victoria Meurent.

Ilustracións vía Educastur.
No hay comentarios:
Publicar un comentario