17/4/09

Arquitectura barroca compostelá: unha introdución

CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO

Importante aumento da poboación: 1591: 650.000 habitantes; en 1752: 1.300.000 hab. (duplica a densidade de Castela). Conquista de novos terreos para a agriculura, actividade económica complementada coa gandería, a pesca, o comercio e a industria. A sociedade estaba dominada polo clero, a nobreza e a fidalguía que son os grandes propietarios da terra, xa que o campesiñado traballa terras que non era súas senón que as traballaba en foro ou subforo. Politicamente a época estivo marcada polos enfrontamentos con Portugal: 1640-69 e na Guerra de Sucesión (enfrontamento a partir de 1704)


Na cidade de Santiago a igrexa era o núcleo social e político máis sobranceiro. Destacará o arcebispo Antonio Monroy (1686-1715) quen será o gran mecenas que impulsará definitivamente a arte barroca compostelá.


SÉCULO XVII

1ª Etapa (dous primeiros tercios) arquitectura de influencia manierista e clásica que provén do espírito da Contrarrefoma e da arquitectura herreriana e imprime ós edificios un carácter monumental e severo


2ª Etapa (terceiro tercio) caracterizada polo emprego de motivos ornamentais a base de froitas e elementos vexetais

-San Martiño Pinario: ampliación con varios arquitectos. Bartolomé Fernández Lechuga fai a cúpula segundo o modelo da Catedral de Granada.

-Claustro de san Martiño Pinario de Bartolomé Fdez. Lechuga (inspirado en Palladio)

-Fachada de san Martiño Pinario: ideada por Frei Gabriel de las Casas en 1691 e continuada por Fernando Casas Novoa a partir de 1709. Rematada cun san Martiño de Tours a cabalo e un escudo de España colocado en 1738

Catedral:

-Ciborio, Pórtico Real da Quintana (remodelado por Domingos de Andrade en 1695) Porta Santa e a Torre das campás na fachada foron deseñados por Xosé Peña de Toro, salmantino.

-Retablo da capela maior deseñada polo cóengo madrileño formado en Italia, José Vega y Verdugo (Santiago Matamouros de Mateu de Prado)

-Torre do reloxo ou Berenguela (1676-1680) sobre uns corpos do XIV de Domingos de Andrade (fai tamén o baldaquino da capela maior) plenamente barroco (Convento de santo Domingos de Bonaval)

-Fachada do Obradoiro de Fernando Casas Novoa (capela da Nosa Señora dos ollos grandes de Catedral de Lugo)


SÉCULO XVIII

A arquitectura céntrase no xeométrico, no espacial. Introdúcese o baleiro activo, empregando planos colocados en diferentes posicións, discontinuidade de superficies, aberturas, buscando efectos de profundidade. Así hai moitas fachadas escenográficas, fachadas-telón que só sertvían para pechar espacios ou prazas ou fermosear a cidade. Trátase de acadar as máis fermosas perspectivas. Por eso hai cornixas moi voadas, descomunais chemineas e desproporcionadas campanarios. O fundamental será a masa, o granito dominado a esencia da arquitectura.

-Fachada do convento de santa Clara (1719) de Simón Rodríguez

-Igrexa de san Francisco (1742) de Simón Rodríguez

-Retablo da capela do Pilar da Catedral de Fernando de Casas Novoa e Miguel de Romay

Praza das Praterías

Fonte barroca con figura da Fe engadida en 1829

Casa do Cabido, 1758 de Clemente Fernández Sarela autor,antes, da Casa do Deán.



2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Fantástica entrada!!
Mi moraleja es: si ves un edificio con cilindros adosados al muro, lánzate a por el barroco de placas jaja

P.D: cada vez me gusta más el convento de Santa clara.

Besos

Antonio Martínez dijo...

Onde estén as placas de Simón Rodríguez... sobra todo o demais.
Por que será que cada vez coincidimos máis cos mesmos gustos?