Coñecín este xacemento cando traballaba no IFP de Barallobre
(Fene) da man do arqueólogo Fermín Pérez que dirixiu as súas dúas únicas
campañas e que terían como resultados o achegamento ao 5% do territorio
ocupado. Fora todo un pracer e unha honra recibir as explicacións ademais de
compartilas co meu alumnado. Xa naquel intre (hai trinta anos) Fermín comentara
as dificultades para continuar coas investigacións polo que o xacemento estaba a
entrar nunha xeira de abandono que, agardaba, nun supuxera danos irreparables
no mesmo.
Pois ben, en outubro de 20021, volvín visítalo (data das
fotografías) para constatar o vergoñento estado de abandono da vila.
O seguinte texto procede da web da vila:
O xacemento de Noville está, a nivel xeográfico e histórico, dentro do Golfo Ártabro
que segundo as fontes clásicas (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Ptolomeo...) sufriu unha forte romanización.
Os achados arqueolóxicos así o constatan; máis aló da proximidade de Noville ao
ben coñecido faro romano de Brigantium (A Coruña) e por tanto a importantes
vías de transporte mariño (tanto de cabotaxe peninsular como de travesías a
zonas afastadas do Imperio Romano, como tales as Illas Británicas), Noville é
unha máis das numerosas vilas romanas das que se ten constancia no noroeste
atlántico da Península Ibérica.
A vila mariña romana competa de Noville (Mugardos), habitada entre os séculos
III ao IV d. C. é un dos xacementos
romanos de maior relevancia da provincia da Coruña. A súa escavación, dirixida
por Fermín Pérez Losada entre os anos 1988 e 1989, supuxo un fito no
coñecemento deste tipo de establecementos na Gallaecia romana. De feito os
distintos métodos de intervención arqueolóxica empregados no seu estudo
permitiron coñecer de forma case íntegra a planta dun edificio que pertenceu á
«pars urbana» da vila.
Na nave este apareceu unha sala de grandes dimensións cun
salón absidiado e restos do que puidera ser un mosaico. Sería a “zona nobre”.
En torno a ela existen outras dependencias como fornos, lugares para o gando e
outros que aínda non se escavaron. No lugar atopáronse diversos materiais como
útiles domésticos e incluso un elemento de orfebrería, un fragmento dunha cadea
de ouro. Estes elementos consérvanse no Museo Arqueolóxico de San Antón, na
Coruña.
Segundo a prensa (3-9-20), o Concello de Mugardos e a
Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta chegaran a un acordo para a elaboración
don plan director para a vila romana de Noville que comezaría coa limpeza dos
terreos escavados e continuaría coa expropiación do xacemento. Un ano despois
desa nova… continúamos igual.
Fotos: INICIARTE
1 comentario:
Grandes vestigios de la arquitectura!!
Publicar un comentario