Construída a inicios do século II, a porta romana do mercado de Mileto (na península de Anatolia, Turquía) é un dos exemplos máis coñecidos de fachadas arquitectónicas romanas. Constituía a entrada sur da cidade. A praza da porta do mercado estaba delimitada, ademais, polo concello (buleuterion) helenístico e pola suntuosa fachada de tres pisos dun ninfeo.
A fachada, de dous andares, está subdivida por arcos de medio punto e por pilastras; nos lados está delimitada por pórticos saíntes. Entre os arcos de medio punto, montados sobre zócalos, atópanse pares de columnas con capiteis compostos. Sobre o entaboamento xónico, acodado e cun rico friso vexetal, álzase o andar superior onde as columnas teñen capiteis corintios e o entaboamento está decorado cun friso de grilandas e bucranios. O conxunto culmina na cornixa e tres frontóns: o frontón central é partido que descansa sobre dous pares de columnas e dous frontóns máis pequenos situados sobre os pórticos laterais.
A disposición acodada das columnas, a suntuosa ornamentación con motivos vexetais do edificio e o frontón central partido producen un xogo de luz e sombra que pon de manifesto o florecemento da arquitectura nas cidades gregas de Asia Menor baixo o dominio romano.
Cando no 538 o emperador Xustiniano fortificou novamente Mileto nun espazo reducido, a porta do mercado foi integrada na muralla da cidade. Posteriormente foi destruída por un terremoto a finais do século XI.
Serían as escavacións alemás de Theodor Wiegand e Hubert Knackfub, entre 1903 e 1905, as que sacarían á luz partes esenciais da porta, que, logo, foi reconstruída no Museo de Pérgamo con pezas e dimensións orixinais. Recentemente foi, de novo, sometida a un serio proceso de reconstrución (2005-2007).

Bibliografía: Philipp von Zabern. Museo de Pérgamo. Colección de Arte Antiguo. Museo del Próximo Oriente. 1995
5 comentarios:
Increible!! no la había visto nunca...
He de confesar que tengo debilidad por la antigua ciudad de Mileto, tan simétrica y ordenada (como me gusta a mi jeje)
Muacks
Está ben, tamén te levarei a Berlín...
Todavía se me cae la baba recordándolo.
a baba e todo o que tiñamos posto. Saúdos, campión.
Magnifica entrada y extraordinarias fotos de la puerta de Mileto, lo cierto es que el Pergamo Museum es alucinante y Berlin otro tanto. Aprovecho para felicitarte por tu blog y tu trabajo y para decir que me gustaria agregar tu blog en la lista de enlaces del mio, tambien centrado en Historia del Arte para alumnos de 2º de Bachillerato, en un pequeño pueblo del Norte de Extremadura.
www.enelvallearte.blogspot.com
Un saludo, Manuel Torres Zapata
Publicar un comentario