21/5/12

Paco Leiro: O Acarrexador



O escultor galego coetáneo que máis me interesa é Paco Leiro. Un artista que vive a cabalo entre Cambados, Madrid e Nova York. Ten moita obra espallada por toda Galicia, especialmente polo sur. Na Coruña destacan as novas portas da Torre de Hércules e  esta escultura ubicada na praza do último centro comercial inaugurado na cidade.

O nome da obra é máis ca significativo. “O Acarrexador”. Ten seis metros de altura e sete toneladas de peso. Trátase dunha figura antropomorfa, con tres pernas que leva unha serie de obxectos, como se os acabara de mercar no centro comercial: lámpada, mesa, un cactus.

O escultor manifestou sobre a obra: “É unha combinación entre a figura e os obxectos e non se sabe moi ben se quen está vivo é o personaxe ou os propios obxectos que leva” (La Voz de Galicia, 14-IV-2011) O Acarrexador ten tres pernas porque, deste xeito pódese ver sempre dúas e garante a a súa estabilidade. 

Debido ao seu tamaño e volumetría non foi nada doado o seu transporte desde Cambados e a súa colocación na praza xa que tardouse unhas dez horas.

No hay comentarios: