O Museo Arqueolóxico do Asclepeion ou Asklepio de Epidauro é un museo
de Grecia situado no sitio arqueolóxico de Epidauro, pertencente á rexión da Argólida. Visiteino en dúas ocasións.
O edificio do museo construíuse entre 1898 e 1900, aínda que
non entrou en funcionamento ata 1909. Trátase, por tanto, dun dos museos máis
antigos de Grecia. A exposición foi deseñada polo arqueólogo Panagiotis Kavvadias.
O museo contén unha colección de obxectos procedentes
principalmente do santuario de Asclepio
de Epidauro, que foi escavado entre 1881
e 1928.
Entre os obxectos expostos figuran antigos instrumentos médicos,
lámpadas de aceite sacras, ofrendas votivas, esculturas, relevos, inscricións, elementos arquitectónicos e
tamén copias dalgunhas estatuas cuxos orixinais foron levados ao Museo Arqueolóxico
Nacional de Atenas.
Entre as esculturas destacadas atópanse unha estatua de Hixía do século IV a. C., e estatuas doutras divindades como Asclepio e
Afrodita, de época romana.
Son tamén importantes diferentes inscricións.
Unha delas é unha inscrición do século IV a. C. na que se asignan os traballos de construción do santuario e os seus
correspondentes gastos.
Entre os elementos arquitectónicos son destacables
os rosetóns dun tholos, así como seccións do templo de Asclepio, do de Artemisa e dos propileos.
Persoalmente considero que este pequeno museo non lle fai xustiza ao conxunto arqueolóxico. Ben merece unha ampliación e unha nova musealización das súas pezas.
Texto: Wikipedia.
Fotos: Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario