No lugar de O Castelo, parroquia de Santa María de Naraío e
concello de San Sadurdiño atópase o Castelo de Narío. Atópase levantado sobre
unha roca a case 400 metros de altitide sobre ujn meandor do río Castro. Ten
planta irregular, case en forma de polígono de doce lados. Salienta polo seu
aspecto macizo e con escasos vanos.
Naraío xogou un papel fundamental na segunda Guerra
Irmandiña (1467-1469), momento no que os sublevados tomaron a fortaleza.
Durante esta revolta, o exército popular mandado por Afonso de Lanzós, tomou o
castelo que foi parcialmente derrubado. Anos despois, unha vez restablecida a
nobreza galega, os habitantes da zona e os mesmos irmandiños tiveron que volver
construílo como represalia. Desde 1603 permanece en estado de abandono e con
evidentes signos de deterioro.
No século XVI uníronse as casas de Andrade e Lemos na persoa
de Pedro Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Nesta época comeza a decadencia
da fortaleza, o seu progresivo abandono e o uso como canteira para material
construtivo. No século XVIII, coa extinción da casa dos Castro, as súas
posesións pasan á casa de Alba, actual propietaria do castelo.
O conxunto actual recolle todos os avatares e remodelacións
sufridas ao longo da historia da fortificación. O castelo segue a tipoloxía
habitual de fortaleza roquera, adaptándose á orografía irregular do outeiro. O
seu sistema defensivo consta de dous muros perimetrais e un complicado acceso a
través dun carreiro moi empinado e dunha porta precedida orixinalmente dunha
ponte levadizo. Unha segunda porta, descentrada sobre a primeira por cuestións
defensivas, conserva un brasón coas armas dos Andrade e permite o acceso ao
interior do patio de armas.
O elemento máis destacado da fortificación é sen dúbida a
torre da homenaxe, símbolo do poder feudal dos seus propietarios. Orixinalmente
contaba con tres pisos e alcanzaba os 16 metros de altura. Na planta baixa
localízase o alxibe, actualmente moi ben conservado. A primeira planta usábase
como salón e cociña; o segundo piso
tería tamén función residencial e finalmente a parte superior da torre
constituía unha atalaia almenada cun extraordinario dominio visual da contorna.
En 2005 a a “Fundación Casa de Alba” cedeu o usufruto do castelo ao Concello de San Sadurniño e actualmente está habilitado para a visita con pasarelas e escaleiras que permiten o acceso á torre da homenaxe.
A información procede de varias páxinas, especialmente de Fortalezas do Reino de Galiza.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario