Un dos lugares máxicos do Peloponeso e que visitei en dúas
ocasións é Epidauro.
Desde a época clásica, Epidauro gozou dun gran renome grazas a ese santuario consagrado a Asclepio, onde se practicaba a medicina pola
interpretación dos soños. Comprendía varios edificios públicos, entre os cales
había un gran templo construído no século IV a. C., o tholos, o teatro e algúns
pequenos templos. En honra de Asclepio
organizábanse as Asklepieia, un festival
de música e xogos deportivos pentéterico que comprendía carreiras de cabalos e,
a partir do século IV, concursos de poesía. O culto de Asclepio tivo o seu
apoxeo na época helenística.
Na súa obra Descrición de Grecia, Pausanias dá unha lista
dos seus edificios principais que había no seu tempo: o templo de Atenea Cisea
na acrópole, o templo de Dioniso, o
de Artemisa, o de Afrodita, e por suposto o de Asclepio, nos arredores; e o de Hera no
porto, probablemente no actual Cabo Nicolau.
As ruínas de Epidauro
foron escavadas a partir do século XIX.
Permitiron sacar as ruínas do santuario de Asclepio, dun templo de Artemisa,
dun tholos do século IV a. C., dun templo de Afrodita e sobre todo do teatro.
O Asclepeion de Epidauro foi un santuario dedicado a Asclepio, e un dos máis importantes da Antiga
Grecia dos construídos na súa honra. Recibía o nome de asclepeion cada un deles.
O Santuario de Asclepios en Epidauro foi nomeado
como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1988.
Plano do xacemento. Con número 1o templo principal do Asclepiom
O templo erixiuse en honra a Asclepio, na mitoloxía grega
Asclepio ou Asclepios (en grego
Ασκληπιός), Esculapio para os romanos, deus da Medicina e evolución, venerado
en Grecia en varios santuarios.
O conxunto do templo estaba nunha chaira rodeada de
montañas; este val é aínda chamado Hierón («sagrado»), e a cidade que alí existe chámase Koroni, derivado de Coronis (ou Corónide), a nai de Asclepio. As montañas chámanse actualmente Bolonidia, pero antigamente chamábanse Títión
(Titthium), porque o fillo de Coronis foi aleitado por unha cabra.
Era un recinto sacro que tiña diversos edificios públicos.
Ao suroeste, no camiño de Trecén, estaba
o templo de Apolo, na montaña chamada Cinortion (Cynortium); nun monte chamado Corifeo (Coripheum) situábase o templo
dedicado a Artemisa Corifea,
probablemente ao suroeste do val.
O templo de Asclepio contiña a estatua criselefantina do deus nun trono e cun can
aos pés, obra de Trasímenes de Paros, e medía a metade que a do templo de Zeus
en Olimpia. Nun lado do templo estaban os dormitorios para os que ían consultar
ao deus.
O Tholos, edificio
circular de mármore branco de dobre
columnata, en cuxo interior se achaba a fonte sacra atribuída a Policleto o Mozo e con pinturas de Pausias, estaba próximo ao templo.
Re-creación do Tholos de Epidauro. Museo de Epidauro
Os outros edificios eran os templos de Afrodita e Temis, o estadio, a fonte; algúns erixidos en época romana, entre eles
os baños de Asclepio, un templo dos
deuses Epidotas, un templo de Hixía, e un edificio detrás do santuario para
recibir aos moribundos e mulleres preñadas, porque no templo non se podía
morrer nin nacer. No recinto celebrábase cada catro anos un festival en honra
de Asclepio con música e concursos deportivos que tiñan lugar nove días despois
dos Xogos Ístmicos.
Bisturís do Santurario de Asklepios. Museo de Epidauro
Cando Emilio Paulo visitou o santuario despois da conquista
de Macedonia, no 67 a.C., aínda era
moi rico e estaba cheo de ofrendas; pero despois foi obxecto de moitos roubos,
especialmente en tempos de Sila.
Fotos: Inicarte.
Fotos: Inicarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario