22/4/09

A arquitectura no Camiño: a Torre da catedral de santo Domingo de la Calzada






















O edificio relixioso de maior altur
a de toda a Rioxa é a Torre barroca da catedral de santo Domingo de la Calzada.

Mandada construír polo bispo Andrés de Porra y Temes ten case 70 metros de altura e foi deseñada por Martín de Beratúa. Foi comezada o 23 de maio de 1762. É de planta cadrada de nove metros de lado, aproveitando o edifico do cárcere e unha pequena horta.

É a terceira torre que tivo a catedral. A primeira era dos séculos XII e XIII e foi destruída por un raio en 1450. E segunda tivo que ser derruída por graves problemas na súa cimentación.

Para evitar as correntes de auga subterráneas, foi construída exenta sobre unha masa compacta e dura de formigón, cal, area, pedra miúda e, atención, cornos de vacas.

Afortunadamente, os visitantes podemos subir ata o seu campanario e gozar, deste xeito dunha, magníficas vistas sobre a localidade e a súa bisbarra.


No hay comentarios: