21/9/20

O Tholos do Ágora de Atenas


Vista do Tholos ao pé do Hefesteón no Ágora ateniense

Ao pé do outeiro do Hefaisteion contémplase o  basamento circular do  tholos, sede do goberno da cidade. Alí comían os 50 Pritaneis da “ Prytaneusa  filé”, é dicir un décimo dos deputados que durante trinta días ostentaban o poder executivo.

Algún dos pritaneis tiñan a obrigación de permanecer alí día e noite de  guardia.


O Tholos foi construído no 470 a. C. en substitución do edificio anterior construído polos persas. Algúns moldes de metros e medidas que foron achados no sitio están expostos no Pórtico de  Atalo.

O edifico circular Tholos áchase na zona suroeste do Ágora á beira do Metroon helenístico e o Bouleuterios que  destacan á dereita. Na parte inferior  estaba construído con empedrado isódomo de pedra  porosa mentres que na superior de plintos cubertos dunha capa de morteiro. Destaca polo seu tellado en forma de cono cuberto por ladrillos en forma de  escamas, así como pola súa  propileo  xonio de catro columnas.

Distintos vestixios testemuñan a existencia das dúas xanelas que flanqueaban a entrada. No pequeno anexo á dereita do  propileo estaba a  cocicna, imprescindible para a dieta dos  Pritaneis.

Segundo  Pausanias:
Preto do Bouleterion áchase o chamado Tholos, onde os  prítaneis fan sacrificios, e hai algunhas imaxes, non grandes, feitas de prata.

As escavacións foron realizadas en 1934 pola Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas.

Fotos: Iniciarte.

No hay comentarios: